domingo, 6 de diciembre de 2009

CONSTITUCIÓN

Políptico que retrata a los siete ponentes constitucionales y que será expuesto en el Congreso de los Diputados.

Hoxe conmemoramos o 31 aniversario da aprobación da Constitución en España.
A chegada da democracia a España.
Moitos pensarán que sempre vivimos en democracia.Outros que foi unha concesión da dictadura.
A democracia foi unha conquista dos cidadáns, de algúns máis ca outros. Pero as conquistas sociais son sempre así, uns poucos lideran e loitan polos cambios que todos logo disfrutamos.
Unha conquista que nunca acaba de todo.Que sempre tén tarefas por continuar.Sempre quedan conquistas que facer realidade.
Por eso,en Galicia,hai que lembrar que implantar a democracia na última aldea é acabar co caciquismo,erradicar o enchufismo. Democracia é que cadaquén se exprese libremente,defenda unha idea sen represalias.
Democracia é o contrario de que o delegado da Xunta non denegue o uso dun local para que un senador poida dar conta ante os electores. É o contrario de que se persiga a lingua que o pobo galego gardou durante séculos e o define como pobo.
Libertade é que tódolos cidadáns teñan educación en igualdade de condición social ou económica e polo tanto recortar axudas dos poderes públicos é un ataque ós dereitos constitucionais.
Democracia é o contrario de mercar concelláis para cambiar o que se decide nas urnas.
Defender a Constitución é respetar o funcionamentos dos Órganos institucionais. O contrario de poñer en dúbida o cumplimento da súa función con independencia da policía e corpos de seguridade,dos fiscais,das resolucións xudiciais.
Democracia é o contrario de evitar a elección dunha senadora para quitar ventaxe política ou para silenciar as denuncias de corrupción.
Democracia é o contrario de cómo se utiliza a televisión de Galicia.
Democracia é ter dereito a que te escoiten. Polo tanto non é democracia que unha asociación que defende un proxecto ,de 20 millons con centos de postos de traballo para a comarca do Ribeiro aprobado por un Goberno lexítimo da Xunta , sean recibidos polo Presidente da Xunta .Se despois de 8 meses non tés uns minutos para recibílos non eres un presidente con principios democráticos.
Democracia é diferente de mandar a uns inconscientes a berrarlle a porta da casa familiar ó lider da oposición para silenciálo.
Vamos, que democracia é algo que queda lexos do que istes representantes da dereita extremachamados Feijoo ou Rueda están a facer no goberno da Xunta.

4 comentarios:

  1. NINGUEN DICE NADA DAS AUSENCIAS DO BLOQUE NOS ACTOS DA CONSTITUCION
    ERA PARA PENSAR QUE ESO PERTENECE O PASADO
    AGORA QUE NON PRANTEXAN NIN INDEPENDENCIA NIN XIQUERA AUTODETERMINACION E TANTOS CAMBIOS,PARECE QUE DEBERIAN ESTAR PRESENTES NOS ACTOS QUE REPRESENTAN A DEMOCRACIA

    ResponderEliminar
  2. UNHA IDEA:
    DADELLE CONTA O VALEDOR POR NON DEIXAR LOCAL DA XUNTA PARA REUNION

    ResponderEliminar
  3. Menudo morro estes do PP canda vez falan Consti
    Estes que lewvan seculos pisando a xente e sendo caciques

    ResponderEliminar
  4. Manuel desde Argentina14 de diciembre de 2009, 21:13

    Con el tiempo España debe valorar más su Constitución,origen de su desarrollo,de ser parte activa de Europa,de ser potencia mundial ,y de unir a todos (aunque a veces no lo parezca ahi fuera parece que se trabaja en unión)

    ResponderEliminar