lunes, 28 de julio de 2008

NOVA ETAPA


Os delegados aprobamos o novo equipo que nos propuxo o secretario xeral...

Eu NON estarei nel . Entendo que debo adicarme especialmente ó cargo de Senador:por algo fun o candidato máis votado da hestoria na provincia con 82.296 (o máis votado na cidade con 26.227)(o primeiro do censo Cera con 9.457)...

Fixen o posible para que o novo equipo tivera o máximo apoio na votación da CENG,C.N.,C.F. e C.E...

Boa parte dos obxetivos que levábamos atoparon resposta.

No que eu traballei salgo moi satisfeito.A nova reorganización do partido e o novo modelo do partido,con cuestions como a creación dos órganos provinciais, oficiñas parlamentarias e outros instrumentos para estar próximos os cidadans, o apoio as agrupacions e ó traballo dos militantes,as organizacions sectoriais,o traballo coas asociacions,o traballo sindical e coa xente moza (cousas recollidas das bases)...Todo tivo unha resposta satisfactoria...

A provincia avanza de forma "cualitativa",inda que sempre se aspira a máis.O importante agora é dar motivos para contar co máximo apoio dos cidadans nas próximas Eleccions.


domingo, 27 de julio de 2008

CONGRESO



Fin de semán en Santiago,no 11 Congreso do PSdeG-PSOE.

A noite foi longa.

A xestión da Executiva saíu aprobada con cen por cen dos delegados que votaron.

Pola tarde eleximos ó Secretario Xeral.Emilio P.T. quitou o 97,37% dos votos.

A Comisión de estatutos, na que participei,acabou as 12,45 da noite...Todo un récord...Outros Congresos o máis cedo para rematar era as 4 da mañá.E aínda máis acabou con consenso nas más de 500 emendas que tratamos....

Despois de estar pechado tantas horas,non sei como vai o OUTRO.....A noite é longa.Os bares da zona do congreso todos pechados.

miércoles, 23 de julio de 2008

As Portas do 11 Congreso Galego

Neste fin de semán celebraremos o 11 Congreso do PSdeG-PSOE en Santiago.Levamos meses traballando nel.Dende a redacción da Ponencia Marco,o seu estudo polos militantes,o debate das emendas nas Asambleas das agrupacions municipais,a elección dos delegados que nos representen....
Nestes días sempre me acordo dun xeito especial das compañeiras-os que corren coa tarefa de montaxe,organización dos hoteis,comidas,administrativo,redacción,e un extenso etcétera.
En fin.Acaba unha etapa.Empezará outra.
Novas propostas, novas ilusions,novas metas...e tamén novas caras.
Pola miña parte,xa son ,creo,que vintecinco anos en activo....En múltiples e diversos cargos públicos que abarcan xa tódalas administraccions ...recentemente como senador pola provincia de Ourense.
Como militante tamén fun elexido para tódolos cargos a nivel galego.Pero permítome lembrar dun xeito especial estes útimos seis anos intensos na organización provincial de Ourense.Foi apasionante (e duro) facer renacer o partido na provincia.De menos a máis.De pouco a moito.Onde non había cáseque nada (apenas unha sede en ruinas e a venda,sen persoal,sen equipos,sen estructura algunha e en lío permanente)os socialistas pa provincia foron capaces de facer renacer agrupación a agrupación,grupo municipal a grupo municipal,a estructura social e sectorial que nos apoia,unha estructura electoral potente.Os socialistas ourensáns teñen o mérito de contar cunha organización ganadora,que goberna trinta concellos (vintetres alcaldes),a punto de conquerir a deputación,co maior crecemento electoral da hestoria,cos mellores resultados en tódalas convocatorias.Pero tamén unha organización cohesionada cunha capacidade de acción moi potente...pero que o mesmo tempo é unha gran familia,miles de amigos que compartimos ideales e ilusions.
Coas novas caras que saian aínda melloraremos máis.

Enlace Balance 100 días Gobierno

Enlace imaxes TVE acto 100 días Gobierno

rtve.es/noticias - Zapatero advierte que el límite a las propuestas económicas son "los derechos sociales"

martes, 22 de julio de 2008

MADRID:Cen días de Goberno/Día de Galicia

Estou na T4.Volvo a Galicia.
Estiven en Madrid...A Casa de Galicia foi o lugar no que quedamos para celebrar o noso Día.Estivo o Presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento,Conselleiros de Economía (tivo unha longa tarde de traballo con Solbes sobre a financiación autonómica),de Presidencia,de Traballo(tamén coa cabeza en que o congreso vaia ben),de Educación...Pero sobre todo Galegos e Amigos de Galicia na capital do Reino.Alfonso Sobrado Palomares garantiza que todo vai ben .Volvín a ver despois de bastante tempo a José Luis Cuerda,que continúa brindando bós traballos para a hestoria do Cinema, sen olvidarse de facer un dos mellores Viños do Ribeiro.
Fixen compatible esta actividade coa presenza e calor(por certo vaia calor) no teatro da Casa de Campo no que José Luis Rodriguez Zapatero deu conta, no noso nome,dos CEN DÍAS do novo Goberno de España.Unha nova etapa que é a máis productiva da hestoria da nosa democracia para ese período de gracia que se acostumbra a dar.Cecáis é productiva pola continuidade do proxecto.E máis méritoria pola situación dificultosa na que se produce.
Por citar un exemplo,nesta etapa licitouse máis obra do Tren de Alta Velocidade a Galicia que nunca.Claro agora é máis fácil porque o goberno precedente fixo o que antes non se fixera.Tomar a decisión de facélo,para empezar-facer o estudo informativo-facer as declaracions de impacto ambiental( o AVE galego adica a terceira parte do presuposto a restaurar e manteñer o medio ambente)-facer as expropiacions-facer os proxectos constructivos-licitar e contratar as obras-executalas e poñelas en servicio....e moito traballo que queda no medio.
E nestes días contrataronse tramos do AVE a Ourense por valor de 225 Millons de euros...
A oposición do PP e BNG siguen decindo que a obra do AVE non se fai...negando o que se ve: o Ave Atlántico e o Ave Ourense Santiago con todolos tramos ou rematados ou en obras...O AVE a Madrid con parte en funcionamento, e o resto ou en Obras ou en Licitación ,e unha menor parte en Proxecto tamén.(Xa todo en obra ,licitado ou proxecto).
Mentras alguns seguen escrebindo páxinas cada día poñendo en dúbida o que con sólo subirse a un avión se vé: que unha extensa raia da Alta Velocidade vai dende Madrid a Ourense-A Santiago etc.

sábado, 19 de julio de 2008

MOSTRA DE TEATRO

Hoxe comenzou a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.Un acto sinxelo ó que asistín,suando a gota gorda polo sol que nos daba en toda a cara...A Conselleira de Cultura,Anxela Bugallo,co subdelegado Camilo Ocampo,o alcalde Marcos Blanco, o concelleiro de Cultura,interviron antes do pregón de María Bouzas.
Todalas miradas ,todo o afecto foi para Rubén polo seu traballo nos 25 anos e 24 edicions desta Mostra.
Antes do viño de rigor ,a cofraría do NON veu cos carteis e berros, a dar a súa nota como fan en tódolos actos importantes que hai en Ribadavia.E a súa contribución particular para estropear o mellor que temos no Ribeiro.Algunha vez alguén se fartará.

jueves, 17 de julio de 2008

de hospital

Istes días vivimos no hospital.Un trombo pulmonar trouxo a miña nai para a Residencia.Levamos unha semá.De proba en proba.Conversas cos médicos.Dormir algunha noite.Darlle de comer..
No hospital coincides con moita xente coñecida.As veces coñecidos que hai anos que non vés.
E unha ocasión tamén para compartir problemas e dor.

martes, 15 de julio de 2008

Aprobación Tratado de Lisboa

De novo no Aeroporto...
Hoxe tivemos pleno extraordinario para someter a aprobación o Tratado de Lisboa...A situación creada polo bloqueo do que iba ser a Constitución Europea (ogallá poida sair adiante algunha vez), fixo que Europa fixera unha norma para gobernarse,que permita que as institucions europeas funcionen eficazmente nun mundo no que é necesaria a nosa actuación a nivel mundial.Pero tamén supón aprobar unha Carta de Dereitos da Unión. E supón a mellora da Democracia Europea, unha política Exterior,a mellora da Seguridade,unha politica Enerxética,a Loita contra o Cambio Climático,potenciar o parlamento europeo,garantizar a cercanía ós administrados coa aplicación do principio de subsidiariedade que potencia os poderes locales e autonómicos.Avances na igualdade entre os europeos .Posibilitar a participación dos cidadans con dereitos como o de Iniciativa (un millon de firmas dos 500 millons de cidadans)...
Parece claro que nos interesa apoiar este Tratado.Tamén para evitar o tratado de Niza que frena e supón un retroceso...Inda que só fora por eso(Porque non aprobar o tratado de Lisboa supón que se siga aplicando o retrogrado de Niza)..pensei que todos o íbamos aprobar...Pero equivoqueime. O BNG estivo en CONTRA...Estes que esixen que Europa dé solucions a moitos problemas,sea solidaria connosco,etc...Estes non están polo avance a construcción de Europa...As veces (os árbores non deixan ver o bosque)-as bandeiras non deixan ver ós cidandáns...

viernes, 4 de julio de 2008

A MADRID: CONGRESO FEDERAL

Marcho para Madrid.Ata o domingo estarei no Congreso Federal.Un Congreso no que vamos marcar as liñas para as políticas das próximas décadas....
Creo que vai ser a primeira vez na miña vida que non estarei na Feira do Viño do Ribeiro.UUn acontecemento importante para un veciño do Ribeiro.Un acontecemento que me tocou dirixir media ducia de anos...
No ano 89 que a fixemos noutra data (co consenso do sector:adegas,sindicatos,etc),sofrimos terribles ataques partidistas polo PP e ata neso xustificaron a primeira Moción de Censura da provincia ...Menos mal que cambiaron os tempos ( e a correlación de forzas).

jueves, 3 de julio de 2008

Reunión Permanente C.Provincial e Secretarios Comarcais


Reunión de traballo previa a reunión da Permanente do Consello Provincial,que se reuniu pola tarde na Sede...Estiveron tamén os Delegados...
A última hora a Ministra ourensá de Medio Ambiente,Medio Rural e Marino, estará en Ourense para visitar as instalacions da Sede da nova Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
O mesmo tempo continúa as Xornadas sobre o Tren de Alta Velocidade,na que altos responsables e especialistas falan sobre a chegada a Ourense do AVE.