
Hoxe teremos unha Reunión de Traballo cos diferentes Cargos Provinciais para cuestión de coordenación.
Pola tarde daremos unha Rolda de Prensa na que estará o Secretario Provincial,o Senador e o Deputado,O portavoz Deputación e Alcalde da Cidade.O obxeto será denunciar públicamente a acción do PP de,para contentar outros territorios,presentar unha Emenda que nos QUITA 134 Millons de Euros para o AVE a Ourense e Galicia.Eso supón un auténtico boicot á chegada da Alta Velocidade a Galicia. O tramo Lubián-Ourense é o único que non está contratada a obra.Xa están prácticamente rematados os Proxectos Constructivos e en poucos meses poderá licitarse.E o tramo decisivo para a chegada a Galicia.O tramo complexo:39 viaductos e 54 túneles),o máis costoso (1600 millons cando remate).Os primeiros 104 km en Galicia.Sempre se dixo que mentras non se empezara este tramo non se vería a chegada da Alta Velocidade.Que había que meter máis diñeiro nos presupostos.Fíxose o traballo que non fixeron os anteriores.Porque a xente tén que saber que un proxecto deste tipo non se empeza a obra sen máis.Hai que facer o Estudo Informativo.Hai que facer o Estudo de Impacto Ambiental.Hai que facer Expropiacions.Todo coas correspondentes Exposicións Públicas,estudo de alegacions e reclamacions.Logo facer o Proxecto Constructivo.Despois facer a Licitación.Logo según as propostas Contratar a obra á mellor oferta.logo EMPEZA A OBRA.De todas estas fases antes hai facer as previsions presupostarias no exercicio anterior.Dícese que facer unha obra deste tipo antes de que entren as máquinas leva un mínimo de 5 anos...
Por eso a presentación desa Emenda polo PP ,de prosperar no Congreso ou no Senado,suporía que o estado non podería contratar a principio do 2009 as obras por importe dos 254 millons que figuran nos presupostos.O retraso na chegada do Ave,que faría imposible a finalización no 2012.O PP podería asi botarlle a culpa a Zapatero e Touriño,a quén se debe a chegada da Alta Velocidade en condicions iguales ó resto de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario