sábado, 31 de mayo de 2008

NO RIBEIRO


Hoxe mantivemos unha reunión de Traballo dos Portavoces e Alcaldes (SETE XA) das comarcas do Ribeiro e Carballiño, cos delegados Provinciais das Consellerías.

Cedo,para ser sábado,empezamos a traballar.As doce explicamos,en Rolda de Prensa o contido da reunión.

jueves, 29 de mayo de 2008

MOCION CONFIANZA EN CALVOS


Martes e Mércores estiven no Senado:Pleno con mocions,preguntas ó goberno etc..


Hoxe estivemos asistindo ó Pleno no que Aquilino (o alcalde elexido polos veciños) de Calvos, someteu a debate a súa xestión.

O Partido Popular e o tránsfuga NON asistiron. Medo ó debate,a confrontar ,a que lle desmontaran as súas mentiras como fixo Aquilino no pleno, unha a unha.

O alcalde e concellais socialistas tiveron o apoio dos cargos públicos socialistas(parlamentarios en madrid,galegos,delegados consellerías....alcaldes e portavoces),pero sobre todo tiveron o da XENTE, os veciños que os elexiron,con aplausos,ánimo,con calor....O pequeno salon,os pasillos,a entrada e a praza diante do concello encheuse de xente honrada que reclamaba respeto para o seu voto.

Os cobardes non viñeron.Polo mañá xa habían consumado o seu golpe a democracia,o roubo dunha alcaldía perdida nas urnas,nas eleccions municipais.Un roubo con trama repetida de anteriores casos (Verea,Porqueira...).O cerebro: o de sempre.Os últimos coletazos do CACIQUE trainos estas cousas. Unha vez máis a provincia vai ser obxeto de vergoña no resto de España.

viernes, 23 de mayo de 2008

REUNION COMARCAS VERIN E LIMIA

Hoxe estivemos no Parador de Monterrei para ter a Reunión Comarcal das Comarcas da Limia e Verín. Primeiro o grupo da Deputación e logo os delegados provinciais...Os alcaldes e portavoces poideron coñecer as liñas de actuación,e pedir aclaracions,facer suxerencias e dar opinions...
Tamén houbo numerosas ASAMBLEAS das agrupacions municipais na provincia...entre elas a de Ourense cidade (con cena e festa ó remate).
E MÁIS CALVOS : o Alcalde comprométese a ser sustituído por outro concellal mentras se negocia un acordo de goberno que dé estabilidade para xestionar o mandato dos veciños de levar adiante un goberno de cambio.E comprométese a someterse ante o Pleno a unha MOCIÓN DE CONFIANZA na que se debata a xestión do goberno municipal nestes 11 meses...
Se o concellal que se pasou ó grupo de NON-ADSCRITOS non se une ó PP ,é unha proposta razonable.

jueves, 22 de mayo de 2008

ASAMBLEAS CONGRESOS GALEGO E FEDERAL

A pesar do proceso de Golpe contra a Democracia de CALVOS DE RANDÍN, a vida sigue....
Estes días celebramos as Asambleas para elexir os Delegados ó Congreso Nacional Galego (11º) e os representantes que elexirán os delegados ó Congreso Federal...

lunes, 19 de mayo de 2008

REUNION COMARCAS CELANOVA E BAIXA LIMIA

Hoxe tivemos a reunión comarcal cos portavoces e alcaldes da comarca de Baixa Limia e Celanova:
-Reunión co Grupo da Deputación.
-Reunión de traballo cos Delegados Provinciais das Consellerías.
Alternativas e Propostas pensando no desenrolo e futuro destas terras...

Previamente reunión coa Executiva Local de Celanova.
De postre de novo reunión cos compañeiros de CALVOS.
Van contar co calor e solidariedade de tódolos SOCIALISTAS...E creo que tamén da maioría dos cidadáns da Provincia.
Creo que estes comportamentos contan co RECHAZO RADICAL da maioría dos votantes do PP, e incluso diría da maioría dos CARGOS do PP...O que paso é que o que manda é case o único que está a favor (aínda máis é o PAI da criatura)...

sábado, 17 de mayo de 2008

CELANOVA-RAIGAME

Hoxe estivemos cos compañeiros da comarca na Romería Raigame en VILANOVA.Vila bonita,prima irmá de Ribadavia,coa que me sinto cercana...Temos tantas cousas en común...
Pola tarde tivemos reunión cos compañeiros de CALVOS DE RANDÍN, que afrontan con valentía e saber estar, esta canallada do PP,esta nova "porqueirada" de Baltar...
Dende logo os socialistas de Ourense vamos actuar para defender os compañeiros...E os do PP van sabélo...E Baltar, ese decimonónico personaxe que mancha a honra desta provincia,vámoslle facer unha despedida(VAITE XA) como merece...Irase con deshonra (como mandou) .Probablemente non tanta como merce quén regalou o maior terreno da cidade de Ourense (que outros presidentes anteriores conseguiron para o patrimonio público) a uns particulares dándollo por menos da DECIMA PARTE do seu valor.¿Onde quedaron as outras ) partes do valor da Finca?....Irase sen explicar por qué a Deputación queda con !.200 persoas(un tercio funcionarios,un tercio indefinidos,un tercio temporales)...Con todos os cadros ordenados xerárquicamente según a importancia no organigrama do PP: os dos cargos importantes grupo A...os de alcaldes ,as que son donas ou fillos de no grupo B ou C , os parentes mais lonxanos grupo D, os simples carrexadores grupo E...

viernes, 16 de mayo de 2008

BALTAR COCE MOCION DE CENSURA CON TRANSFUGAS

Hoxe revélase que Baltar se reuníu cun transfuga do Partido Socialista en Calvos de Randín e os 4 concellais que perderon as eleccions municipais en CALVOS DE RANDÍN.
A intención é clara: dar un GOLPE contra a decisión democrática dos veciños de elexir para Alcalde a Aquilino Valencia,o candidato do PSdeG-PSOE.
Despois de décadas de gobernos caciquiles, os que foron alcaldes do PP iban na lista e perderon...Os veciños apostaron polo CAMBIO.
Agora Baltar arrastra os seus últimos meses (dixo él que se iba) facendo que a provincia de Ourense sea de novo noticia de escándalo no resto de España.
A Moción de censura fixeronlla os veciños os do PP, fixeronlla a Baltar na capital eoutros 30 concellos da provincia,fixéronlla a Baltar nas pasadas Eleccions Xerais (a maior baixada do PP-a maior subida do PSOE).

miércoles, 14 de mayo de 2008

RECEPCION CONSTITUCION CORTES XERAIS


Fanme chegar este testimonio gráfico sobre a recepción que houbo por SSMM despois do Solemne Acto de Constitución das Cortes Xerais...O linguaxe iste aínda se me resiste

SENADO-CONTINÚA

Seguimos no Senado.
Máis iniciativas ,máis debates,preguntas,etc.
Por certo xa se definiu o meu papel por agora:
Secretario 1º na Mesa da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura,Pesca.
Secretario 1º Mesa da Comisión de Peticións.
Membro da Comisión de FOMENTO.
Membro da Comisión de Vivenda.

martes, 13 de mayo de 2008

13 MAIO-ZAPATERO

Hoxe temos Pleno no Senado.
O Presidente do Goberno visítanos, con TODO o Goberno, para presentalo ante a Cámara Alta.Máis talante.
Unha novedade máis do presidente Zapatero,de comparecer para presentar o Goberno e as súas liñas de actuación.
Unha nova lección de política.
Pola oposición,nesta Cámara nótase tamén un estilo tranquilo....Supoño que tamén polo momento especial de "¿CRISIS ou DESACELERACION?" do P.P.

domingo, 11 de mayo de 2008

COMITÉ NACIONAL CARA O CONGRESO

Hoxe o Comité Nacional Galego aprobou as normas e calendario para o 11 Congreso do PSdeG...Un Congreso para acadar a máxima confianza dos galegos-as para dirixir o Goberno de Galicia,con máis forza aínda despois das próximas Eleccions...

viernes, 9 de mayo de 2008

DIA DE EUROPA / VISITA TOÉN

Hoxe tivemos unha importante Sesión Informativa, con motivo do Día de Europa, na sede provincial...Os Fondos Europeos troxeron a maioría do progreso en provincias coma Ourense...E aínda temos 5 anos para os que temos que prepararnos polo ben dos nosos pobos e comarcas...Deso falamos.

Logo invitáronme os da agrupación de Toén...Alí falamos de plans e estratexias.Falamos de proxectos para o seu concello.Os socialistas de Toén, PREOCUPANSE do progreso e actuacions dos gobernos nos seus pobos...E tamén deso se OCUPAN...

jueves, 8 de mayo de 2008

EN ALLARIZ

Hoxe estivemos na Agrupación de Allariz...Contamos alí con compañeiros valentes, con moito mérito para defender os ideais socialistas e de libertade nun concello no que as prácticas batasunas de persecución do contrario son terribles e sobre os que existe un muro de silencio aínda máis duro.Parece que hai unha conveniencia para calar aquelo que nunca se debe calar. A libertade é a única razón pola que merece a pena perdélo todo.A mellor causa...
Sempre haberá cousas positivas que valorar dun goberno municipal que dura xa case tanto como o fraguismo...Un goberno que tén merecido o máximo apoio dos electores...Inda que baixando!
Creo que sería bó que esa Maioría fora pronto Minoría ou Coalición...
Diversos delegados provinciais,varios deputados provinciais e autonómicos,o secretario comarcal e outros cargos estiveron con compas...

jueves, 1 de mayo de 2008

1 MAIO

Como tódolos anos durante máis dun século,os socialistas saimos á rúa a lembrar a loita polos dereitos dos traballadoras-es e parados...
Pola mañá cedo estivemos ante a estatua a Pablo Iglesias,fundador de UXT e PSOE.
Logo foi a marcha UNITARIA de Ugt e CCOO...
Teño fotos, pero algo falla que impide subílas....intentareino