Tamén estiven hoxe nos actos de Homenaxe ós Fundadores da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Unha institución na comarca do Ribeiro,da que forman parte cerca de mil familias e que tén xa 42 anos de vida.
Unha vida longa,con moitos incidentes,con momentos bós e malos.Unha organización,con puntos máis claros e outros non tanto.En fin,coma a vida mesma.
Cando fun alcalde tiven a honra de promover un expediente de honra do concello de Ribadavia polo seu 25 aniversario,que agardo se reiteren con máis calor aínda cando celebremos os 50 (só faltan oito).
Hoxe fíxose un xusto recoñocemento ós Socios Fundadores. E fíxose ó seu máximo promotor Eulogio Gómez Franqueira.
Franqueira foi un home tamén con claros e oscuros.Coma todos.
Pero a Cooperativa foi unha cousa boa das que axudou a construir.Con outros centos de familias que verdadeiramente pasaron momentos duros.
Foi un bó día para estar coa familia.
Foi un día para saludar a moitos amigos e veciños queridos que estiveron alí,e que non sempre un conta co tempo que merecen para estar con eles.Os veciños no Ribeiro somos unha familia.Ti podes levarte non moi ben con algún, pero que ninguén de fora lle intente facer mal,porque aquí estamos nós para defendélo.Filosofías dos que vivimos no rural que os urbanos non sempre entenden.
Inda que é verdade que alí tamén había...de todo.
Algúns dos que estaban con máis devoción...¡dios mío,as que lle fixeron! As veces valdría máis non ter memoria.
E outros dos que o abandonaron,e traicionaron...parece que estaban para limpar culpas.En fin.Máis vale calar.
VIVA A COOPERATIVA.
fai uns dias no acto sobre o ave que veu o ministro de fomento de novo volveron a ir coa pancarta os de sempre
ResponderEliminarsolo van onda os socialistas
¿vistelos ir berrar onde o PP?
son a esquerda da DEREITA
debenlle pagar ben
mira que ir protestar porque os socialistas fan o AVE
os do pp teñen criados pra todo
ben pasgados
Menudo rostro algun
ResponderEliminaros piores enemigos do homenaxeado eran os de Alianza popular,os camisas azules do franquismo,
menuda cara ir ali homenaxear o home que insultaban e atacaban...alguns que presumen de ir "coa verdad por diante" (regitor beade)e o seu xefe de arnoya...agora ir botar froles o que tanto vilipendiaron
Sendo uns e outros parecidos
ResponderEliminarPrefiro un baltar que un rogelio moito antes
nada que ver
inda sendo o fillo
por eso creo e mellor gañe fillo de baltar que os rancios do pp,os ultrafachas