Estes días visitamos algunhas zonas dunha provincia en negro despois de 20 días ardendo.
A provincia ardeu por todas partes. Dende o Macizo Oriental,Chandrexa e Manzaneda con lumes de 1.000 ha que estiveron ardendo duas semáns.Ata o Parque Natiral do Xurés. Os espazos naturais de Montederramo, nas portas do Invernadeiro. As montañas de Maceda.Calvos de Randín.No Ribeiro.En Piñor e outras partes da comarca do Carballiño.Laza.A Peroxa.Parada do Sil.Esgos.Viana.....
Eu visitei boa parte deses lugares.
A foto do satélite publicada polo Faro son espectaculares.
E mentras o goberno da Xunta mandou o paro a metade das Brigadas encargar de apagar, os vixilantes encargados de detectar os lumes,os encargadas da investigación.
Grazas a solidariedade do Estado foi posible combatelos con case 1000 soldados da Unidad Militar de Emerxencias, coas Bigadas do Ministerio de outros puntos de Asturias,Castela...Cos avións e helicopteros do Ministerio.E co esforzo dos brigadistas da Xunta que doblaron horarios e esforzos poñendo en risco as suas vidas.
E mentras Feijoo en Arxentina pedindo o voto e dando mitins. E o seu delegado tan relaxadamente no estadio Bernabeu de Madrid,e outros alcaldes do PP afectados de viaxe de placer.
Tal coma no Prestige.
Por eso a miña conclusión é que detrás de todo esto está un menosprecio pola provincia de Ourense.Creen que fagan o que fagan aquí teñen AMARRADO o voto igual.Que cunha fabrica de coches electricos ou outro anuncio similar xa os votan.
Por eso só cabe chamar a resposta da xente progresista.Para unir forzas.Para rematar con esta vergoña dunha vez.E crear algo novo nesta provincia de Ourense.
QUE OS VOTEN OS DE ARXENTINA:::QUE A ESO IRIA FEIJOO
ResponderEliminar