martes, 14 de abril de 2009

REGRESO A MADRID



Hoxe viaxei de novo a Madrid.Madrugón(as 5 da mañá).Viaxe a Vigo para coller o avión das 6,40.Despacho para ver correspondencia e Visita a un organismo.

E as 11 foi o acontecemento do día:reunión conxunto Grupo Socialista de Congreso e Senado(+Europeo): asiste o presidente Zapatero. Explicou as liñas desta nova etapa (CAMBIO DE RITMO chamoulle), que entre outras medidas supón modificacións na composición do Goberno.Máis política para este momento complicado.

Logo reunión no Senado do Grupo Socialista(13 h).A continuación reunión da Mesa de Medio Ambiente e Agricultura(14 h).

Pola tarde empezamos unha Sesión do Pleno ( a partir das 4).

Por certo hoxe é 14 de abril (día da República).

No hay comentarios:

Publicar un comentario