En toda España, nas diferentes Nacionalidades e Rexions,nas Cidades e nos Concellos do interior...pasou o mesmo. Os votantes do PP foron todos a votar (os mesmos 10 millons).Os do PSOE só foron 7 e os outros mais de 4 millons non foron. Así se deciden os gobernos.Os que non van tamén deciden.
En Galicia o mesmo: os 800.000 do PP de sempre foron, os do PSdeG non foron 300.000.
Na provincia o mesmo do PP foron os 100.000 de sempre, mentras dos socialistas 26.000 das pasadas non foron. Igual na Cidade e nos diferentes concellos de vilas ou rurais.
O comportamento é homoxeneo en todas partes.
A factura da crise que orixine e agrava a Dereita Económica paga politicamente a Esquerda.
Compre saber QUÉ HAI QUE FACER para que os 26.000 da provincia,os 300.000 de Galicia e os 4 millons de España volvan a darnos a CONFIANZA.
Na Executiva Galega hoxe empezamos a reflexión ata chegar a cada agrupación e cada militante e simpatizante comprometido.Dende abaixo construiremos esta nova etapa, para un novo proxecto,con propostas novas,cunha nova estratexia,con novos líderes.A eso chamámoslle CONGRESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario