domingo, 31 de enero de 2010

Grupo D Rural RIBEIRO-CARBALLIÑO CON XERENTE SOSPEITOSO



O Grupo de desarrollo rural Carballiño-Ribeiro, que xestiona PP e BNG e do que foi excluídas as institucions e asociacións relacionadas cos socialistas, ven xestionando en secreto e sen ningunha transparencia iste organismo.En contra da filosofía destes grupos de participación dos cidadans e xente do territorio.non só non nos informan ós veciños,senón que nin xiquera o fan cos medios de comunicación.
Dende a asamblea de Laias, na que o xefe Rogelio e os aliados do PP e BNG, excluiron ós nosos colectivos, NUNCA fomos convocados a ningunha asamblea nin reunión.Estamos a falar de CEN asociacions e colectivos.
Pola contra son os alcaldes de PP e BNG os que deciden. As asociacions das comarcas do Carballiño e Ribeiro non pintan nada.Todo o contrario da filosofía europea coa que se crean estes grupos e reciben o diñeiro.
Parece que se vai repetir pois os feitos graves que agora están nun xulgado contra os responsables do Grupo Leader que xestionaba o alcalde de Arnoia ,agora delegado de Feijoo (non da Xunta) en Ourense.Aquí se descubriu como non se gastou diñeiro recibido,cómo se crearon empresas eles mismos e se daban as subvencions a sí mesmos.Aquí descubriuse que o presidente do grupo e o xerente do grupo se daban diñeiro a empresas que eles crearon.Unha delas chámase Cultivos Ribeiro que montou un restaurante,unha nave,unha gasolinera...Outras empresas eran de membros da familia.Así se xestionaban os fondos Europa manda para desarrollar a nosa comarca do Ribeiro.
Todo indica que no novo Grupo de Desarrollo Rural (GDR) as ideas son as mesmas. Repartirse os fondos.Tapar as irregularidades.Que nada se sepa.Por eso nos excluiron ás asociacions sospeitosas de relacionarse cos socialistas e ós concellos que gobernamos.
Coñecendo que PP e PSOE estaban con forzas similares, sendo o BNG quén decidía a directiva.¿Por qué se inclinou por apoiar ó PP?¿Por qué se negaron a un pacto connosco?
Bueno...as cousas van saíndo.
Estes días,aproveitando os aires navideños,procedeuse á selección do Xerente.As bases foran estudadas para que pase o que tiña que pasar.
No tribunal non estaba o que manda (agora é delegado),estaba o presidente alcalde de Leiro e tamén o alcalde de Castrelo do Bng. Pero o que manda,manda.
O Xerente do GDR Carballiño-Ribeiro será o mesmo implicado nas irregularidades do Grupo Leader de Arnoia,ex-concellal e xuiz de paz de Arnoia,fundador de Cultivos Ribeiro que recibíu importantes fondos.O home do que manda é J.E.Aparicio.O xerente do leader Carballiño-Ribeiro.Co apoio do PP e BNG

sábado, 30 de enero de 2010

O PP ROMPEU, FEIJOO DERROTADO


Hoxe tivo lugar o Congreso que conclue coa ruptura do PP da provincia de Ourense en 2 "bandos", de similar forza. Os Centristas (60%) gañáronlle ós de Alianza Popular (40%), nunha campaña na que quedou demostrado cómo son. Uns chamaronlle ós outros (e viceversa) cousas nas que se definen ante os cidadans da provincia o que son: "traidores","poñer na conta particular cuotas dos afiliados",utilizar despachos e medios públicos para campaña a favor dun candidato,"tramposos","impresentables","cambiachaquetas","traicionar a familia","enchufar xente deputación para voten congreso",pagar cuotas por outros para conseguir afiliados,pedir vigilantes para evitar presión electores,ganar votos a cambio dunha paparota,acusacións de traición a Galicia por non defender o galego,"algunos trabajaron con nosotros y a los tres días se pasaron al otro lado","si gano exigiré cumplir código de buena conducta a algun cargo"....
Queda pois un PP ROTO,collido por xenreiras que deixarán marca,coas vergoñas á luz e á vista de tódolos cidadans,nun estado vergonzoso que o incapacita para gobernar en ningún sitio.
E por si faltaba algo,o presidente do PP Nuñez Feijoo xogou a tope metendo na candidatura que PERDEU o portavoz do PP Toñito de Allariz,o delegado da Xunta Rogelio Martinez,o candidato da cidade,o cabeza ó Congreso Celso Delgado,a xerente do complexo hospitalario Ñuñez,a secretaria de Turismo Pardo e outros membros do seu Goberno.
Neste congreso interno perdeu FEIJOO. Perdeu o PP.Cun líder que durará ata despois das municipais (o candidato de feijoo xa vaticinou a perda da Deputación e a Alcaldía da cidade entre outras a favor dos socialistas).Cunha GUERRA aberta, que continuará con sucesivos episodios (os dossiers xa están no buzón de correos).Nunha guerra na que tivo que intervir RAJOY que tamén saíu trasquilado,na que declararon guerra aberta os cargos da Xunta contra moitos alcaldes fieles ó cacique provincial,na que estes cargos están afilando a navalla para pasarlle factura e premiar ós obedientes (e a única duda e cantos días tardarán moitos deles en cambiarse de bando),no que os gañadores non van pasar unha e teñen ben apuntado a quenes se van cargar.E supón a primeira derrota clara dende que Feijoo é presidente do PP galego...E non será a última.

jueves, 28 de enero de 2010

ALA CELTA


Hoxe estarei co Celta.
Irei a Balaídos.
Necesitamos recuperar o celtismo.
Inda que as directivas non teñen estado a altura desta afición.
Un xogadores,moitos galegos,merecen o calor.

miércoles, 27 de enero de 2010

XORNADA PARLAMENTARIA Política Municipal

Hoxe participo nas Xornadas Parlamentarias que se celebran no Senado para tratar do futuro máis inmediato en relación con cambios lexislativos que se aveciñan en relación co réxime local e a acción municipal nos pobos e cidades.Nela participan parlamentarios socialistas,moitos deles somos municipalistas de orixe.
Será intenso e agardo que un paso adiante importante.

viernes, 22 de enero de 2010

Homenaxe Fundadores Cooperativa Ribeiro


Tamén estiven hoxe nos actos de Homenaxe ós Fundadores da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Unha institución na comarca do Ribeiro,da que forman parte cerca de mil familias e que tén xa 42 anos de vida.
Unha vida longa,con moitos incidentes,con momentos bós e malos.Unha organización,con puntos máis claros e outros non tanto.En fin,coma a vida mesma.
Cando fun alcalde tiven a honra de promover un expediente de honra do concello de Ribadavia polo seu 25 aniversario,que agardo se reiteren con máis calor aínda cando celebremos os 50 (só faltan oito).
Hoxe fíxose un xusto recoñocemento ós Socios Fundadores. E fíxose ó seu máximo promotor Eulogio Gómez Franqueira.
Franqueira foi un home tamén con claros e oscuros.Coma todos.
Pero a Cooperativa foi unha cousa boa das que axudou a construir.Con outros centos de familias que verdadeiramente pasaron momentos duros.
Foi un bó día para estar coa familia.
Foi un día para saludar a moitos amigos e veciños queridos que estiveron alí,e que non sempre un conta co tempo que merecen para estar con eles.Os veciños no Ribeiro somos unha familia.Ti podes levarte non moi ben con algún, pero que ninguén de fora lle intente facer mal,porque aquí estamos nós para defendélo.Filosofías dos que vivimos no rural que os urbanos non sempre entenden.
Inda que é verdade que alí tamén había...de todo.
Algúns dos que estaban con máis devoción...¡dios mío,as que lle fixeron! As veces valdría máis non ter memoria.
E outros dos que o abandonaron,e traicionaron...parece que estaban para limpar culpas.En fin.Máis vale calar.
VIVA A COOPERATIVA.

miércoles, 20 de enero de 2010

EN DEFENSA DO GALEGO

Mañá hai unha convocatoria nos colexios de Galicia en defensa do noso idioma.
Paréceme un gran erro que o presidente da Xunta e o PP entren nunha campaña de ataque á nosa lingua.
Alguns lembramos cando estaba perseguido utilizar o noso idioma,como cando se utilizaba nos trataban como inferiores e menospeciaban.Paréceme un erro que o PP volva a eses tempos.Paréceme un gran erro que o PP de Galicia obedezca directrices da rúa Génova e Feijoo teña como prioridade "caer bien" nos foros ultraconservadores da dereita que añora o pasado da longa noite.
Paréceme máis triste que sea o noso Susiño (un rapaz que viña algún verán a Ribadavia) o brazo executor desta campaña contra a lingua que aprendimos nos nosos pobos por moitas xeneracions,e que dende a democracia tamén aprendemos nass escolas e recuperou a dignidade de lingua propia (e cooficial) de Galicia.
Por eso, inda que non comparto algunhas formas de organizar as movilizacions nos nosos "aliados"... mañá eu apoio as convocatorias EN DEFENSA DO GALEGO.
Tamén mañá as 12 na Alameda de Santiago.

martes, 19 de enero de 2010

EN MADRID


Acabo de chegar de Madrid dunha xornada intensa que comenzou as cinco da mañá ,para ir ó aeroporto.
Acto no foro do xornal Cinco Días co ministro de Fomento J.Blanco para falar das prioridades do ministerio da que forma parte esencial as infraestructuras ferroviarias e rede de autovías.
Logo un rato de traballo no senado.
Comida de traballo para asuntos relacionados coa Escola de Formación do PSdeG.
Reunión coa ministra de Medio Ambiente e M.Rural para falar das prioridades da presidente española na U.Europea nos asuntos de Agricultura,que os socialistas queremos poñer na axenda das prioridades.Momento para reivindicar o protagonismo dos agricultores e agricultoras e das mulleres (dun xeito especial)e homes que vivimos no medio rural.
As dez e media da noite chego a Ribadavia,con pucas gañas de cear a verdade.

sábado, 16 de enero de 2010

INOICIO CURSO ESCOLA FORMACION PSdeG



Hoxe fixemos en Ferrol o acto de inicio do curso 2010 da Escola de Formación do PSdeG.

Facélo en Ferrol foi un homenaxe a historia dos socialistas ferroláns,dos que a escola colle o nome no primeiro presidente da primeira agrupación socialista de Galicia e un dos tres primeiros concellais socialistas de España:Francisco Fernández.

Unha oferta de 44 cursos, que probablemente aumente ó longo deste primeiro curso.

Unha honra traballar na posta en marcha deste soño do socialismo galego.

O cumplimento do compromiso de Pachi Vázquez coa militancia,que nace de forma estable oito meses despois do congreso.

Un proxecto que nace co alento tamén da executiva federal manifestado coa presencia da secretaria de Organización Leire Pajín.

Na web do Partido podese ver a programación estable xaneiro-xuño.

jueves, 14 de enero de 2010

O PARTIDO POPULAR EN OURENSE...ROMPE


O presidente do PP de Galicia non esperaba un Congreso do PP de Ourense tan conflictivo.

Pero ademáis tennos asombrados pola sucesión de torpezas que comete él e os seus ordenanzas.

Neste proceso queda patente a súa falta de autoridade e liderazgo interno.Tanto como leva demostrado a falta de ideas e liderazgo como presidente dos galegos e o seu talante autoritario.

O proceso parécese máis a unha guerra aberta entre familias mafiosas,que a un proceso democrático.

Asustan os calificativos que se dicen uns ós outros cada día nos medios de comunicación.E eso que pasan polo tamiz da corrección editorial. Porque se sairan o que se dicen nos comentarios privados,nas conversas de café ou nos "of the record" quedaríamos asustados.

Uns acusan ós outros de utilizar a deputación para contratar posibles votantes do congreso de fin de mes,de chantaxear para obter apoio,de coaccionar...

Os outros acusan os primeiros de utilizar a delegación da Xunta,despachos e subvencions para captar apoios,de comprar vontades para o congreso,de amenazar...

Uns que parecían do bando da famiglia de rural pásase á famiglia de monte pío.

A banda xunteira filtra tropelías que cometen a banda afiadora.

A banda do edificio simeón da detalles sobre os desmans dos clans arnoieses.

Así coñecemos que uns utilizan instalacions denegadas para usos políticos ,se sirven do persoal contratado na dePPutacion,que gastan inxentes fondos superiores os de moitas campañas públicas(comidas multitudinarias,pulpo e pinchos a tutiplé,carteles e outro material ó estilo americano,actos e fundacions particulares con actividades costosas...). E tamén coñecemos que se utilizan instalacions públicas de la junta,despachos,para organizar a campaña do sector "pío".

Uns dicen ter que facer os actos a escondidas porque senón amenazan ós que van.Outros que saben a que se arriscan metendose coa famiglia que manda,que xa tén cortado numerosas cabezas e matado moitos vitorinos.

Uns presumen de fotos masivas e adhesions inquebrantables.Afirman que ahí está o futuro mentras mira pra foto e só vé vellos caciques que son os capos dende a falanxe ata hoxe.

Os daquí dicen acusan o presidente da xunta de acabar co galego e o mellor da nosa cultura.

Toniño,que canta de partede feijoo ,dí que o presidente apoia rotundamente ó candidato gubernamental.

Os da boina dicen que hai que ser da cidade,vamos que os de pueblo non teñen dereito a ser nada.

O pai dí que eso de presentarse contra a famiglia non se fai,despois do que fixo "persoalmente" por él .Tamén dín como se pon agora contra, si leva 16 anos nun cargo que lle debe ó capo provincial.

Amenazan ó presidente da xunta con que se manteña neutral e xa se sabe o que eso siñifica:que nun piso pechados podfe acabar habendo eleccions anticipadas e incluso un novo partido máis centrista.

Denuncian uns ós outros que pagan cuotas atrasadas de miles de militantes (quén paga e de onde sale o diñeiro?).

O de carrexar non acusou ninguén porque suponse que o fixeron todos.

A presión ó que vaia ó congreso amenaza con ser terrible.

Uns e outros entraron nunha dinámica sen volta atrás. Na que Feijoo perde porque vai perder, e perde se chegara a gañar.

A estas alturas temos un P.P. ,que despois de obter o poder (cun descenso importante na provincia de ourense) da Xunta, se enzarza nunha guerra declarada dos distintos clans, con similitudes de loita polo poder entre grupos da cosa nostra.

Un PP desentendido dos ourensáns.

Que semella que só queren controlar o poder interno para seguir facendo o que se acusan uns ós outros de que fan.Para que o que gañe siga vendendo fincas públicas por un prezo miles de millons inferior o valor.Ou para poder facer recalificacions e especulación .Ou para poder concederse as suas empresas importantes inversions dos fondos públicos,para obter concesions.Ou para controlar obra pública e favorecer co dedo ás empresas amigas.

En algo coinciden.Uns e outros teñen o mesmo comportamento na xestión da administracción pública.

En Ourense o PP xa vén baixando e perdendo confianza de forma continuada nos últimos 7 anos,mentras sube espectacularmente o Partido Socialista. Nas municipais houbo un vuelco que fai que os socialistas gobernen a maioría da poboación e obtiveran 23 alcaldías e media ducia de cogobernos con independentes e outras forzas.Nas Xerais fomos a provincia cunha das maiores subidas de España empatando en deputados(o PP foi onde máis baixou),nas Autonomicas fomos os unicos que subimos en deputados e o Pp a unica provincia onde baixou.A Deputación está a 2 (de 25) de cambiar o signo do goberno( un estivo no partido xudicial de ourense a escasos votos e podese dar por gañado,o outro hai que gañalo no partido xudicial de bande ou no de trives onde se disputa un só deputado).

A provincia tén hoxe un Partido Popular que non está en condicions de merecer a confianza dos cidadáns da provincia de Ourense.

Os cidadans desta provincia teñén que deixar de votar a este Partido que non o merece.O Partido Popular da provincia non merece o caudal de confianza que lle teñen brindado os ourensáns nestes 32 anos votando.

O Partido Popular non tén a cabeza nos problemas dos ourensans,nos da xente que vive en Valdeorras,ou na comarca de Monterrei,nin nos da Baixa Limia,nin nos da xente da comarca de Celanova,nin na dos de Carballiño e menos na do Ribeiro,nin na xente da Limia,nin nos da cidade de Ourense,nin na xente que vive Area metropolitana,nin nos de Trives ou Caldelas,nin na xente da terras do Oriente Ourensá,nin nos que están na Emigración.Os do Partido Popular que se atoparon un goberno e un presidente inesperado,están a facer a unha pelea sen fin, que vén de antiguo e que nunca vai acabar.

Mentras ou ourensans non podemos esperar por eles. Na oposición é onde se teñen que depurar os vellos males e de onde poden nacer liderazgos novos,libres,limpios.

Apertura do primeiro Curso da Escola do PSdeG



Este sábado, 16 de xaneiro do 2010, a Executiva Galega facemos o acto de apertura da programación da Escola de Formación do PSdeG .

Será as 11,30 no centro Carballo Calero de Ferrol.

A Escola leva o nome de Francisco Fernández, que foi o primeiro presidente da primeira agrupación socialista de Galicia,a de Ferrol en 1881.Foi tamén un dos tres primeiros concellais socialistas de España (xunto cun de Mataró e outro de Bilbao).E un acto tamén de homenaxe os socialistas de Ferrol.Participarán o secretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez e a secretaria de Organización Federal Leire Pajín.

Nos pasados meses tivemos unha actividade intensa de formación dos cargos e militantes. Pero agora arranca a Escola con toda a forza,cunha programación estable que xa coñecen as agrupacións e accesible a través da web do Partido.

Un esforzo de moitos voluntarios militantes e simpatizantes,que fan un esforzo persoal importante,de forma desinteresada.Un esforzo de moitos colectivos que colaboran cada día .Non cito a ninguén porque son numerosos e alguén quedaría fora.Un éxito do equipo de Formación ,da Executiva,das executivas Provinciales e Locales.Un éxito colectivo.

O compromiso que adquirimos no Congreso do 25 de abril pasado que se fai realidade, en boa parte polo empeño persoal e apaixoado do noso secretario xeral Pachi Vázquez.

En nove meses naceu.Que viva moitos anos.




miércoles, 13 de enero de 2010

EMERXENCIA EN HAITI


Terrible terremoto en Haití.
A hora de que os gobernos,de que Europa,de que as comunidades autónomas exerzan a solidariedade.E despois que se queden para que este país atope algo de xustiza social.
Sen rollos. Para a acción individual nestes casos procede urxentemente acudir á ONG de garda.
Ahí vai unha que traballa na zona con varias contrapartes locais:

Outras en que recopila a web de redes cristianas.

domingo, 10 de enero de 2010

XUNTA ANUNCIA PLANTA DO LIXO NO SUR


O conselleiro ,Hernández Fernández,da desaparecida consellería do Medio Ambiente fai hoxe unhas declaracions rotundas.
O goberno de Feijoo pretende construir unha nova Sogama no Sur de Galicia(entrevista La Región)
O que lle atribuían a outros parece que sí estaba na súa cabeza.
Parece que agora será Rogelio Martínez o que anda buscando ubicacions para facer,agora sí,unha planta no sur de Galicia para recoller a basura e queimála.Porque ese é o seu modelo.Ese é o seu Plan de resíduos.Queimar.
Nin haberá plantas de compostaxe comarcais.Nin haberá reciclaxe (que produce emprego,tecnoloxía e inversións).Nin se promoverá a reutilización . Esas eran propostas verdes do goberno progresista que recollía o consenso dos concellos máis avanzados,dos ambientalistas serios,dos emprendedores con visión de futuro.Esas eran propostas en coincidencia coas políticas avanzadas europeas.

Un novo paso atrás.Outro máis.
Este Feijoo ponse do lado de baixar a cabeza ante a eléctrica,que de novo manda na sociedade galega do medio ambiente.
Este Feijoo sen escrúpulos.Que critica que se utilicen os coches que comprou él e Fraga, e en canto entra utiliza 4 coches él só e compra multitude de coches novos (porque non lle gosta a marca dos que él mercou antes) para darlle coche oficial a todo quisque dos cargos a dedo.
Este Feijoo sen escrúpulos que volveu a implantar o No-Do na Televisión de Galicia,na que só se fala ben do PP e volveu a ser un medio de comunicación partidista e sectario.
Este Feijoo pijo que monta unha guerra contra o galego,o idioma da nosa terra, facendo da nosa lingua de novo sinónimo de inculto e inferior.
Este Feijoo criado dos especuladores que lle regala a costa de Galicia para que fagan dela o que lle parezca.
Este Feijoo que favorece a uns poucos volvendo a conceder minicentrales anuladas que acabarán con paisaxes irrepetibles para que alguns colegas gañen unhas moedas.
Este Feijoo,que con un par, expropia (como se fose Chavez) as Caixas para que o PP conte tamén cunha entidade financeira ó servicio do Partido Popular,que será quén decida a qué empresarios ou medio de comunicación se lle da crédito e a quén non se lle da.Unha Caixa na que lle quita representantes as institucions progresistas e lle da máis as da dereita.

Vaia.Vaia.
O PP fará unha Sogama no sur de Galicia.
Agardo impaciente o posicionamento dos deputados do PP,do presidente da deputación,De Rogelio Martínez,dos alcaldes de Beade,Leiro ou Arnoia, de tele Arnoia e os seus comentaristas de éxito Macías ou Clodomiro.Agardo impaciente o posicionamento dos desarticulados Foro do Non (esperemos que QUEIRAN SABER) ou de Oitabén...e un ETCÉTERA.



sábado, 2 de enero de 2010

LAURA,DIRECTORA INSTITUTO MUJER


A nosa compañeira Laura Seara foi nomeada estes días como nova Directora do Instituto de la Mujer. Será unha peza fundamental nas políticas de Igualdade en España.
Laura coñece a estructura administrativa estatal,sabe máis ca ninguén de políticas de igualdade e leva con ela a cátedra de política por Ourense.
Conta con tódolos requisitos para deixar moi alto o nivel dos numerosos cargos galegos con responsabilidades no Goberno,en Madrid.
E ademáis tén os ánimos de moitos compañeiras-os, e de moitos bós amigos-as.
Espero estar o día 12 na toma de posesión.

viernes, 1 de enero de 2010

NOVO ANO

Pecho 2009 con máis de 100 entradas no Blog, e rondando as 15.000 visitas dende que tén contador.
É a época da matanza do porco en toda a provincia.
As distintas faccions da dereita levan a cabo unha loita salvaxe polo poder nesta terra.
Un sector,que detenta os despachos e os cargos do goberno,dí sentirse amenazado e coaccionado,e denuncia que se utiliza o poder institucional para obxetivos de control familiar e partidista(fai días estes mesmos negaban un local público a un deputado e a un senador).
Este fin de ano é moi diferente nesta provincia.
O sector caciquil faise fotos e actos de inquebrantable adhesión,promete e anuncia cambios para ilusos.
Uns utilizan a Xunta e as suas institucions, outros a deputación e os favores debidos en moitos anos.
Uns acusanse ós outros do que nos levan ocasionando a todos nesta provincia mil veces pisoteada nas libertades e nos dereitos máis elementales.
Alguns creemos que esas amenazas,esa utilización das institucions,son de verdade.
nós sofrimolas nas propias carnes moitas veces,en tódolos concellos,moitos anos.
Con 2009 espero que se vaian moitas cousas do pasado.
Que se vaia o caciquismo máis antiguo de Europa.Para sempre.Todos eles.