viernes, 17 de febrero de 2012

Critica REFORMA LABORAL PP

Hoxe en Roda de Prensa,expresamos a nosa oposición o Decretazo do PP que chaman reforma laboral:

-Nunca anunciaron,nin campaña nin no programa os contidos deste Decreto Ley.Negaron que foran abaratar despido.

-O PP decreta as CAUSAS que fan un despido procedente (perda de ventas ou previsión de perder ventas,caída ingresos-inda que non haxa perdas)...Estes traballadores que antes terían indemnización de 45 días /ano ata 42 meses....agora cobrarán 20 días/ano ata 12 meses.

Si algún consigue heroicidade de que llo declaren improcedente percibirá 33 días/ano ata 24 meses máximo.

-Aplicarase de forma RETROACTIVA. Os traballadores actuales quitanlle os dereitos futuros que poidan ter a indemnización.

-O cambiar as causas de despido improcedente...instaurase o despido libre a criterio do empresario e practicamente gratis....

-Modifica o EQUILIBRIO ,conquistado na democracia, entre as posturas dos traballadores e dos empresarios, que se basaba na Negociación Colectiva. Outro dereito da CONSTITUCIÓN que arrasa o PP.

Modificase que si en 2 anos non se renova Convenio Colectivos (porque os empresarios non queiran por exemplo) quédase sen convenio e iniciase de cero, perdendose as conquistas anteriores.

Permítese que as empresas medianas e pequenas (en Ourense son TODAS) non apliquen Convenio.

-No contrato novo que crea permitese que se contrate desempleados que perciban 1/4 da prestación...e os empresarios cobrarán parte dese diñeiro da prestación, que o traballador perde tempo que poida corresponderlle futuro.

-A empresa aparte de ter este despido libre, pode decidir traslado a outra cidade, outro horario,outro turno,e incluso reducir o salario. Agora sen control da administración Laboral. Só con xustificar razóns"económicas, obxectivas, organizativas,técnicas ou de produción".

-A reforma decide que temos que competir por ter salarios máis baixos, menos dereitos,turnos ou horarios caprichosos, e xornada e salario a discreción da empresa.

-Nestas normas inclúese os traballadores das Administracions Públicas laborais .

E aínda encima o Goberno continúa atacando as organizacións dos traballadores, amenazandoas e chantaxeandoas.

Isto é para que valeu que moitos traballadores votaran ó PP e outros...se quedaran na casa e non foran votar o 20 N.

Que conste.

1 comentario:

  1. A crítica cando é fundamentada, é constructiva. Sen embargo nos seus enunciados adolecen dunha falla hipócrita quizais, mal exemplo dalgúns políticos en xeral afastados da realidade, e só por poñer unha mostra, velaí vai... O PSOE tampouco levaba a súa Reforma Laboral tampouco viña no seu programa, e desde logo lle pouco lle serviu ao seu partido a derrota electoral sofrida nas eleccións xerais, pois senón foron capaces de concluir que os partidos supostamente de esquerdas fagan políticas de dereita, asi lles vai.
    En fin tan lamentable é a reforma laboral do PP coma do PSOE, porque que diferenza tiña a do seu partido? Poren que a empresa en lugar de non cumprir obxectivos fosen perdas? O descolgue do convenio xa estaba na súa reforma...etc

    ResponderEliminar