domingo, 19 de julio de 2009

MOSTRA DE TEATRO: 25 ANOS COMO INTERNACIONAL



Onte abríuse a 25 edición na nova época da Mostra de Teatro de Ribadavia.Un miragre que soupemos construir entre moitos,encadenándonos a ese obxetivo de non deixar morrer algo tan fermoso.
Corenta anos despois(sí 40) de que uns curas roxos montaran algo revolucionario nunha vila conservadora como ningunha,captando a un grupo de mozos que da cultura acabaron pasando a loita pola democracia e por unha sociedade máis xusta.Se alguén que fai miragres é santo,eses tres curas foron santos e dos grandes.
Aparte dos actos de apertura poiden asistir o espectáculo de fura dels Baus,feito tamén con actores locales,para a conmemoración dos 25 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario