lunes, 10 de marzo de 2008

VALORACION O DIA D+1

HOXE MADRUGAMOS PARA TER REUNION C.Executiva N.Galega:
A primeira valoración dos resultados electorais.
A espera de completar o cómputo dos votos exterior para comparar cos datos definivos do 2004,podemos calificar o resultado de HISTÓRICO.Unha subida sen precedente,que acaba coa etiqueta que nos tiñan colocado á provincia de Ourense de conservadora e abstencionista.
O traballo dos últimos anos da froito. Un traballo constante, de renovación e incorporación de novos líderes nos distintos concellos do territorio provincial. Un traballo constante de 6 anos mellorando a organización e a estructura electoral. Construíndo unha organización engrasada e eficiente, con cadros formados ó longo destes anos, cos recursos necesarios para levar a cabo o traballo político. Unha máquina que funciona...Da que me sinto orgulloso,porque con Pachi axudei a construíla.
Unha organización con liderazgos,provincial,comarcal,locales.Imprescindibles para ganar eleccions.
Unha organización que foi medrando ,ganando en 24 concellos ( e cogobernando noutros 6)...Xa no 52 % da poboación temos o goberno local.
Unha organización con peso político, cun membro no Goberno da Xunta e agora tamén no consello de Ministros do Goberno de España...
Un logro colectivo,que compartimos cos militantes de cada unha das agrupacions locais,con cargo membros de executivas comarcais,locais,comite nacional,executiva,cargos públicos(de delegados a directores xerais,asesores ou deputados...).
RESULTADOS HISTÓRICOS, cunha subida na provincia dun ¡¡ 20 % ¡¡¡
Co voto exterior pasará dos 90.000 votos. O mellor resultado da historia de todalas eleccions na provincia para as candidaturas ó Congreso e Senado.
A mellor CAMPAÑA posible. Sen ter que relatar comparacions...a nosa foi unha Campaña perfecta,desenrolada e xestionada de xeito impecable, que os mellores profesionais non mellorarían...Vamos que podemos xa dar clases...
Unha Campaña que tivo apoio do Comité Electoral Federal e Galego de todo o que precisamos e lle pedimos...
Unha Campaña mérito especial de J.L.Rodriguez ZAPATERO (que veu a apoiarnos personalmente), de Emilio P.TOURIÑO (que estivo en contacto continuo e presencia del e membros gobernos),de J.BLANCO que estivo en contacto continuo connosco prestando un apoio fundamental e clave, de Ricardo VARELA que casi parecía do noso comité, (tamén Blas...)...
Pero sobre todo do equipo (esto sí que é un equipo) provincial,do que non vou dar nomes ....porque sobre todo son o EQUIPO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario