miércoles, 29 de abril de 2009

VISITA COLEXIO OURENSE Ó SENADO


Onte acompañei a alumnos do IES Otero Pedraio cos seus profes Belén e Paco na súa visita ó Senado.Coincidiron coa sesión de control ó Goberno na que o Presidente e diversos ministros-as respondían á preguntas dos senadores-as.
Saúdounos Elena Espinosa por coincidir coa súa presenza e dado que ela foi alumna dese mismo colexio.
Os senadores da provincia acompañámolos a ensinarlle a parte antiga do Pazo.

lunes, 27 de abril de 2009

NOVA EXECUTIVA PSdeG



Constituíuse a nova Executiva elexida no Congreso Extraordinario. Nesa nova dirección terei unha responsabilidade nova pero na que teño traballado moito no pasado.Collerei a area de FORMACIÓN coa ilusión dun traballo codo a cado cos militantes e simpatizantes do PSdeG.

martes, 14 de abril de 2009

REGRESO A MADRID



Hoxe viaxei de novo a Madrid.Madrugón(as 5 da mañá).Viaxe a Vigo para coller o avión das 6,40.Despacho para ver correspondencia e Visita a un organismo.

E as 11 foi o acontecemento do día:reunión conxunto Grupo Socialista de Congreso e Senado(+Europeo): asiste o presidente Zapatero. Explicou as liñas desta nova etapa (CAMBIO DE RITMO chamoulle), que entre outras medidas supón modificacións na composición do Goberno.Máis política para este momento complicado.

Logo reunión no Senado do Grupo Socialista(13 h).A continuación reunión da Mesa de Medio Ambiente e Agricultura(14 h).

Pola tarde empezamos unha Sesión do Pleno ( a partir das 4).

Por certo hoxe é 14 de abril (día da República).