miércoles, 31 de diciembre de 2008

FELIZ ANO 2009

Multiplicanse os sms.Antes foron as tarxetas,os e-mails.
Inda que a mellor forma segue sendo o apretón de máns ou o abrazo persoal.
De tódolos xeitos:a todos FELIZ ANO 2009.

lunes, 22 de diciembre de 2008

REUNIONS COMARCAIS

O Comité Electoral continua coas reunions de axentes electorais nas Comarcas da provincia.
Despois de Caldelas-Trives, hoxe toca en Valdeorras.
Mañá será Verín.
Na próxima semá: o luns A Limia, e o martes en Bande e Celanova.
A maquinaria ponse a ponto.
Ourense dará os mellores resultados,o avance máis amplo do socialismo en Galicia.

jueves, 18 de diciembre de 2008

CONDENA TRANSFUGUISMO TRIVES


Hoxe comparecemos para dar conta do acordo da Comisión Anti-Transfuguismo que forman tódolos partidos,no Congreso.Esta Comisión declarou tránsfugas os dous ex-concelleiros do PSdeG (agora grupo No Adscritos) e o alcalde e concelleiros do PP.

O Partido Socialista EXPULSOU os dous concelleiros e rexeitou este acto de piratería.

O PP a través de Baltar e Nuñez Feijoo bendeciu a moción,explicando que non había transfuguismo.O PP organizou este acto de mercadeo coa participación directa do fillo de Baltar,deputado autonómico,según poidemos averiguar.

Hoxe os que foron nosos pedímoslle que devolvan as actas ós seguintes da lista.Os veciños de Trives votaron a concellais socialistas,non a vendidos a dereita.´

Ó PP esiximoslle dé contas do seu acto, devolva a alcaldía e a dignidade ós cidadans de Trives.E cumpla o acordo anti-transfuguismo.Con todas as consecuencias. Non cos chistiños de idiotas cos que nos tén acostumbrado Baltar, e que alienta Nuñez Feijoo.


miércoles, 17 de diciembre de 2008

FOTO FIRMA CONVENIO ORESIDENTE DEPUTACION ACTO PP AMERICA


LECCIONS DO PP VOTO EXTERIOR

O Senado debate unha proposta do senador nacionalista para actualizar censo CERA (residentes ausentes),é decir ós nosos emigrantes.Alguns queren dificultar o voto do exterior simplemente porque non os votan. Pero aínda é máis cínica a actitude do PP que fala de partidismo no exterior.Eles que crearon unha asociación de ourensanos ,a través dun concelleiro de Bande,cunha xestión tenebrosa.
¿Como poden falar os que prodigaban tales excursions partidistas de todo o organigrama da Xunta con avions cheos de pulpo e empanada?¿Cómo poden falar que fai uns días aínda firmaban un convenio da deputación de ourense nun Acto do PP?

domingo, 14 de diciembre de 2008

Reunión Comarca Ourense


Onte tivemos a reunión comarcal correspondente á Area Metropolitana de Ourense.Como é habitual explicamos o Plan de Campaña para as Autonómicas 09.A organización estáse poñendo "a toda máquina".
Os estudos electorais son excelentes.A caída do Partido Popular será semellante á que tivo nas pasadas Eleccions Xerais( o PP perdeu 20.000 votos-o PSOE gañou 20.000 votos).Pero nós sabemos que conseguiremos o apoio da xente desta provincia grazas ó traballo de varios miles de axentes electorais do cambio que van chegar a cada cidadán ,non para que só nos vote,senon para comprometélo para que a provincia de Ourense gañe o futuro.Para que o CAMBIO chegue a Ourense.

martes, 9 de diciembre de 2008

PRESUPOSTOS ESTADO: SAIU O VETO

Mentras agardo no aeroporto,dou conta do Pleno no Senado,no que gañou o Veto de Esquerra Republicana´para devolver ós Presupostos do estado ó Congreso.Mala nova para o Senado.Mala nova para a política.Logo algúns se preguntan por qué os cidadans nos desconsideran....Pero o mesmo día no que o PP demoniza ós malos independentistas de ERC, votan con eles (xunto con CiU,despois de falar na intimidade suponse) para devolver ós Presupostos e negar o debate á Cámara Territorial.Incongruencia por todas as partes.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Plan de Campaña

O Comité Electoral Provincial estudou o Plan de Campaña Autonómicas 2009,que lle presentamos.
Resumindo:vamos a por todas.Queremos ser a forza que recibe MAIS apoio dos ourensans.

MINUTO DE SILENCIO NA PRAZA


Hoxe tivemos que volver á Praza Maior.De novo tivemos que gardar minuto de silencio.De novo correu sangue inocente.De novo familias de loito.De novo raiba.