lunes, 21 de abril de 2008

EXECUTIVA

Hoxe tivemos a reunión ordinaria da Comisión Executiva Nacional Galega...Despois do análise da situación política e intervencions conseguintes, falamos dos próximos procesos congresuales:Congreso Federal e Congreso Nacional (algún pode sonarlle estrano, asi é como chamamos dende "sempre" ó congreso Galego).

domingo, 20 de abril de 2008

Recoñocemento a Rubén García

Na parte final da Cea tiven a honra de facer a presentación do Recoñecemento que o PSOE da Provincia lle fai a Rubén García pola súa traxectoria política, de loita polo avance social nesta terra.
Rubén foi exemplar naquela asociación cultural Abrente, na que naceu a Mostra do Teatro Galego.Logo tivo a visión de iniciar o Festival Internacional de Teatro(agora MIT)...e xa se vai celebrar a 24 edición.
Pero onte a homenaxe era ó loitador polas libertades, o combatente pola democracia.
Onte quixemos expresar o noso alento e aprecio.
Curiosamente él era quén pechaba a candidatura socialista nas Xerais do 2004.
Na Festa polos resultados das Xwerais do 2008 era un bó momento para decirlle, que se Franco non foi quén de domeálo, non vai ser unha "esclerose lateral amiotrófica" de merda quén o faga.
Despois da miña presentación, foi o Secretario Xeral,Emilio Pérez Touriño, quén lle entregou a peza de cerámica (do artista Suso Fernández).
Marcos Blanco leu por Rubén as verbas de agradecemento, xa que o que él chamou "a fodida enfermidade" xa lle impide falar a este conversador empedernido.

Homenaje a Rubén García

FESTA RESULTADOS ELECCIONS

Esta noite tivemos a Festa polos resultados do PSOE nas Eleccions Xerais.A demanda de asistencia topouse coa limitación do aforo. Eso que era o local máis amplo que hai. Non hai outro no que entre máis xente a cear.Así que tivemos que poñer un máximo de asistentes por agrupación...
As intervencions foron lixeiras: primeiro Pachi como Secretario Provincial, logo Elena Espinosa SUPERMINISTRA ourensá,pechou Emilio como secretario xeral e Presi.
A mensaxe reiterada era de agradecemento ós miles de militantes e simpatizantes que levaron a mensaxe de Zapatero durante a intensa campaña e pre-campaña.
Unha mensaxe para facer chegar a todos e cada un-unha.

miércoles, 16 de abril de 2008

APERTURA CORTES XERAIS


Hoxe participamos na...SOLEMMMNE...sesión de apertura das Cortes Xerais.

Presas, saludos, desfiles,...supoño que os veteranos lle parecerá o mesmo de tódolos anos.

A Familia Real saudou un por un os deputados-as e senadores-as...Supoño que acabarían coas mans cansas...

lunes, 14 de abril de 2008

TOMA POSESIÓN ELENA ESPINOSA COMO SUPERMINISTRA

Hoxe, 14 de abril,
A nosa deputada por Ourense, Elena Espinosa,tomou posesión dese novo Super-Ministerio que agrupa Agricultura e Medio Ambiente,Medio Rural,Mariño etc.
Unha gran nova para Ourense e para Galicia.
Os éxitos ourensans van a máis...
Por suposto que a presencia ourensá fíxose notar: o conselleiro de Medio Ambiente e Carlos Rodriguez,Tito Espinosa irmáu e concelleiro de medio ambiente,o deputado Alberto e eu mesmo...O Medio Ambiente tén raíces en Ourense...e algo máis que raíces...

martes, 8 de abril de 2008

DEBATE DE INVESTIDURA

Hoxe viaxei a Madrid para ver o debate de Investidura do ganador das Eleccions Xerais e próximo Presidente,José Luis Rodriguez ZAPATERO.
Unha lección de saber facer.
Unha lección de honestidade política e fidelidade ós electores e cidadans que apostaron por él.
Unha admirable visión de futuro ...unha vez máis...
POLITICA DE VERDADE...EN ESTADO PURO.
Rajoy ,a ratos,incluso me gustou...Unha boa réplica.Inda que a súa credibilidade a estas alturas teráa que gañar con feitos.

miércoles, 2 de abril de 2008

CONSELLO PROVINCIAL:Balance electoral.

Hoxe reuniuse o Consello Provincial do PSdeG-PSOE para facer o balance provincial das Eleccions Xerais...A maior subida da historia ,o mellor resultado da historia (tamén o mellor resultado dun candidato ó Senado socialista): subida de 20.000 votos, un 27 %- acadando o 40% dos votos (94.000)
A maior caída do PP que baixa 18.000 votos (114.000)-47 %.
A novedade é que conseguimos que os votos que perde o PP os gaña o PSOE...e segue o proceso.

TELE

Os meus veciños e amigos non pararon de chamarme...o feito de que saira en todos os telediarios no intre no que Rojo era elexido Presidente do Senado foi motivo de sorpresa nestas terras de Ourense e o Ribeiro...

martes, 1 de abril de 2008

CONSTITUCION DO SENADO

Hoxe quedou constituído o Senado.Sesión solumne ...e polo tanto longa.Votacions e votacions...O senador vasco Rojo repite de presidente,cun apoio importante...Fraga foi o presidente da mesa de idade.
Onte tivemos reunión do grupo socialista, da que será portavoz a galega Carmela Silva. Unha muller cunha grande enerxía e poderío.Unha compañeira cercana.Unha sorte para os galegos.
Pola noite os deputados e senadores galegos reunímonos nunha cea, perto do Congreso,para estar en contacto.