viernes, 28 de marzo de 2008

Debate TELEMIÑO

Onte tivemos un debate en TELEMIÑO sobre os resultados das Xerais 2008...Tres electores e os tres responsables electorais...As chamadas pareceronme demasiado preparadas...nada espontáneas.
Paco do Bng, evitando o debate...non me estrana cos resultados que tiveron.
Pero o chamativo é a sistemática actitude de Baltar fillo, con esa actitude de neno malcriado,prepotente e un tanto provocador. Que pena que nos debates públicos non poidamos decir todo o que nos apetecería (por aquelo de que non digan que somos todos iguales!)....Menudo rostro para o responsable da maior derrota do PP...O fillo daquel que dixo que a victoria do 9 de marzo axudou o asesinato do compañeiro socialista vasco...

miércoles, 26 de marzo de 2008

TRAMITES EN MADRID..E PRIMEIRA REUNION GRUPO

Hoxe desprazeime a Madrid para os papeleos...A verdade é que son laboriosos os papeleos que a condición de Senador electo me ocasiona.Un montón de trámites, declaracions...e os trámites e declaracions polo cese no cargo que tiña...
Tamén foi o primeiro contacto coa que vai ser ligar de traballo da lexislatura...coñecer traballadores grupo,persoal casa,instalacions( todo en obras)...
O Grupo Socialista das Cortes Xerais reuniuse por primeira vez presidido por Zapatero...Eleximos os portavoces e demáis responsabilidades do grupo PSOE.
O senador por Lugo, Lucho, fixo de cicerone.Por algo xa son duas lexislaturas as que leva no cargo...Agradézolle todo o compendio de información tan concreta.

sábado, 15 de marzo de 2008

TEMPO DE CEAS/CELEBRACIONS


Agora vén o tempo das ceas.

O éxito electoral e o feito de que fora elexido SENADOR pola provincia de Ourense (máis tamén polas manobras argalladas polo pp),fan que se sucedan os convites para participar e celebracions en tódolos lugares e concellos da xeografía provincial.

Os kilos que perdín nesta longa campaña+precampaña ,seguro que os recupero (malgré moi) en breve.

jueves, 13 de marzo de 2008

RECONTO VOTO CERA-RESULTADOS ELECCIONS OURENSE

(Foto edición dixital La Región)
O PSOE ACADA UNHA SUBIDA HISTORICA NA PROVINCIA: 94.000 ELECTORES.
Resultado CERA:
Congreso
PSOE- 11.942
PP - 9.235
Bng - 738

Senado
Miguel Fidalgo : 9.457
Elvira Lama : 9.010
M Carmen Leyte: 8.772
Amador Vazquez :8.768
M.A.Perez Juan: 8.745
Alfredo Vazquez: 8.177

RESULTADOS TOTAIS
CONGRESO
PP - 114.433
PSOE- 94.315
BNG - 26.235
EU- 1.658
UPD- 1.101

SENADO
Mª Carmen Leyte : 103.918
M.A.Perez de Juan: 102.840
Amador Vázquez : 100.743
Miguel Fidalgo: 82.296
Elvira Lama : 81.350
Alfredo Vázquez: 77.286
Luisa C.Escudero: 31.133
...............................................
outros:
B.A.P.(PComunista Pobo Galego).............4.243
J.B.(comunion tradicionalista carlista).....2.555
C.Ferreiro (E.U.)...........................................1.669
M.I.S.(partido anti taurino)........................1.356
X.M D.(por un mundo mas justo)...............1.275

As 4 da mañá acabou o reconto do Voto dos Residentes Ausentes(exterior)....Non estou a esta hora para máis.

lunes, 10 de marzo de 2008

VALORACION O DIA D+1

HOXE MADRUGAMOS PARA TER REUNION C.Executiva N.Galega:
A primeira valoración dos resultados electorais.
A espera de completar o cómputo dos votos exterior para comparar cos datos definivos do 2004,podemos calificar o resultado de HISTÓRICO.Unha subida sen precedente,que acaba coa etiqueta que nos tiñan colocado á provincia de Ourense de conservadora e abstencionista.
O traballo dos últimos anos da froito. Un traballo constante, de renovación e incorporación de novos líderes nos distintos concellos do territorio provincial. Un traballo constante de 6 anos mellorando a organización e a estructura electoral. Construíndo unha organización engrasada e eficiente, con cadros formados ó longo destes anos, cos recursos necesarios para levar a cabo o traballo político. Unha máquina que funciona...Da que me sinto orgulloso,porque con Pachi axudei a construíla.
Unha organización con liderazgos,provincial,comarcal,locales.Imprescindibles para ganar eleccions.
Unha organización que foi medrando ,ganando en 24 concellos ( e cogobernando noutros 6)...Xa no 52 % da poboación temos o goberno local.
Unha organización con peso político, cun membro no Goberno da Xunta e agora tamén no consello de Ministros do Goberno de España...
Un logro colectivo,que compartimos cos militantes de cada unha das agrupacions locais,con cargo membros de executivas comarcais,locais,comite nacional,executiva,cargos públicos(de delegados a directores xerais,asesores ou deputados...).
RESULTADOS HISTÓRICOS, cunha subida na provincia dun ¡¡ 20 % ¡¡¡
Co voto exterior pasará dos 90.000 votos. O mellor resultado da historia de todalas eleccions na provincia para as candidaturas ó Congreso e Senado.
A mellor CAMPAÑA posible. Sen ter que relatar comparacions...a nosa foi unha Campaña perfecta,desenrolada e xestionada de xeito impecable, que os mellores profesionais non mellorarían...Vamos que podemos xa dar clases...
Unha Campaña que tivo apoio do Comité Electoral Federal e Galego de todo o que precisamos e lle pedimos...
Unha Campaña mérito especial de J.L.Rodriguez ZAPATERO (que veu a apoiarnos personalmente), de Emilio P.TOURIÑO (que estivo en contacto continuo e presencia del e membros gobernos),de J.BLANCO que estivo en contacto continuo connosco prestando un apoio fundamental e clave, de Ricardo VARELA que casi parecía do noso comité, (tamén Blas...)...
Pero sobre todo do equipo (esto sí que é un equipo) provincial,do que non vou dar nomes ....porque sobre todo son o EQUIPO.

sábado, 8 de marzo de 2008

A PUNTO DE VOTAR

Só queda xa VOTAR.
Nunca houbo tantas razons para facélo.
Sandra Carrasco,a filla de Isaías, explicouno coma ninguén.
Pola valentía e o coraxe da filla podemos adivinar o corazón do pai...

En fin.
"BUENAS NOCHES. BUENA SUERTE"

ALGUNHAS IMAXES DA CAMPAÑA

o terrorismo apareceu Ribadavia,cheo histórico

na rúa


cos colectivos (xordos)



Zapatero apoiounos




cos comerciantes





cos alcaldes e portavoces






presentación bus e caravana electoral








viernes, 7 de marzo de 2008

OS ASASINOS ENTRAN EN CAMPAÑA


Hoxe entraron os asasinos na campaña,acabando dun xeito cruel co compañeiro ISAIAS CARRASCO de Mondragón...Cando nos dispoñíamos a rematar a campaña chegou o golpe.Deunos no máis fondo da ialma...
Doenos a sua familia...doenos polos socialistas vascos...doenos por todólos socialistas,por tódolos españoles+tódolos vascos,doenos polo mundo enteiro.
Qué miserables deben ser as almas dos asasinos.
Que miserables os que lle da igual, os que o xustifican,os que simplemente calan por non meterse en líos...
Que duro debe ser vivir nese deserto espiritual,no que cando asasinan a un loitador da democracia diante da sua filla,pola espalda...non saen miles de persoas a perseguir ós asasinos...