domingo, 14 de diciembre de 2008

Reunión Comarca Ourense


Onte tivemos a reunión comarcal correspondente á Area Metropolitana de Ourense.Como é habitual explicamos o Plan de Campaña para as Autonómicas 09.A organización estáse poñendo "a toda máquina".
Os estudos electorais son excelentes.A caída do Partido Popular será semellante á que tivo nas pasadas Eleccions Xerais( o PP perdeu 20.000 votos-o PSOE gañou 20.000 votos).Pero nós sabemos que conseguiremos o apoio da xente desta provincia grazas ó traballo de varios miles de axentes electorais do cambio que van chegar a cada cidadán ,non para que só nos vote,senon para comprometélo para que a provincia de Ourense gañe o futuro.Para que o CAMBIO chegue a Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario