domingo, 20 de abril de 2008

Recoñocemento a Rubén García

Na parte final da Cea tiven a honra de facer a presentación do Recoñecemento que o PSOE da Provincia lle fai a Rubén García pola súa traxectoria política, de loita polo avance social nesta terra.
Rubén foi exemplar naquela asociación cultural Abrente, na que naceu a Mostra do Teatro Galego.Logo tivo a visión de iniciar o Festival Internacional de Teatro(agora MIT)...e xa se vai celebrar a 24 edición.
Pero onte a homenaxe era ó loitador polas libertades, o combatente pola democracia.
Onte quixemos expresar o noso alento e aprecio.
Curiosamente él era quén pechaba a candidatura socialista nas Xerais do 2004.
Na Festa polos resultados das Xwerais do 2008 era un bó momento para decirlle, que se Franco non foi quén de domeálo, non vai ser unha "esclerose lateral amiotrófica" de merda quén o faga.
Despois da miña presentación, foi o Secretario Xeral,Emilio Pérez Touriño, quén lle entregou a peza de cerámica (do artista Suso Fernández).
Marcos Blanco leu por Rubén as verbas de agradecemento, xa que o que él chamou "a fodida enfermidade" xa lle impide falar a este conversador empedernido.

Homenaje a Rubén García

No hay comentarios:

Publicar un comentario