martes, 17 de febrero de 2009

ENTRE O SENADO E AS ELECCIONS(RADIO EXTERIOR NO MEDIO)

De novo Pleno no Senado:22 preguntas,3 interpelacions,6 mocions e tramitación dunha Lei.
Toca preguntas ó Presidente o que garantiza presencia de tódolos medios de comunicación.Unha forma de que o Senado esté visible.
Deso falamos a semá pasado nun debate no que participei con X M Barreiro (PP) e Iñaki Anasagasti(PNV) en Radio Exterior.Un programa para falar das Cortes Xerais ,alternando unha semá Congreso e a outra Senado.Unha ocasión para comunicarnos cos numerosos españoles que polo mundo adiante viven(martes as 11,30).
Pero a cabeza tamén está na terra, no importante proceso electoral que vivimos.
Un proceso no que o PP fai o posible para que gane a abstención.Para elo fixeron todo por manchála.Que mala sorte que cambiara o aire.Porque dende entón non deixan de caerlle escándalos.
Para empezar caeulle o CANDIDATO numero 1 da lista...Case nada! E o pior os motivos.A persoa a quen Feijoo propoñía para levar as contas de Galicia, resulta que se dedicaba a operar en paraísos fiscais, a evadir impostos (cos que se pagan a sanidade, as escolas,as pensions,as infraestructuras,ós funcionarios....).A cabeza dun escándalo que tén signos de ocultar algo máis profundo.Un señor que foi 10 anos o máximo cargo da Caixa Ourense, por designación do PP (Baltar), coas actividades descubertas fainos pensar si esto xa o estivo facendo moitos anos,para quén etc.As claves da CORRUPCION na provincia de Ourense. ..E todo parece que se descubriu por que a Fiscalía de PORTUGAL investiga actividades ilícitas nun banco de xestión de patrimonio dos ricos que tivo que intervir o Goberno de Portugal

No hay comentarios:

Publicar un comentario