sábado, 31 de octubre de 2009

GURTEL EN OURENSE

Quero loubar nesta ocasión a profesionalidade dun diario galego que é o único que informa sobre a extensión a Galicia da rede de corrupción do Pp por toda España.Non será porque non haxa outros diarios en Galicia.Nin será que o asunto non sexa de interés informativo.Nin que sexa bó para a saúde democrática.
Onte mesmo fixemos unha valoración en relación con que nas investigacions xudiciais aparece como que a rede de corrupción do PP tiña unha terminal na provincia de Ourense.Nin máis nin menos o xerente e responsable das contas na provincia en todos os 20 anos nos que Baltar é presidente provincial aparece nos contactos.
O PP de Ourense non explica por qué aparece,que relación tiña o Pp coa trama en España,qué relacions houbo entre o PP da provincia e un dos cabecillas o que foi secretario de organización en Galicia do PP.Unha boa ocasión para que o sucesor no cargo de Crespo, Rodriguez Mirinda, dése unha rolda de prensa.
Pero desto só Xornal de Galicia se atreve.Os demáis disimulando.

2 comentarios:

  1. Que o Sr. MIRINDA explique o da compra da sede do PP o mesmo tempo que a Xunta compraba un local no mesmo sitio a mesma empresa moito mais caro

    ResponderEliminar
  2. Menudo morro que Baltar saque que Deputación de Ourense non contratou nada coas empresas implicadas no Gurtel.Certifica o Interventor.
    E os organos da Xunta que controlaba tamén? E os concellos tamén?E a Cotop tamen?
    E por que non dice que o PP nos 21 anos que leva de xefe non contratou nada tamén?

    ResponderEliminar