sábado, 17 de mayo de 2008

CELANOVA-RAIGAME

Hoxe estivemos cos compañeiros da comarca na Romería Raigame en VILANOVA.Vila bonita,prima irmá de Ribadavia,coa que me sinto cercana...Temos tantas cousas en común...
Pola tarde tivemos reunión cos compañeiros de CALVOS DE RANDÍN, que afrontan con valentía e saber estar, esta canallada do PP,esta nova "porqueirada" de Baltar...
Dende logo os socialistas de Ourense vamos actuar para defender os compañeiros...E os do PP van sabélo...E Baltar, ese decimonónico personaxe que mancha a honra desta provincia,vámoslle facer unha despedida(VAITE XA) como merece...Irase con deshonra (como mandou) .Probablemente non tanta como merce quén regalou o maior terreno da cidade de Ourense (que outros presidentes anteriores conseguiron para o patrimonio público) a uns particulares dándollo por menos da DECIMA PARTE do seu valor.¿Onde quedaron as outras ) partes do valor da Finca?....Irase sen explicar por qué a Deputación queda con !.200 persoas(un tercio funcionarios,un tercio indefinidos,un tercio temporales)...Con todos os cadros ordenados xerárquicamente según a importancia no organigrama do PP: os dos cargos importantes grupo A...os de alcaldes ,as que son donas ou fillos de no grupo B ou C , os parentes mais lonxanos grupo D, os simples carrexadores grupo E...

No hay comentarios:

Publicar un comentario