martes, 7 de julio de 2009

Grupo Leader Ribeiro Carballiño


Parte da Directiva do Grupo de Desenrolo Rural do NOROCCIDENTE Ourensá (Ribeiro e Carballiño) que presentou candidatura ó programa leader 2007-13, deu roda de prensa en Laias para explicar como os colectivos vinculados ó PP romperon o acordo para unir os dous grupos constituídos,dado que o noso fora excluído na asamblea precisamente celebrada en Laias.
A Directiva acordou convocar a Asamblea Xeral dos cen colectivos que forman esta asociación.O colectivo decideu continuar existindo e traballando polo desenrolo local nas comarcas do occidente da provincia e intentar sumar forzas e reclamar o acordo de integración dos dous grupos presentados ó leader.
O presidente do outros grupo,o alcalde de Leiro,que noutras épocas foi apoiado por nós para xestionar fondos na mancomunidade turística,parece que sofriu a conversión ás prácticas máis sectarias dende que HERDOU ós cargos de Rogelio("la mano que mece la cuna") na Mancomunidade en extinción (de 10 concellos que a constituímos quedan 6 e en pouco serán menos) e como membro da Deputación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario