viernes, 29 de marzo de 2013

Nota réplica ataques Baltar Jr


MIGUEL FIDALGO REPLICA A BALTAR

 
Afirma que é o colmo do cinismo e un desprezo os cidadáns que Baltar fale de enchufismo ,quén é o que é por ser fillo de quén é,grazas a unha rede de enchufismo

Fidalgo dí que Baltar adícase a inxuriar porque é incompetente para explicar o que fai na deputación e as decisións dos Gobernos do PP que están machacando ós cidadáns e á provincia,e desmíntelle as tres inxurias que lanzou

 
O senador socialista Miguel Fidalgo non entende que o presidente da Deputación de Ourense se dedique tódalas semana a difundir inxurias sobre a súa persoa,en lugar de dedicarse a explicar as accións do Goberno do  PP no Estado e na Xunta, que están machacando a nosa provincia.

“Baltar é o máximo responsable na provincia, de que a Alta Velocidade teña xa quince meses de retraso  e vaia ser mínimo de tres anos, de que se queira facer pasar polo centro da cidade de Ourense por intereses inexplicados,de que non se teña acordado a Estación Intermodal. Baltar é o máximo responsable de que nos quiten os trens que quedan,que nos pechen Estacións.É responsable da privatización das Autovías ,que non se inicie a A 76 nin se mellore a N120 con Valdeorras, de que se pare a Autovía a Lugo e non se faga a Variante Norte. Baltar é o responsable de que os Regadíos da Limia se paren, de que se pechen Paradores.

Baltar como máximo responsable do PP é responsable de que se time os que tiñan os aforros en Preferentes e se lles queira aplicar unha Quita cambiándolle o diñeiro por Estampiñas”.

 Miguel Fidalgo cree que“Baltar debería adicar o seu tempo a evitar que o mundo rural e os que viven nel sexan os que sofren os recortes máis severos dos Gobernos do PP,porque aquí parece que lle importamos menos e o custe político é menor, ou a que os das pensións mínimas sexan os máis maltratados nos Presupostos”.

 
Respecto a Deputación,o senador socialista considera que J.M.Baltar  é “o beneficiario da rede clientelar de contratación ilegal de persoal, que é a esa rede a quén lle debe ser presidente da Deputación e do Partido Popular. Él é o que é por ser fillo de quén é, grazas a unha rede de poder tecida sobre a utilización indecente das debilidades humanas e sostida co diñeiro público.Por certo non só da Deputación, no que esa rede ten proporcións que escandalizou a toda España, senón noutros moitos organismos como foi o Hospital ou Caixa Ourense”. Fidalgo considera que o problema de Baltar é que coñece a súa ilexitimidade, non nace de procesos democráticos,senón como herdeiro da “cosa nostra” ourensá.

 
Miguel Fidalgo considera que “J.M. Baltar nunca debeu ser o herdeiro na Deputación e no Partido Popular, porque o proceso foi demasiado escandaloso, e elo ten perxudicado gravemente a provincia de Ourense,que de novo volve ser escándalo. Ademais ó herdeiro sóbralle prepotencia e matonismo e fáltalle competencia para os cargos “.

En relación coas acusacións de Baltar,Miguel Fidalgo reitera que o único que fixo foi facer un Recurso Administrativo contra dous acordos da deputación,como fan diariamente moitos cidadáns,e polo tanto non hai nin haberá nunca ningunha solicitude “de ser fixo”,é un recurso contra un acordo de aprobar a RPT como fan sindicatos e traballadores cada vez que se aproba un documento deste tipo.

A Fidalgo parécelle curioso que despois de perder case trinta demandas xudiciais,entre elas un ERE que afectaba a 24 traballadores, non comparecera antes como presidente da Deputación para explicar os asuntos e consecuencias desas demandas que interpuxo J.M. Baltar e que perdeu nos Tribunais.Que o presidente da deputación e do PP se aplique a responsabilidade de perder  nos Xulgados nesas 30 demandas e no ERE.

 
Fidalgo considera o récord do cinismo que Baltar fale de enchufismo e favoritismo, quén dirixe unha institución manchada polo acceso ilegal e prevaricador de centos de axentes electorais, que ten sido obxecto de escándalo nacional, e ten danado tanto a Ourense. De récord que fale aínda teña cara para falar desto quén el mesmo ten boa parte da familia enchufada na institución que preside, na que teñen colocado os cargos e ex-cargos nos mellores postos facendo coincidir o organigrama e pedigree dos cargos no PP cos enchufes na Deputación.Quén foi e é o principal reclamo para obter tránsfugas. Quén ata se permite estar pagando nesa institución a persoa que está exercendo con dedicación exclusiva como portavoz do PP no concello de Ourense e outros.

Nese senso, Fidalgo desminte a inxuria de Baltar dicindo que no concello de Ribadavia non traballan “ocho o nueve” familiares.Traballan dúas persoas con relación familiar de terceiro grau e que accederon as dúas con alcaldes do PP e a través de procesos de selección.

Asimesmo desminte que accedera a alcaldía cunha moción de censura con tránsfugas.Fai 22 anos accedín a Alcaldía,despois de haber sido o máis votado nas eleccións, e deixando o cargo de deputado no Parlamento Galego,co apoio da candidatura independente que encabezaba José Sotelo, e polo tanto non lle permito que manche a memoria de persoas que non están. J.M. Baltar debería preguntarlle o seu pai, cómo quixo facer cambiar de idea a algún,nun triste episodio coñecido como o caso “das camisetas”. E cómo consegíu que os dous que continuaron coa candidatura de Independentes,unha vez elixidos, lle entregaron a Alcaldía o PP enganando a electores e cidadáns nun dos grandes casos de transfuguismo que ten realizado o seu antecesor José Luis Baltar.

E debería ter mellores ocupacions que reescribir a hestoria de hai 22 anos.

Baltar debería saber que esa é a razón máis importante pola que o Partido Popular en Ribadavia non levanta cabeza, por eses erros e porque os Baltar meteron a man alí intentando o control con enchufados fieis a “famiglia” e prescindindo da xente máis decente e traballadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario