martes, 29 de enero de 2008

NON ESTOU DESAPARECIDO

Non desaparecín...simplemente faga vida de Candidato e responsable político en vísperas electorais.As veces sinto que teño abandonado o blog.Inda que sempre quixen darlle sentido de espazo de reflexión e relato de vivencias persoais.Non un relato da miña actividade política.
Como coñecen os que se relacionan conmigo,nestas datas non teño un segundo para nada que non sexa GAÑAR as próximas Eleción Xerais, co engadido que aparte das responsabilidades que teño asumido nas campañas electorais nos pasados 6 anos...Agora volvo a actividade política.Sí os meus compañeiros fixéronme candidato ó Senado. Despois dun longo período fora dos Cargos Públicos...Sempre pensei (así o quixen) non volver a ter cargos públicos, e adicarme á miña militancia simplemente, a vida da organización, a un segundo plano. Inda que é verdade que moitos non distinguen eso de estar fora da vida pública , de estar dentro (cargos públicos)....

No hay comentarios:

Publicar un comentario