martes, 1 de enero de 2008

IGREXA-ESTADO

Volve de novo a vella dialéctica na que pretenden meternos ós que nos queda "algo" de crentes.Os xerarcas máis arcaicos desta institución tan arcaica chamada igrexa,entran en campaña.Como si Rouco e obispos do mesmo sector poideran darnos exemplo de nada.Porque non son exemplo para nada CRISTIANO.Díganme si ter unha organización como a Conferencia Episcopal,que lle da cobertura a programas da Cope que non vou citar,poden ser exemplo de vida cristiana.En que se parece o linguaxe de Cristo ó de Jiménez los "Santos".Eu sinto moito pero quédome con Cristo.Inda que para eso teña que ser perseguido ou crucificado...
A verdade é que un bó cristiano non debería facer que o esencial das súas crenzas se manifeste só coas prácticas seudo paganas dos rituales de ir á misa,rezar rosarios,confesar e comulgar,realizar intercambio de favores a cambio de copiosas limosnas co diferente santoral...
Eu coñezo un montón de santos vivos,e a maioría nin xiquera van a misa...
O natural do cristiano e ser socialista...
Pero creo que a polémica destes días non se trata deso.Non se trata das crenzas da xente e de como cada ún se queda co mellor de ser cristiano ou co mellor de ser comprometido.
Trátase de que Rouco e outros xerarcas,preténden decirlle ós cristianos cómo teñen que votar.Curiosamente en base a principios nada cristianos.
Pretender poñer os cristians contra un goberno precisamente por facer iguais en dereitos ós máis marxinados pola sociedade (lembradesvos Maria Magdalena..),non tén nada que ver con Cristo.A alguns importanos Cristo, ¿quén é este Rouco de Villalba para falar en nome do meu Cristo?¿Quén é este Rouco (inventou o de sobriño obispo),ou Garcia-Cascos,para tirar a primeira pedra,ou para condenar...?(A dereita organizase por tríos Rajoy-galego coma Rouco-,Zaplana-valenciá como García Gasco,Acebes-castela como Cañizares).
Neste caso,pídolle os lectores que fagan chegar os comentarios coas suas vivencias...Prometo continuar expresando as miñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario