sábado, 31 de octubre de 2009

GURTEL EN OURENSE

Quero loubar nesta ocasión a profesionalidade dun diario galego que é o único que informa sobre a extensión a Galicia da rede de corrupción do Pp por toda España.Non será porque non haxa outros diarios en Galicia.Nin será que o asunto non sexa de interés informativo.Nin que sexa bó para a saúde democrática.
Onte mesmo fixemos unha valoración en relación con que nas investigacions xudiciais aparece como que a rede de corrupción do PP tiña unha terminal na provincia de Ourense.Nin máis nin menos o xerente e responsable das contas na provincia en todos os 20 anos nos que Baltar é presidente provincial aparece nos contactos.
O PP de Ourense non explica por qué aparece,que relación tiña o Pp coa trama en España,qué relacions houbo entre o PP da provincia e un dos cabecillas o que foi secretario de organización en Galicia do PP.Unha boa ocasión para que o sucesor no cargo de Crespo, Rodriguez Mirinda, dése unha rolda de prensa.
Pero desto só Xornal de Galicia se atreve.Os demáis disimulando.

NOITE MEIGA EN RIBADAVIA

Unha actividade xa consolidada en Ribadavia.Un grupo de mozos da vila fai realidade cada ano hoxe sexa unha Noite Meiga.

martes, 27 de octubre de 2009

RECOMENDACION DE VISITA BLOG

As ocupacións amontónanse,por épocas.
Pero sempre hai que buscar un momento para visitar blogs como o da Plataforma Sí ó Parque Ambiental.
(evidentemente iste é un post publicitario)

miércoles, 21 de octubre de 2009

PLENO SENADO


Estamos a acabar este longo pleno: 25 preguntas, 4 interpelacions,4 mocions,tramitación de 6 textos lexislativos...
e un toque de humor de algo que vín no blog genoveses,que teño recomendado.

lunes, 19 de octubre de 2009

MAIS SENADO (3):Comisión Vivenda

Despois da comida (o menú do día no Senado é excelente),a Comisión de Medio Ambiente ETC, estivo con membros da Fundación do Xamón Serrano,que nos contaron as suas inquedanzas(non trouxeron a proba).
Logo participei na Comisión de Vivenda,nunha sesión de comparecencias sobre novas formas constructivas e novas tipoloxías de vivenda.
Participei nunha delas que foi simplemente xenial,por eso o cito.
Ricardo Perich i Durán, é o directer técnico de VIMUSA,que é a empresa pública de vivenda do concello de SABADELL.Impresionante o exemplo de Sabadell sobre o novo urbanismo,a nova vivenda.Vangarda de Europa vamos.
Son as nove da noite.Creo que merezo a cea.

MAIS SENADO (2) : debate Regadío Limia

Outra moción debatida foi sobre a Modernización dos Regadíos na comarca da Limia.Redactei unha emenda que foi aceptada polo que ,despois de diálogo intenso en especial co Bng e PP,acabou nun ACORDO unánime.¡Vaia algo de CONSENSO!
Na intervención deixei constancia da aposta persoal de Elena Espinosa(ministra de Ourense)por este proxecto para o regadío de 4.000 hectáreas,con 27 millons de inversión.Este proxecto terá o menor coste deste tipo de obras en toda España (maximo 10%).Despois de conquerir as Concesions de Aguas,queda firmar o Convenio xa pactado con Suarez Canal,e suscribir os Convenios particulares coas Comunidades de regantes.
Tal como establece o convenio do Ministerio(clausula 3f) haberá unha Comisión de seguimento entre SEIASA e os Regantes,e éstes participarán na elaboración dos proxectos,na execución das obras,na xestión.
Tamén nos comprometemos a que se coñeza o custe da aportación que teñen que facer os usuarios.
Os traballos durarán uns 18 meses (6 meses redacción proxectos e 12 meses de execución obras).Fixemos un chamamento a impulsar esta actuación para que canto antes este regadío sea modernizado (este é compatible por exemplo coa declaración de ZEPA). E ademáis suporá un gran aforro na xestión de case a metade(agora custalle uns 150 € por hectarea o rego por aspersión,con gasto de gasoleo que ademáis contamina).

SENADO: FARTURA DE ACTIVIDADE: debate moción concesión hidroeléctrica Santa Cristina

Hoxe tocou madrugón:as 5 da mañá saída da casa a Peinador.
Ben cedo,negociación de diversas mocións que se iban tratar na Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca.Houbo de todo.
Debatimos unha moción do BNG que pedía que se denegase a petición de concesión en Santa Cristina.Reproduciuse o debate da semán pasada no pleno. As peticions de calquera debe tramitarse con arreglo á dereito e dictarse resolución motivada,cumplindo a Directiva UE Marco da auga,a ley,a normativa de evaluación do impacto ambiental,tendo en conta os informes da Xunta e demáis,a planificación hidrolóxica.Polo tanto agora non pode rexeitarse unha solicitude en trámite,que xa foi informada negativamente pola consellería de medio ambiente no trámite previo a Declaración de Impacto Ambiental aínda sen presentar,que se someterá á información pública.Total...para quén non quere entender.Ata para rexeitar algo hai que facélo cando toque e coa lei na mán.
No medio Bouza deixou outra retaíla de manipulación da realidade,proxectando imaxes das obras de San Estebo cando falaba de Santa Cristina.E sacando novas falsedades que tiven que desmentir: no río Miño non se tramita nin se van autorizar NOVAS CENTRALES.
E na Ribeira Sacra tampouco se vai facer ningunha Central Nova.As que hai son dos anos 50 e 60.
Pero mentir é barato.
Ó final só o senador do Bng votou a favor (1),o resto en contra (22),e 2 abstencions solidarias(CiU e Mixto).
Deixo enlace de algunha documentación e procesos de información pública do proceso de confección do novo Plan Hidrolóxico da Conca miño-Sil.

domingo, 18 de octubre de 2009

EN DEFENSA DO GALEGO


HOXE OS GALEGOS SAIMOS Á RÚA EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA.
Fomos miles,diferentes ,unidos polo amor á nosa lingua.
Tal como fixemos nos anos 73-74-75....Comenzamos un camiño que non acabará ata que nos devolvan o respeto ó máis íntimo que temos .
Como fixemos hai moitos anos contra aquel militar que nos quixo erradicar aquelo que nos une a todos cantos vivimos e amamos Galicia.
NON GAÑARÁN.

viernes, 9 de octubre de 2009

FOLGA DE XUÍCES (artigo para a prensa)

Os xuíces conservadores realizaron onte unha convocatoria de folga convocados pola “Asociación Profesional de la Magistratura”, seguida por bastantes deles en Ourense.

É a segunda vez na historia ,as duas veces contra este goberno.

Deume a sensación que foi unha folga cunha profunda carga política partidaria.O momento escollido é unha clave.Alguns pretenderían colaborar nunha estratexia de acoso ó Goberno.

Por outra banda faise nun momento no que o Ministerio de Xustiza aporta a actitude máis dialogante. Pero o galego Francisco Caamaño non só pón díalogo na mesa.Pon plans de acción e dotacións económicas coma nunca.

Neste momento de dificultade económica anuncia 600 Millons de euros (100.000 millons de pesetas) para a modernización da Administración de Xustiza.

No 2010 aparte do incremento ordinario do Presuposto,destinaránse 218 millons ó plan estratéxico de modernización.

Co actual ritmo de creación de órganos xurisdicionais ,os gobernos socialistas a fin do 2012 terán creado 1.434 plazas de xuíces.

O ministro comprometeuse a reformar a lei de planta e demarcación para adaptar o mapa ás necesidades reais.

Durante os tres próximos anos convocaranse 750 novas plazas de xuíces (250 por ano).

Crearanse 800 novas plazas de Secretarios Xudiciais e 450 novas plazas de Carreira Fiscal.

No 2010 os Presupostos prevén crear 200 novas unidades xudiciais das que 50 serán xuíces de adscripción.

Tamén se prevé a maior inversión en Novas Tecnoloxías para a Xustiza da nosa hestoria.No 2010 destinaranse 150 millons de euros só ás novas tecnoloxías na xustiza.

Un amplo consenso parlamentario permitíu fai dous días que aprobaramos no Senado a nova Oficina Xudicial .eso implicará xulgados máis eficientes,concentración de recursos económicos e humanos,racionalización do servicio público de xustiza,mellor servicio ó cidadán e mellor forma de traballar para xuíces e maxistrados.

Polo que teño visto o Goberno xa tén asumido as principales demandas plantexadas no proceso de diálogo con este colectivo: dende medidas de conciliación da vida laboral e familiar,sistema de vacacions ata axenda de señalamientos e outros.E o proceso de diálogo está ABERTO coas asociacions máis representativas.

Por eso a pregunta é ¿Por qué houbo a folga?¿Por qué agora?

Resultoume curioso que sea Ourense o lugar de España onde tivo máis éxito esta convocatoria da asociación máis conservadora.Sen dúbida a resposta o que define moi ben é quén administra xustiza na provincia. Témome que moitos cidadans pensen que a Xustiza en Ourense leva moitas décadas en folga.

martes, 6 de octubre de 2009

Pleno Senado:intervención Moción conca Miño-Sil

Hoxe debateuse pola noitiña unha mocion na que se pedía que se realizaran un Estudos sobre os aproveitamentos no Miño-Sil e a paralizacion cautelar agora e logo definitivas de todo tipo de concesions.
O senador Pérez Bouza,do grupo Nacionalistas,intervíu para descalificar e menospreciar as intervencions de dous senadores por Ourense,antes de que faláramos. En lugar de expoñer as súas posicions adicouse a descalificar ós que íbamos intervir despois....
A proposta do Bng non tiña ningún rigor. Nun estado de dereito,os actos administrativos son reglados.Non pode decirse que non se da unha concesión por un informe dun tñecnico ou un consulting.
Por eso lle expliquei que a mellor fórmula de regular os usos é o PLAN HIDROLOXICO da Conca do Miño-Sil. Ese instrumento tén caracter normativo,básase en estudos técnicos rigurosos,recolle o que hai coas incidencia no medio e planifica os usos futuros.
A Confederación Miño-Sil,que naceu da decisión do goberno socialista,(con sede en Ourense) tén xa un documento de Plan da Conca,debatiuse cos sectores sociais,estivo 6 meses a informacion pública.Espero que pronto sexa aprobado polo Goberno.
Nesa planificación non caben NOVAS centrales.
Nesa planificación non caben explotacións non respetuosas co medio ambiente.
Hai algún caso que non conta co informe favorable das Administracions ,como é o caso de Santa Cristina,non prosperarán.Pero debe facerse con base legal e con actos que teñan plena seguridade xurídica.Non con chapuzas como a proposta do Bloque.
Sinaleille que o goberno xa tramitara 29 expedientes dictanto a Caducidade de concesions,como forma de ir recuperando dereitos obtidos noutra época.
"A demagoxia nunca é de esquerdas",pechei.

viernes, 2 de octubre de 2009

HOXE :AXENDA DE INFARTO

Vaia día:
Hoxe levanteime as 5 da mañá para voar a Madrid a unha reunión de traballo sobre os Presupostos.
Agora intento regresar cun retraso de máis de unha hora.Algo debeu pasar no avión que nos debía levar a Vigo.
Logo irei a Ourense para dar a Roda de Prensa valoración dos Presupostos 2010 para a provincia en compañía de Alberto tamén Fidalgo.
Terei que sair a correr cara a Santiago onde teño unha sesión de traballo dos coordenadores dos Cursos da escola de Formación do PSdeG.
Axenda de executivo ...