viernes, 22 de febrero de 2008

ESTAREI NO BLOG DE CAMPAÑA

Estes días, non estarei aquí...saberedes de mín polo BLOG de campaña que sinalei onte...Sintoo...O tempo non da para máis...

jueves, 21 de febrero de 2008

BLOG

Nos días que veñen recoméndovos entredes no Blog de Campaña:
http://psoeourense.wordpress.com

XA VEN.....

o martes comemos cunha grande representación dos empresarios da comarca de CARBALLIÑO...a comarca veu construíndo un grupo empresarial de moito peso...
Pola noitiña acto en PADRENDA,unha terra moi próxima para mín...o final do ribeiro miño abaixo..
Mercores coa asociacion enfermos Alzheimer...coa asociación de Xordos...alguén quixo comprometerme a aprender algo do linguaxe de signos que recoñeceu o Goberno de Zapatero...veremos canto somos capaces...
Hoxe tivemos un desaxún cos medios de comunicación para falar informalmente e sen límites as portas da campaña...XA VEN...cada día é máis dificil achegarme a esta ventá....
A vida de candidato é dura....kilometros a centos, sen pausas,sen recoñocer si é sabado ou domino...e MOITA EMPANADA...Empanada o almorzo,empanada a merenda,empanada a cea...

martes, 19 de febrero de 2008

AS PORTAS DA CAMPAÑA

O domingo...reunión cos Maiores.Elena Espinosa e o resto dos candidatos estivemos cun grupo de maiores no Xesteira explicando os logros do goberno Zapatero para os maiores...Dun xeito especial o avance nas PENSIONS MINIMAS...e a Lei de atención ás persoas con Dependencia...Outro logro histórico grazas a un goberno socialista...
Pola tarde interviñen en 2 actos con Mª Xosé Rubio: na MEZQUITA ante duascentas persoas...Logo nos RIÓS...
O luns reunión coa UXT....e tamén cos Empresarios do Polígono de san Cibrao...
Pola tarde reunión con representantes das ASOCIACIONS DE VECIÑOS....Rematamos cun encontro cos XOVENES na casa da xuventude....Un día INTENSO...!!

domingo, 17 de febrero de 2008

PRE....CAMPAÑA?


Continua a precampaña...ou campaña total?


O martes estivemos cos de ABEIRO...a rehabilitación de adictos ás drogadicions tén moitos valeiros aínda. A gran débeda pendente é o TRABALLO...Grande admiración os profesionais,as familias...pero sobre todo elas e eles.Contan conmigo


O mercores estivemos cos de ASPANAS...menudo labor.Vaia centros modélicos temos en Ourense.Pronto terán novas instalacions.Os diminuidos síquicos gañaronme tamén.


Pola mañá estivemos cos de UPTA. Os autónomos obtiveron de Zapatero o recoñecemento de dereitos que ninguén lle dera.Dereito a baixa por enfermidade ou accidente, poder contratar familiares,xubilacion,etc...Moitos traballadores teñen a condición de autónomos dependentes doutras empresas...Traballadores con menos dereitos acadan plenos dereitos.Unha constante en Zapatero: novos dereitos...


Tamén estivemos coa ONCE.Moito por facer para eliminar bareiras.


O xoves visitamos á Policía.Unhas instalacions moi modernas para unha policía cada vez máis preparada e con máis medios para asegurar as libertades.


O venres o grupo Parlamentario do PSdeG estivo en Ribadavia.Alí desenvolveron a súa reunión de traballo.


pola tarde estivemos con Mendez Romeu nunha Xornada sobre a Cooperación Municipal dos Concellos da Area de Ourense.


Rematamos cun Acto en COLES.


O sábado tivemos unha Xornada sobre as Comunicacións das Comarcas de Celanova e Baixa Limia...Mª Xosé Caride explicou as previsions da Xunta sobre as novas vías da Autovía Rias Baixas con Celanova e Bande ata Portugal.Son 120 MILLONS de EUROS...!!Eso é unha aposta polo desenrolo destas comarcas.

sábado, 9 de febrero de 2008

9 F:CO MUNDO DO VIÑO DA PROVINCIA/COA MULLER

Hoxe tivemos un Encontro coas empresas do mundo do Viño nas 4 Denominacions de Orixe da provincia de Ourense.
As adegas máis importantes,das grandes e das pequenas,colleiteiros representativos, das Denominacions Ribeiro,Valdeorras,Monterrei e Ribeira Sacra...cunha obrigada limitación de invitados.O importante era falar...e sobre todo oir ó sector.Tamén asistiu algun técnico,sindicalista,cargo público...
Escollimos a adega Vilerma(ribeiro do avia) como punto de encontro, coa acollida sempre calurosa de Arsenio e Chon...
Logo desenrolamos o traballo en Laias(ribeiro do miño)...ELENA ESPINOSA deu información detallada sobre as cuestions prantexadas polos asistentes,que seguramente lle será moi útil para o traballo de futuro das adegas,cooperativas e colleiteiros...

A xornada acabará con outro ENCONTRO coa Muller de Ourense,na que mulleres representativas falarán largo e tendido con Elena,Ministra e Candidata..

SECTORIAIS


despois do antroido (coñecín este ano o de Manzaneda,unha rica tradición conservada polos veciños destas terras); despois de outros actos coma o de Taboadela,con presencia masiva dos xóvenes máis activos do concello ;despois de outra variada presencia en emisoras...Retomamos os encontros cos sectores económicos e sociais máis importantes da provincia.

Hoxe estivemos na Limia reunidos con cento cincuenta agricultores,cos representantes das comunidades de regantes...Elena Espinosa contou os avances destes catro anos,e os proxectos de futuro...Unha impresionante acción de implantación do regadío nas parroquias agrarias da Limia:nada menos que 27 Millons de euros (case 5.000 millons de pesetas).Outros andan poñendo bancos e prometendo farolas...

O mesmo tempo cen responsables de Xornada Electoral tiñan unha sesión de Formación sobre a función de interventores e apoderados e temas relacionados .A parte menos coñecida do traballo organizativo dunha campaña.A parte que non contamos,pero que supón horas e horas,esgorzo intenso de miles de axentes electorais socialistas.

Pola noite Cea-acto en Piñor...un acto entrañable de homenaxe os simpatizantes desas terras que tanto teñen avanzado no cambio.Cun alcalde que é modelo xa de xestión para o resto dos alcaldes galegos.Fran Fraga.

sábado, 2 de febrero de 2008

DIA HISTORICO-A PROVINCIA CON ZAPATERO


Cando faltan 37 día para o 9 M, Zapatero veu apoiar ós candidatos da provincia de Ourense para as Elecións Xerais...Un acto histórico. Un desafío para a nosa organización. Todo o traballo feito durante semanas anteriores acabou en ÉXITO rotundo,indiscutible.

No Pavillón dos Remedios entraron 6.000 persoas ...sentímolo polos mil que non poideron entrar,despois de apretarnos tódolos espazos posibles para facerlle sitio...

Miles de ourensáns que quixeron decir, AQUÍ ESTAMOS NÓS.

Que berraron e aplaudiron,que o pasaron ben,que disfrutaron como nunca...

Acabouse o caciquismo.

Este Mitín fará historia. Non só polo éxito de apoio e de organización...

O 1 de Febreiro pasará a historia (un foi aprendendo a recoñocer os momentos históricos) por ser o día no que os ourensáns puxeron punto e final a unha historia dunha provincia coa etiqueta de conservadora e sometida.A Provincia de Ourense puxo o punto e final. O 9 M dirao oficialmente.

O Pavillón cheo quixo decir que os resultados están cantados. O 2º deputado do PSdeG-PSOE está conseguido...Pero xa non nos conformamos con eso...Agora queremos máis forza, máis apoio.Queremos gañarlle á dereita.A esta dereita cada vez máis cavernícola,máis radical, máis perigosa para unha sociedade de progreso.

DUNHA VEZ.