Durante este mes desenrolase o proceso para elexir ós nosos candidatos-as para as Xerais.
Máis de 1.200 militantes teñen participado nas asambleas das agrupacions municipais.
Celebraronse 61 asambleas, nas que cada afiliado pudo propoñer e votar. Estou satisfeito de ser proposto en 54 desas asambleas.De non haber sido posto en cuestión e de tan grande apoio.
Hoxe reunironse sucesivamente a Comisión de Listas provincial que examinou as actas e dictaminou as propostas de nomes. Logo reuniuse a C.Executiva Provincial que puxo en orde a proposta de lista Ó Congreso e Senado.
Na proposta ó Senado fun proposto com o nº 1 ó Senado (suplentes Chelis de Vilardevós e Beatriz de Ourense).Logo irán Alva Dorado e Miguel Solla.
Para o Congreso a proposta será por orde: Laura-Elena-Arcos-Fernando...
Finalmente foi o Comité Provincial no que están os representantes das agrupacions ,o que despois de breve debate aprobou a Proposta de Listas por 53 a favor e 12 en contra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario