jueves, 26 de junio de 2008

OS PRINCIPIOS DE GROUCHO

Asombranme as declaracions do Presidente do PP sobre as Mocions de Censura de Trives e Calvos de Randín destes días.Hoxe quero resaltar a FALTA DE PRINCIPIOS do presidente do PP, xustificando as Mocions de Censura con Transfugas,para recuperar as Alcaldías que o PP perdeu nas urnas,despois de décadas do goberno do PP.
A altura ÉTICA do Sr. Nuñez Feijoo queda por debaixo da do Sr.Baltar,que xa é case inexistente.
Por outra banda o Sr. Nuñez Feijoo FALSEA os feitos, polo que perde a mínima credibilidade a que podía ter dereito.
¿Como pode ser candidato nas eleccions autonómicas quén falsea feitos tan claros como o que dice un rexistro público de entrada do Concello,onde queda claro que os tránsfugas de Trives se deron de baixa antes de apoiar ó candidato do PP e polo tanto abrirselle o expediente?.
E ¿como pode ser candidato para gobernar a Xunta quen legitima unha operación de piratería política para captar transfugas e roubarnos a Alcaldía de Calvos de randín,despois de que os veciños nos deran a Maioría Absoluta?.
¿Como o presidente do PP pode xustificar as operacions de Trives,Calvosde Randín, como fixeron en Verea,Porqueira…e todo o longo mapa de captación de transfugas que tén caracterizado o mandato de Baltar na presidencia do PP de Ourense, que meteu a provincia no mapa das vergonzas e dos escándalos de España ¿.
Por elo, o feito de que Ñuñez Feijoo se arrodille ante as falcatruadas do PP lle quitan toda lexitimidade para falar de futuro, lle quitan calquer credibilidade para falar de honor e ética.O Sr. Nuñez Feijoo ven de retratarse .Vaia aspirante á máis alta representación institucional de Galicia.O nivel non da nin para pedáneo da última aldea da provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario