jueves, 11 de marzo de 2010

A DIFERENCIA ENTRE "VALOR E PREZO"...EN OURENSE O PP DE NOVO COMPRA CARGOS


Hoxe sofrimos un novo ataque a dignidade da democracia e das institucións na provincia de Ourense.
O "figlio dil capo" representou unha nova mostra obscena de compra dun concelleiro e deputado provincial socialista.
Eladio Fernández chámase o TRAIDOR.
Un "homiño"que ocupou alguns cargos nos que "prometeu cumplir"cos principios constitucionais,que tivo en base a confianza dos socialistas.
Hoxe traizoou a confianza de quenes o votaron para denunciar os abusos e falla de ética no concello de San Cibrao,para cambiar as cousas alí.Hoxe prometeu apoiar esas tropelías.
Hoxe traizoou ós 75 concelleiros socialistas que o elexiron para ser deputado provincial polo partido xudicial de Ourense para cambear a política de caciquismo e dominio mafioso-medieval da familia Baltar.Hoxe prometeu obediencia e voto ás políticas do capo provincial para todos os seus abusos.
Os que coñecemos a Eladio sabemos de cómo tén estado nestes últimos meses e anos.Algún cargo deuselle para axudarlle a sair dunhas dificultades que o atrapaban.Él non estaba ben.
Pero outros moitos superan a vida con valor.Él pasouse ó lado do prezo.
Pero o pior desta película é O FIGLIO DIL CAPO.
Pretende superar ó pai en todo o malo.
Él quere ser máis cacique. Quere ser máis capo. Quere gañarlle ameazando. Quere gañarse en corrupción.
E Ourense seguirá coa FAMIGLIA perdendo anos.Perdendo habitantes.Perdendo desenrolo.Perdendo democracia.PERDENDO O FUTURO.
Por eso non hai que cabrearse moito agora.
Hai que gardar todo o cabreo para dentro dun ano.
Hai que METER TÓDOLOS CABREOS NAS URNAS. Nas municipais.Pensando na Deputación.
O CAMBIO na Deputación será o primeiro e necesario gran paso,para un longo camiño de progreso e democracia. Tantas xeneracións téñeno ben merecido.

2 comentarios:

  1. Hasta esto podíamos llegar¡
    Esto tiene que ser el punto final a los abusos de la FAMILIA baltar
    Basta ya
    Hay que parar a estos de una vez
    HAY QUE CONVOCAR A LA LUCHA POR LA DIGNIDAD DE LAS INSTITUCIONES Y LA DEMOCRACIA EN OURENSE

    ResponderEliminar
  2. ACABARASE SABENDO cómo e por qué
    Inda que calquera que coñeza como actua a FAMILIA xa se adivina que pasou
    Parece mentira que a cabeza pelada aproveitara a un pobriño que está como está ,para intentar representar que vai sobrado
    A hostia que se vai pegar tennna merecida,por chulo
    Porque esta claro que ese fillo de papa vai acabar co PP na provincia
    eso nada lle favorece o PP nin convence electores

    ResponderEliminar