domingo, 22 de noviembre de 2009

EXITO DO CONGRESO PROVINCIAL


Onte celebramos o Congreso Provincial ,como consecuencia da modificación estatutaria do derradeiro Congreso Federal.Fora aplazado por mor das Eleccions Autonómicas e ata despois do Congreso Extraordinario de Pontevedra no que eleximos a nova Dirección Galega que encabeza Pachi Vázquez como novo secretario xeral e na que eu estou como secretario de Formación.Nesta responsabilidade teño encomendado crear a Escola de Formación do PSdeG . Esta responsabilidade é incompatible con pertencer á dirección provincial . Alguns membros da Executiva Galega que entraron en órganos provinciais tiveron que renunciar. Unha persoa un cargo.
Por esta razón, en abril despedínme das agrupacions locais nunha reunión cos secretarios xerais.
Foron 7 anos levando,cos outros valiosos-as compañeiros-as, a organización do partido na provincia. Casi diría creando. Porque partimos de pouco. casi sen sede(en venta e en ruínas),sen presuposto,sen persoal,con moitas debilidades...Conseguimos facer un partido serio e solvente,cunha estructura electoral potente,con asesores xurídicos ós concellais,con persoal de atención ó militante e ó cidadán,con servicio de prensa...Pero sobre todo cunha estructura organizativa ben engrasada e sincronizada en practicamente tódalos concellos (83 creo).Unha estructura que de 9 pasou a 23 alcaldes e varios cogobernos.E nas pasadas municipais renovamos candidaturas sen ningún conflicto en 53 concellos o que lle da un recorrido para varias convocatorias que fará aumentar o número de candidatos que chegarán a ser alcaldes(de feito unha ducia están a só 1 concellal de conseguir alcaldía).Gobernamos o 52% da poboación entre elas a cidade e vilas principais.
Pasamos de 3 a 8 deputados provinciais a sólo 2 de conquerir a Deputación Provincial.
Fomos quén de empatar en número de Deputados ó Congreso nas pasadas xerais (2 Psoe- 2 PP).Tivemos a maior subida en España.Por certo eu fun o senador socialista con más votos da historia (a pesar de que o PP de Baltar fixo campaña para que non saíra)
Nas Autonómicas pasamos de 3 (de 15) a 5 (de 14), sendo a única provincia que subíu 1 escano socialista.
E...agora vamos A MÁIS.
Na próxima estación teremos a Presidencia da Deputación e chegaremos a máis de 30 alcaldes.
E na seguinte estación os socialistas ourensáns poñeremos en Santiago o primeiro presidente da Xunta ourensá (con matrícula do Carballiño).


1 comentario:

  1. PASA DO RUBIN
    xa vin desinformacion.O de sempre:A culpa é que merca ise xornal.
    Os de dentro sabemos o que hai
    Cando esta obsesionado contigo por algo será.Faslle pupa a el e o seu grupo de mafia
    Mentras silencia que o irman e a sua familia se beneficia e ten negocios co grupo do delegado da xunta.Por eso se mete contigo porque denuncias esa corrucion

    ResponderEliminar