lunes, 28 de julio de 2008

NOVA ETAPA


Os delegados aprobamos o novo equipo que nos propuxo o secretario xeral...

Eu NON estarei nel . Entendo que debo adicarme especialmente ó cargo de Senador:por algo fun o candidato máis votado da hestoria na provincia con 82.296 (o máis votado na cidade con 26.227)(o primeiro do censo Cera con 9.457)...

Fixen o posible para que o novo equipo tivera o máximo apoio na votación da CENG,C.N.,C.F. e C.E...

Boa parte dos obxetivos que levábamos atoparon resposta.

No que eu traballei salgo moi satisfeito.A nova reorganización do partido e o novo modelo do partido,con cuestions como a creación dos órganos provinciais, oficiñas parlamentarias e outros instrumentos para estar próximos os cidadans, o apoio as agrupacions e ó traballo dos militantes,as organizacions sectoriais,o traballo coas asociacions,o traballo sindical e coa xente moza (cousas recollidas das bases)...Todo tivo unha resposta satisfactoria...

A provincia avanza de forma "cualitativa",inda que sempre se aspira a máis.O importante agora é dar motivos para contar co máximo apoio dos cidadans nas próximas Eleccions.


domingo, 27 de julio de 2008

CONGRESO



Fin de semán en Santiago,no 11 Congreso do PSdeG-PSOE.

A noite foi longa.

A xestión da Executiva saíu aprobada con cen por cen dos delegados que votaron.

Pola tarde eleximos ó Secretario Xeral.Emilio P.T. quitou o 97,37% dos votos.

A Comisión de estatutos, na que participei,acabou as 12,45 da noite...Todo un récord...Outros Congresos o máis cedo para rematar era as 4 da mañá.E aínda máis acabou con consenso nas más de 500 emendas que tratamos....

Despois de estar pechado tantas horas,non sei como vai o OUTRO.....A noite é longa.Os bares da zona do congreso todos pechados.

miércoles, 23 de julio de 2008

As Portas do 11 Congreso Galego

Neste fin de semán celebraremos o 11 Congreso do PSdeG-PSOE en Santiago.Levamos meses traballando nel.Dende a redacción da Ponencia Marco,o seu estudo polos militantes,o debate das emendas nas Asambleas das agrupacions municipais,a elección dos delegados que nos representen....
Nestes días sempre me acordo dun xeito especial das compañeiras-os que corren coa tarefa de montaxe,organización dos hoteis,comidas,administrativo,redacción,e un extenso etcétera.
En fin.Acaba unha etapa.Empezará outra.
Novas propostas, novas ilusions,novas metas...e tamén novas caras.
Pola miña parte,xa son ,creo,que vintecinco anos en activo....En múltiples e diversos cargos públicos que abarcan xa tódalas administraccions ...recentemente como senador pola provincia de Ourense.
Como militante tamén fun elexido para tódolos cargos a nivel galego.Pero permítome lembrar dun xeito especial estes útimos seis anos intensos na organización provincial de Ourense.Foi apasionante (e duro) facer renacer o partido na provincia.De menos a máis.De pouco a moito.Onde non había cáseque nada (apenas unha sede en ruinas e a venda,sen persoal,sen equipos,sen estructura algunha e en lío permanente)os socialistas pa provincia foron capaces de facer renacer agrupación a agrupación,grupo municipal a grupo municipal,a estructura social e sectorial que nos apoia,unha estructura electoral potente.Os socialistas ourensáns teñen o mérito de contar cunha organización ganadora,que goberna trinta concellos (vintetres alcaldes),a punto de conquerir a deputación,co maior crecemento electoral da hestoria,cos mellores resultados en tódalas convocatorias.Pero tamén unha organización cohesionada cunha capacidade de acción moi potente...pero que o mesmo tempo é unha gran familia,miles de amigos que compartimos ideales e ilusions.
Coas novas caras que saian aínda melloraremos máis.

Enlace Balance 100 días Gobierno

Enlace imaxes TVE acto 100 días Gobierno

rtve.es/noticias - Zapatero advierte que el límite a las propuestas económicas son "los derechos sociales"

martes, 22 de julio de 2008

MADRID:Cen días de Goberno/Día de Galicia

Estou na T4.Volvo a Galicia.
Estiven en Madrid...A Casa de Galicia foi o lugar no que quedamos para celebrar o noso Día.Estivo o Presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento,Conselleiros de Economía (tivo unha longa tarde de traballo con Solbes sobre a financiación autonómica),de Presidencia,de Traballo(tamén coa cabeza en que o congreso vaia ben),de Educación...Pero sobre todo Galegos e Amigos de Galicia na capital do Reino.Alfonso Sobrado Palomares garantiza que todo vai ben .Volvín a ver despois de bastante tempo a José Luis Cuerda,que continúa brindando bós traballos para a hestoria do Cinema, sen olvidarse de facer un dos mellores Viños do Ribeiro.
Fixen compatible esta actividade coa presenza e calor(por certo vaia calor) no teatro da Casa de Campo no que José Luis Rodriguez Zapatero deu conta, no noso nome,dos CEN DÍAS do novo Goberno de España.Unha nova etapa que é a máis productiva da hestoria da nosa democracia para ese período de gracia que se acostumbra a dar.Cecáis é productiva pola continuidade do proxecto.E máis méritoria pola situación dificultosa na que se produce.
Por citar un exemplo,nesta etapa licitouse máis obra do Tren de Alta Velocidade a Galicia que nunca.Claro agora é máis fácil porque o goberno precedente fixo o que antes non se fixera.Tomar a decisión de facélo,para empezar-facer o estudo informativo-facer as declaracions de impacto ambiental( o AVE galego adica a terceira parte do presuposto a restaurar e manteñer o medio ambente)-facer as expropiacions-facer os proxectos constructivos-licitar e contratar as obras-executalas e poñelas en servicio....e moito traballo que queda no medio.
E nestes días contrataronse tramos do AVE a Ourense por valor de 225 Millons de euros...
A oposición do PP e BNG siguen decindo que a obra do AVE non se fai...negando o que se ve: o Ave Atlántico e o Ave Ourense Santiago con todolos tramos ou rematados ou en obras...O AVE a Madrid con parte en funcionamento, e o resto ou en Obras ou en Licitación ,e unha menor parte en Proxecto tamén.(Xa todo en obra ,licitado ou proxecto).
Mentras alguns seguen escrebindo páxinas cada día poñendo en dúbida o que con sólo subirse a un avión se vé: que unha extensa raia da Alta Velocidade vai dende Madrid a Ourense-A Santiago etc.

sábado, 19 de julio de 2008

MOSTRA DE TEATRO

Hoxe comenzou a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.Un acto sinxelo ó que asistín,suando a gota gorda polo sol que nos daba en toda a cara...A Conselleira de Cultura,Anxela Bugallo,co subdelegado Camilo Ocampo,o alcalde Marcos Blanco, o concelleiro de Cultura,interviron antes do pregón de María Bouzas.
Todalas miradas ,todo o afecto foi para Rubén polo seu traballo nos 25 anos e 24 edicions desta Mostra.
Antes do viño de rigor ,a cofraría do NON veu cos carteis e berros, a dar a súa nota como fan en tódolos actos importantes que hai en Ribadavia.E a súa contribución particular para estropear o mellor que temos no Ribeiro.Algunha vez alguén se fartará.

jueves, 17 de julio de 2008

de hospital

Istes días vivimos no hospital.Un trombo pulmonar trouxo a miña nai para a Residencia.Levamos unha semá.De proba en proba.Conversas cos médicos.Dormir algunha noite.Darlle de comer..
No hospital coincides con moita xente coñecida.As veces coñecidos que hai anos que non vés.
E unha ocasión tamén para compartir problemas e dor.

martes, 15 de julio de 2008

Aprobación Tratado de Lisboa

De novo no Aeroporto...
Hoxe tivemos pleno extraordinario para someter a aprobación o Tratado de Lisboa...A situación creada polo bloqueo do que iba ser a Constitución Europea (ogallá poida sair adiante algunha vez), fixo que Europa fixera unha norma para gobernarse,que permita que as institucions europeas funcionen eficazmente nun mundo no que é necesaria a nosa actuación a nivel mundial.Pero tamén supón aprobar unha Carta de Dereitos da Unión. E supón a mellora da Democracia Europea, unha política Exterior,a mellora da Seguridade,unha politica Enerxética,a Loita contra o Cambio Climático,potenciar o parlamento europeo,garantizar a cercanía ós administrados coa aplicación do principio de subsidiariedade que potencia os poderes locales e autonómicos.Avances na igualdade entre os europeos .Posibilitar a participación dos cidadans con dereitos como o de Iniciativa (un millon de firmas dos 500 millons de cidadans)...
Parece claro que nos interesa apoiar este Tratado.Tamén para evitar o tratado de Niza que frena e supón un retroceso...Inda que só fora por eso(Porque non aprobar o tratado de Lisboa supón que se siga aplicando o retrogrado de Niza)..pensei que todos o íbamos aprobar...Pero equivoqueime. O BNG estivo en CONTRA...Estes que esixen que Europa dé solucions a moitos problemas,sea solidaria connosco,etc...Estes non están polo avance a construcción de Europa...As veces (os árbores non deixan ver o bosque)-as bandeiras non deixan ver ós cidandáns...

viernes, 4 de julio de 2008

A MADRID: CONGRESO FEDERAL

Marcho para Madrid.Ata o domingo estarei no Congreso Federal.Un Congreso no que vamos marcar as liñas para as políticas das próximas décadas....
Creo que vai ser a primeira vez na miña vida que non estarei na Feira do Viño do Ribeiro.UUn acontecemento importante para un veciño do Ribeiro.Un acontecemento que me tocou dirixir media ducia de anos...
No ano 89 que a fixemos noutra data (co consenso do sector:adegas,sindicatos,etc),sofrimos terribles ataques partidistas polo PP e ata neso xustificaron a primeira Moción de Censura da provincia ...Menos mal que cambiaron os tempos ( e a correlación de forzas).

jueves, 3 de julio de 2008

Reunión Permanente C.Provincial e Secretarios Comarcais


Reunión de traballo previa a reunión da Permanente do Consello Provincial,que se reuniu pola tarde na Sede...Estiveron tamén os Delegados...
A última hora a Ministra ourensá de Medio Ambiente,Medio Rural e Marino, estará en Ourense para visitar as instalacions da Sede da nova Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
O mesmo tempo continúa as Xornadas sobre o Tren de Alta Velocidade,na que altos responsables e especialistas falan sobre a chegada a Ourense do AVE.

jueves, 26 de junio de 2008

OUTRA MAIS DOS ULTRAS DO PP coa colaboración necesaria do Bng

O PP do Ribeiro está controlado polos talibáns máis sectarios do PP provincial...Así se demostrou onte na convocatoria do Grupo de Desenrolo Rural 9 que vai xestionar o Leader ata 2013...Non quixeron votación, nin democracia.Crearon unha xestora os alcaldes do Pp,sen contar cos demáis,presidida polo alcalde de Leiro,que as veces se quere DISFRAZAR de demócrata. E non andiveron con lerias...simplemente NON DEIXARON ENTRAR ma reunión os que non eran deles...para así gañar a votación na elección da Xunta Directiva...
O estrano é que o presi da Xestora, Paco o "demo-crata", tivera este comportamento.
E tamén estrano o comportamento do BNG. Porque o que "mece a cuna" é Roxelio. E que o Bng lle dé pleno control para gastar o diñeiro do Leader a Roge, é para persignarse.
Pero ¿non eran os do Bng os que meteron no xulgado a Roge por usar mal o diñeiro do leader na Arnoia?...

OS PRINCIPIOS DE GROUCHO

Asombranme as declaracions do Presidente do PP sobre as Mocions de Censura de Trives e Calvos de Randín destes días.Hoxe quero resaltar a FALTA DE PRINCIPIOS do presidente do PP, xustificando as Mocions de Censura con Transfugas,para recuperar as Alcaldías que o PP perdeu nas urnas,despois de décadas do goberno do PP.
A altura ÉTICA do Sr. Nuñez Feijoo queda por debaixo da do Sr.Baltar,que xa é case inexistente.
Por outra banda o Sr. Nuñez Feijoo FALSEA os feitos, polo que perde a mínima credibilidade a que podía ter dereito.
¿Como pode ser candidato nas eleccions autonómicas quén falsea feitos tan claros como o que dice un rexistro público de entrada do Concello,onde queda claro que os tránsfugas de Trives se deron de baixa antes de apoiar ó candidato do PP e polo tanto abrirselle o expediente?.
E ¿como pode ser candidato para gobernar a Xunta quen legitima unha operación de piratería política para captar transfugas e roubarnos a Alcaldía de Calvos de randín,despois de que os veciños nos deran a Maioría Absoluta?.
¿Como o presidente do PP pode xustificar as operacions de Trives,Calvosde Randín, como fixeron en Verea,Porqueira…e todo o longo mapa de captación de transfugas que tén caracterizado o mandato de Baltar na presidencia do PP de Ourense, que meteu a provincia no mapa das vergonzas e dos escándalos de España ¿.
Por elo, o feito de que Ñuñez Feijoo se arrodille ante as falcatruadas do PP lle quitan toda lexitimidade para falar de futuro, lle quitan calquer credibilidade para falar de honor e ética.O Sr. Nuñez Feijoo ven de retratarse .Vaia aspirante á máis alta representación institucional de Galicia.O nivel non da nin para pedáneo da última aldea da provincia.

Diario Sesions SENADO(sen que sirva precedente)

RESPOSTAS Ministra AVE:
— DE D. JOSÉ MANUEL PÉREZ BOUZA, DEL
GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO, SOBRE SI EL
GOBIERNO ESTÁ EN CONDICIONES DE AFIRMAR
QUE EL TRAMO DE ALTA VELOCIDAD
FERROVIARIA ENTRE LUBIÁN (ZAMORA) Y
OURENSE ESTARÁ FINALIZADO Y EN FUNCIONAMIENTO
EN EL AÑO 2012 (S. 680/000049).
El señor PRESIDENTE: Pregunta del senador Pérez
Bouza.
Tiene la palabra, señoría.
El señor PÉREZ BOUZA: Gracias, señor presidente.
Buenos días, señorías.
Señora ministra, las obras que permitirán la llegada de
la alta velocidad ferrovial a Galicia acumulan un retraso
injustificable para la sociedad gallega. Además del Eje
Atlántico Ferrol-frontera portuguesa, para Galicia resulta
fundamental la conexión de la red ferroviaria gallega de
alta velocidad con el resto de los territorios del Estado y
de Europa. A este respecto, es crucial acelerar el inicio de
las obras en los tramos Zamora-Lubián y Lubián-Ourense
para que la llegada del AVE a Galicia se produzca en el
año 2012, a lo que se comprometió el presidente del
Gobierno, Rodríguez Zapatero.
Señora ministra, usted dijo hace fechas en una comparecencia
en el Congreso de los Diputados que se le ponían
los pelos de punta cada vez que le preguntaban por los plazos
del AVE. No sabe cómo lo siento, pero imagínese
cómo se le ponen los pelos a los gallegos cada vez que
comprueban que usted se niega a comprometer con rotundidad
una fecha para la llegada del AVE a Galicia. Señoría,
como representante de los ciudadanos de Galicia, mi
obligación es preguntarle y la suya, como ministra, contestar
con claridad. Por eso, por mucho que a usted no le
guste, el Bloque Nacionalista Galego una vez más le pregunta
si con los datos de que dispone en la actualidad el
Ministerio de Fomento en la relación con las distintas
fases por las que pasa la construcción de una línea de AVE
antes de que circulen los trenes, el Gobierno está en condiciones
de afirmar que el tramo de alta velocidad ferroviaria
Lubián-Ourense va a estar finalizado y en funcionamiento
en el 2012, de forma que la conexión de Galicia
con la meseta esté operativa en dicho año.
Muchas gracias.
El señor PRESIDENTE: Gracias, señoría.
Tiene la palabra la ministra de Fomento.
La señora MINISTRA DE FOMENTO (Álvarez Arza):
Gracias, señor presidente.
Señoría, como usted me pregunta, me reafirmo y le repito
los datos que obran en la actualidad en el Gobierno, en
relación con el tramo de alta velocidad Lubián-Ourense y
la conexión ferroviaria de Galicia con la meseta, los
compromisos públicamente adquiridos por el Gobierno
durante la pasada legislatura. Le recuerdo que fue en
febrero del 2007 cuando nos comprometimos a que, en
un horizonte de entre cinco y seis años, estuviera en servicio
dicha conexión. Y así será: en el horizonte de 2012.
Muchas gracias, señor presidente.
El señor PRESIDENTE: Gracias, señora ministra.
Tiene la palabra su señoría.
El señor PÉREZ BOUZA: Gracias, señor presidente.
Ya veo por su respuesta que sigue sin querer comprometer
una fecha concreta para la terminación de las obras del
AVE del tramo Lubián-Ourense. Eso, a juicio del Bloque
Nacionalista Galego, solo puede ser debido a dos razones.
Una, que efectivamente el Ministerio de Fomento esté tra-
— 354—
SENADO-PLENO 25 DE JUNIO DE 2008 NÚM. 9
bajando sin ninguna fecha concreta para terminar las
obras, lo cual sería grave; otra, que tengan ustedes una
previsión que no quieran revelar porque se aleja de la
fecha comprometida en la campaña electoral por el presidente
Zapatero, lo cual es aún más grave porque quiere
decir que mienten a los gallegos.
En cualquier caso, lo que queda claro en su respuesta es
la falta de compromiso del Gobierno del Estado y de usted
misma con la ejecución de una de las infraestructuras más
importantes para que Galicia pueda caminar con paso
firme por la senda del desarrollo.
Señora ministra, me habla usted del horizonte del 2012.
Mire, el horizonte es infinito. Con eso no tranquiliza usted
a los ciudadanos de Ourense y del resto de Galicia ni, por
supuesto, al Bloque Nacionalista Galego. Además, usted
sabe que, con el ritmo que lleva el proceso de ejecución y
con el poco compromiso que usted demuestra, es materialmente
imposible que pueda circular un tren de alta velocidad
desde Galicia hasta por lo menos el 2015.
Sea usted valiente, señora ministra, y dígaselo con claridad
a los gallegos. En cuanto no sea así, el Bloque
Nacionalista Galego seguirá demandándole insistentemente
un compromiso más firme de su ministerio y de su
Gobierno. Pero, además, le demandamos el compromiso
de acelerar al máximo los trámites previos al comienzo de
las obras y que el porcentaje de ejecución de las partidas
presupuestarias se acerque lo más posible al cien por cien.
Gracias, señor presidente.
El señor PRESIDENTE: Gracias, señoría.
Tiene la palabra la ministra de Fomento.
La señora MINISTRA DE FOMENTO (Álvarez Arza):
Gracias, señor presidente.
Señoría, por la sonrisa de los senadores habrán comprendido
por qué se me ponen los pelos de punta cuando
ustedes me preguntan por una fecha porque, aunque se la
dé, ustedes dicen que no se la he dado. Le agradezco
mucho que cualquier frase que yo diga tenga tanta resonancia
en esta Cámara y en el Congreso de los Diputados.
No creo que al decir que se me ponen los pelos de punta
haya empleado una frase que no sea de uso habitual entre
los españoles, pero no se preocupe: trataré de hablar en
ese lenguaje que nadie comprende que es, por ejemplo, el
que usted ha utilizado. Le doy una fecha y dice que no le
doy la fecha. Dice que hay retrasos injustificables, cuando
sabe perfectamente que el retraso es totalmente imputable
a los ocho años de gobierno del Partido Popular. (Fuertes
protestas en los escaños del Grupo Parlamentario Popular.)
Dice que aceleremos las obras, cuando ya las hemos
acelerado.
Señoría, todos los tramos de la línea de alta velocidad
entre Madrid y Galicia se encuentran o en servicio o en
obra o en proyecto. Solamente, señoría, hay 9 kilómetros
del acceso a Ourense que lo está en estudio porque en
enero de este mismo año han pedido que modifiquemos el
trazado.
Señoría, hay que ser coherente. Cuando se pide que se
modifiquen los trazados, lo que se está diciendo es que
haya retrasos, porque hay que volver a rehacer toda la tramitación,
y con esto no le estoy diciendo, señoría, —no
estoy hablando como usted—, que los vaya a haber, sino
que hay que ser coherente con lo que se pide, con lo que
ese plantea, para después exigir al Gobierno determinados
resultados.
El ritmo imprimido por el Gobierno avala el cumplimiento
de nuestros compromisos —lo sabe perfectamente—
en todos los tramos: Madrid-Valladolid puesto en servicio,
y lo recibimos al 31 por ciento de la ejecución; en el tramo
de Valladolid u Olmedo y Santiago de Compostela hemos
iniciado las obras en un 44 por ciento, y todas las hemos
iniciado nosotros, el Gobierno socialista, durante la pasada
legislatura, y el resto, el 56 por ciento, se encuentra en
proyecto.
En definitiva, señoría, los gallegos pueden estar tranquilos
con la llegada del AVE a Galicia porque el Gobierno
socialista va a hacerlo realidad.
Muchas gracias. (Aplausos en los escaños del Grupo

martes, 17 de junio de 2008

AS VECES HAI QUE PEDIR PERDÓN

As veces convén pedir perdón.As veces ata estás obrigado a pedir perdón.
As persoas e tamén os colectivos temos que mirar de fronte á dignidade.E pedir perdón sen máis.Sen explicacions.Sen xustificacions que o estropeen.
Mañán, eu.Mañán,nós.Pode que teñamos que pedir perdón .Sen explicacions,nen xustificacions que o estropeen.
Mañá pode que teñamos que pedir perdón a democracia.Sen culpa.
As veces despois de moito loitar por algo,perdes.
As veces hai xente que lle pasa algo que non merece.
O perdón non é ós prepotentes.Nin os que van sobrados.Nin os cómplices.Nin ós que se frotan as mans nas guerras.Nin os que as propagan.Nin para os cobardes.Nin para os traidores.
O perdón é para as almas limpas.As que aínda queden...

domingo, 15 de junio de 2008

NA BLOGOSFERA

Moitos son xa os cargos que contan con Blog...entre eles está este, sobrevivindo na Blogosfera
(apartado institucional de)

jueves, 12 de junio de 2008

CAIGA QUIEN CAIGA EN CALVOS




Pasanme unha foto que demostra que os reporteiros de" Caiga Quien Caiga"(que ben lle vai o nome) estiveron en Calvos de Randín.










martes, 10 de junio de 2008

SENATUS POPULUSQUE HISPANIS

De novo estamos no Pleno do Senado...madrugon,viaxe...
Pola mañá diversas reunions de mesas de comisions...reunion de grupo socialista...unha comida rápida e longa sesion plenaria...debate e votacion,debate e votacion....As contas son xustiñas..calquer descuido,calquer erro e perder unha votación...
Hoxe tamén xoga España.Nada menos que con Rusia...Noutros tempos menuda se armaría.Poñeriase en xogo a dignidade nacional.
Mentras lle dan o balón ,no plenario sucedense as intervencions.Do tema da Inmigración(Entesa), ás Políticas de Emprego(PP),as políticas de Enerxía(PP)....ata a Financiación dos Concellos (PSOE).
Mañá o goberno dará contas...dende o Presidente a diversos Ministras-os.(Qué gañe España).

viernes, 6 de junio de 2008

PLAN GALEGO CONTRA CAMBIO CLIMÁTICO




O Presidente da Xunta, co Conselleiro de Medio Ambiente,presentaron no HOSTAL dos Reis Católicos o Plan Galego contra o Cambio Climático.

Un exemplo no resto de España: un plan de TODO o Goberno de Galicia,de tódalas consellerías para loitar contra o cambio climático e cumprir alícuota parte que lle toca os galegos.

Ver web consellería.




sábado, 31 de mayo de 2008

NO RIBEIRO


Hoxe mantivemos unha reunión de Traballo dos Portavoces e Alcaldes (SETE XA) das comarcas do Ribeiro e Carballiño, cos delegados Provinciais das Consellerías.

Cedo,para ser sábado,empezamos a traballar.As doce explicamos,en Rolda de Prensa o contido da reunión.

jueves, 29 de mayo de 2008

MOCION CONFIANZA EN CALVOS


Martes e Mércores estiven no Senado:Pleno con mocions,preguntas ó goberno etc..


Hoxe estivemos asistindo ó Pleno no que Aquilino (o alcalde elexido polos veciños) de Calvos, someteu a debate a súa xestión.

O Partido Popular e o tránsfuga NON asistiron. Medo ó debate,a confrontar ,a que lle desmontaran as súas mentiras como fixo Aquilino no pleno, unha a unha.

O alcalde e concellais socialistas tiveron o apoio dos cargos públicos socialistas(parlamentarios en madrid,galegos,delegados consellerías....alcaldes e portavoces),pero sobre todo tiveron o da XENTE, os veciños que os elexiron,con aplausos,ánimo,con calor....O pequeno salon,os pasillos,a entrada e a praza diante do concello encheuse de xente honrada que reclamaba respeto para o seu voto.

Os cobardes non viñeron.Polo mañá xa habían consumado o seu golpe a democracia,o roubo dunha alcaldía perdida nas urnas,nas eleccions municipais.Un roubo con trama repetida de anteriores casos (Verea,Porqueira...).O cerebro: o de sempre.Os últimos coletazos do CACIQUE trainos estas cousas. Unha vez máis a provincia vai ser obxeto de vergoña no resto de España.

viernes, 23 de mayo de 2008

REUNION COMARCAS VERIN E LIMIA

Hoxe estivemos no Parador de Monterrei para ter a Reunión Comarcal das Comarcas da Limia e Verín. Primeiro o grupo da Deputación e logo os delegados provinciais...Os alcaldes e portavoces poideron coñecer as liñas de actuación,e pedir aclaracions,facer suxerencias e dar opinions...
Tamén houbo numerosas ASAMBLEAS das agrupacions municipais na provincia...entre elas a de Ourense cidade (con cena e festa ó remate).
E MÁIS CALVOS : o Alcalde comprométese a ser sustituído por outro concellal mentras se negocia un acordo de goberno que dé estabilidade para xestionar o mandato dos veciños de levar adiante un goberno de cambio.E comprométese a someterse ante o Pleno a unha MOCIÓN DE CONFIANZA na que se debata a xestión do goberno municipal nestes 11 meses...
Se o concellal que se pasou ó grupo de NON-ADSCRITOS non se une ó PP ,é unha proposta razonable.

jueves, 22 de mayo de 2008

ASAMBLEAS CONGRESOS GALEGO E FEDERAL

A pesar do proceso de Golpe contra a Democracia de CALVOS DE RANDÍN, a vida sigue....
Estes días celebramos as Asambleas para elexir os Delegados ó Congreso Nacional Galego (11º) e os representantes que elexirán os delegados ó Congreso Federal...

lunes, 19 de mayo de 2008

REUNION COMARCAS CELANOVA E BAIXA LIMIA

Hoxe tivemos a reunión comarcal cos portavoces e alcaldes da comarca de Baixa Limia e Celanova:
-Reunión co Grupo da Deputación.
-Reunión de traballo cos Delegados Provinciais das Consellerías.
Alternativas e Propostas pensando no desenrolo e futuro destas terras...

Previamente reunión coa Executiva Local de Celanova.
De postre de novo reunión cos compañeiros de CALVOS.
Van contar co calor e solidariedade de tódolos SOCIALISTAS...E creo que tamén da maioría dos cidadáns da Provincia.
Creo que estes comportamentos contan co RECHAZO RADICAL da maioría dos votantes do PP, e incluso diría da maioría dos CARGOS do PP...O que paso é que o que manda é case o único que está a favor (aínda máis é o PAI da criatura)...

sábado, 17 de mayo de 2008

CELANOVA-RAIGAME

Hoxe estivemos cos compañeiros da comarca na Romería Raigame en VILANOVA.Vila bonita,prima irmá de Ribadavia,coa que me sinto cercana...Temos tantas cousas en común...
Pola tarde tivemos reunión cos compañeiros de CALVOS DE RANDÍN, que afrontan con valentía e saber estar, esta canallada do PP,esta nova "porqueirada" de Baltar...
Dende logo os socialistas de Ourense vamos actuar para defender os compañeiros...E os do PP van sabélo...E Baltar, ese decimonónico personaxe que mancha a honra desta provincia,vámoslle facer unha despedida(VAITE XA) como merece...Irase con deshonra (como mandou) .Probablemente non tanta como merce quén regalou o maior terreno da cidade de Ourense (que outros presidentes anteriores conseguiron para o patrimonio público) a uns particulares dándollo por menos da DECIMA PARTE do seu valor.¿Onde quedaron as outras ) partes do valor da Finca?....Irase sen explicar por qué a Deputación queda con !.200 persoas(un tercio funcionarios,un tercio indefinidos,un tercio temporales)...Con todos os cadros ordenados xerárquicamente según a importancia no organigrama do PP: os dos cargos importantes grupo A...os de alcaldes ,as que son donas ou fillos de no grupo B ou C , os parentes mais lonxanos grupo D, os simples carrexadores grupo E...

viernes, 16 de mayo de 2008

BALTAR COCE MOCION DE CENSURA CON TRANSFUGAS

Hoxe revélase que Baltar se reuníu cun transfuga do Partido Socialista en Calvos de Randín e os 4 concellais que perderon as eleccions municipais en CALVOS DE RANDÍN.
A intención é clara: dar un GOLPE contra a decisión democrática dos veciños de elexir para Alcalde a Aquilino Valencia,o candidato do PSdeG-PSOE.
Despois de décadas de gobernos caciquiles, os que foron alcaldes do PP iban na lista e perderon...Os veciños apostaron polo CAMBIO.
Agora Baltar arrastra os seus últimos meses (dixo él que se iba) facendo que a provincia de Ourense sea de novo noticia de escándalo no resto de España.
A Moción de censura fixeronlla os veciños os do PP, fixeronlla a Baltar na capital eoutros 30 concellos da provincia,fixéronlla a Baltar nas pasadas Eleccions Xerais (a maior baixada do PP-a maior subida do PSOE).

miércoles, 14 de mayo de 2008

RECEPCION CONSTITUCION CORTES XERAIS


Fanme chegar este testimonio gráfico sobre a recepción que houbo por SSMM despois do Solemne Acto de Constitución das Cortes Xerais...O linguaxe iste aínda se me resiste

SENADO-CONTINÚA

Seguimos no Senado.
Máis iniciativas ,máis debates,preguntas,etc.
Por certo xa se definiu o meu papel por agora:
Secretario 1º na Mesa da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura,Pesca.
Secretario 1º Mesa da Comisión de Peticións.
Membro da Comisión de FOMENTO.
Membro da Comisión de Vivenda.

martes, 13 de mayo de 2008

13 MAIO-ZAPATERO

Hoxe temos Pleno no Senado.
O Presidente do Goberno visítanos, con TODO o Goberno, para presentalo ante a Cámara Alta.Máis talante.
Unha novedade máis do presidente Zapatero,de comparecer para presentar o Goberno e as súas liñas de actuación.
Unha nova lección de política.
Pola oposición,nesta Cámara nótase tamén un estilo tranquilo....Supoño que tamén polo momento especial de "¿CRISIS ou DESACELERACION?" do P.P.

domingo, 11 de mayo de 2008

COMITÉ NACIONAL CARA O CONGRESO

Hoxe o Comité Nacional Galego aprobou as normas e calendario para o 11 Congreso do PSdeG...Un Congreso para acadar a máxima confianza dos galegos-as para dirixir o Goberno de Galicia,con máis forza aínda despois das próximas Eleccions...

viernes, 9 de mayo de 2008

DIA DE EUROPA / VISITA TOÉN

Hoxe tivemos unha importante Sesión Informativa, con motivo do Día de Europa, na sede provincial...Os Fondos Europeos troxeron a maioría do progreso en provincias coma Ourense...E aínda temos 5 anos para os que temos que prepararnos polo ben dos nosos pobos e comarcas...Deso falamos.

Logo invitáronme os da agrupación de Toén...Alí falamos de plans e estratexias.Falamos de proxectos para o seu concello.Os socialistas de Toén, PREOCUPANSE do progreso e actuacions dos gobernos nos seus pobos...E tamén deso se OCUPAN...