martes, 27 de febrero de 2007

¿DÚBIDAS -CREENCIAS?

Os que coñecen dinme que son un dos poucos esquerdistas que mantén lazos co seu pasado cristiá.Sábese que dos once ós dezasete anos fixen o bacharelato no Seminario.Algo habitual nos da miña época.Era a forma de estudar os probes.Eu era moi probe.
Os que son demasiado crentes dín de mín que son un ateo.Pouco crente.Nada prácticante.
A verdade é que a miña ruptura coa Igrexa foi radical.
Co tempo tampouco me arrepinto desa época,inda que recoñozo que o deixei con certa raiba.
"Francamente"(con Franco) daquela a Igrexa era odiosa,abafante.Temible (Temiño) .
Tamén é verdade que nesa época coñecín xente única.Amigos de verdade.Profesores cualificadísimos...as primeiras clases de galego ("clandestinas"),o mellor cine, o amor á múseca,unha aficción á literatura, o mundo do teatro....tamén cousas únicas como o latín.
E sobre todo quedoume un concepto da ética persoal que manterei toda a vida.Uns principios que os que mandaban (e mandan) na Igrexa non practicaban.Pero que alguns ,coa inocencia dos nenos, tomamos en serio...Con esa fe chegamos a conclusión que con esta Igrexa o mellor xeito de seguir a Cristo era ser ateo.

1 comentario:

  1. coido que tés toda a razón: a mellor maneira de amar a cristo é ser ateo. non por desmarcarse da fe, senón por desmarcarse dunha igrexa chea de hipocresía que non reflicte en absoluto os valores que se supón que ese cristo predicaba. así que, sen entrar en temas de ter ou non fe, realmente a historia da igrexa demostrou e segue demostrando que é a nai dos antivalores de cristo. en nome das relixións morren centos de persoas cada día. ¿que opinaría deus, en caso de estar aí, de todo isto?

    agora ben, se está ou non aí xa é outro cantar...

    ResponderEliminar