viernes, 16 de julio de 2010

MOSTRA: INAUGURACION


Hoxe será o Pregón e acto de Inauguración da Mostra Internacional de Teatro.En Ribadavia.
O Festival máis importante e con máis tradición de Galicia.
Un lugar de encontro da cultura galega. Un encontro da xente máis inqueda da nosa terra. Dende o ano 69 é así. O foi na dictadura .Volveu a ser nos tempos democráticos.Xente da escasa dereita intelixente así o viu dende aquela Xunta que dirixía Barreiro. Cada ano foi aumentando o ipc a axuda do goberno galego.En época progresista un pouquiño máis.Pero sempre foi medrando....
Ata que chegou Feijoo (con Roge da mán)...e mandou parar.
A Xunta aplicoulle iste ano un recorte superior o 30%...que o é todo se en vez de sesenta mil euros che dan corenta mil....
Hoxe represéntase a primeira obra...o INTENTO DE ASASINATO DA MOSTRA POLA XUNTA DO PP. Protagonista Feijoo.Decorados Jesús Vázquez.Guionista Rogelio Martinez.
...........................
Menos mal que o Goberno do Estado, que nengunha obriga tén nesta materia, apostou pola Mostra como Festival a nivel de España. E cuadriplicou a súa aportación económica.Ata mais de oitenta mil euros.
Cando naceu a Xunta era a úneca financiadora.Agora da menos que as empresas patrocinadoras.
Vamos que se a botaran ninguén se enteraría.

miércoles, 14 de julio de 2010

CHEGA O TEATRO

Hoxe tén lugar a representación do grupo local Teatro do Vilar. E o sinal de que chega o teatro.A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia celebra a 26 edición da era moderna (outras dez houbo na dictadura).

sábado, 10 de julio de 2010

A SEMÁN EN RESUME


Resume da semán:
SENADO: tivemos Pleno o Martes e Mercores .
Comisión Vivenda o Xoves.
Participación no Grupo Federal de Medio Ambiente e Medio Rural.
O Venres estiven en Laza na visita á Brif.
Sábado Comité Nacional, e antes na Executiva aprobamos estatutos do organismo que lle dará estabilidade á Escola de Formación.
Tamén sábado e domingo xornadas de formación das Xuventudes do Carballiño.

sábado, 3 de julio de 2010

FIN CURSO Escola Formación PSdeG


Hoxe foi o acto de peche do Curso 2009/10 da Escola de Formación que creamos hai nove meses e que leva o nome de Francisco Fernández,primeiro presidente da primeira agrupación socialista de Galicia (Ferrol).
Pechamos máis de 40 actividades formativas de 11 diferentes cursos, con case 1.000 perticipantes,coa coordenación de unha ducia de monitores responsables e con uns 50 expertos.
Foi o primeiro curso da que agardamos unha longa vida.
E como dixen, creo que aprobamos...

viernes, 2 de julio de 2010

INICIATIVA HISTORICA: PROPOSTA NOVO ESTATUTO PARA GALICIA

Hoxe reunímonos a INTERPARLAMENTARIA dos Socialistas Galegos.
Os representantes no Parlamento Galego,no Congreso e no Senado.
A proposta do noso Secretario Xeral acordamos tomála iniciativa para que Galicia non quede atrás.
Hoxe formulamos a proposta de Reforma do Novo estatuto de Autonomía para Galicia. Para acordar cos demáis. Sin máis atrasos. Para ter máis ferramentas para mellorar Galicia.
Coma sempre os Socialistas damos o primeiro paso.
Probablemente teremos que loitar. Coma sempre.

miércoles, 30 de junio de 2010

O PODER GALEGO EN MADRID



Periodicamente os galegos socialistas con responsabilidades políticas en Madrid xuntámonos.
Desta vez fomos uns 50 os que nos xuntamos nunha tarde de folga no metro e calor.
Moitas amigas e amigos.

martes, 22 de junio de 2010

SENADO: Pleno

Días pasados tiven un acto na comarca da Limia explicando as medidas do Goberno contra a crise.
Estiven en varias actividades da Escola de Formación do PSdeG que rematou a sua oferta permanente neste 1º curso de existencia.
O sábado día 3 faremos o acto de peche.
Estiven no acto de apertura da A 75 a autovía que comunica o sur da provincia (en verín) coa rede de autovías de Portugal.
Hoxe comenzamos o Pleno no Senado.
Estará o Presidente.Esperemos que o PP se corrixa respecto do seu comportamento en pasadas sesións.
Polo que me toca, traballo na ponencia dunha Ley. Un texto moi extenso,de moitos contidos.Un marco decisivo na economía dun país con 8.000 km de costa.Se procede intervirei mañá pola mañá.

martes, 15 de junio de 2010

Faime gracia como algúns agora dín cousas xa ditas hai tempo,descubrindo agora algo xa sabido.
Por exemplo hai 3 meses eu decía nun post (7 marzo) algo que agora dicen outros como si fora novo.

DE PARLAMENTARIO

Onte cediño viaxei a Madrid para traballar na Ponencia da Lei de Portos do Estado.Regreso noite tarde.
Hoxe pola mañá visita para coñocer o desenrolo do Plan E en varios concellos : Pontedeva,Gomesende,Cortegada.Non me deu tempo a ver Padrenda.
Pola tarde reunión na sede.As nove ,previa algunha actividade na comarca Verín, terei un Acto público no Concello de Laza. Falaremos da Xestión do Goberno,medidas contra a crise...e por suposto do plan E . Explicarei as accions do Ministerio de Medio Ambiente,Medio Rural en relación con actuacions no río Támega e coa BRIF con sede en Laza. Neste caso a actuación da Ministra é de sobresaliente mellorando a situación laboral,os medios técnicos,a formación e as condicions de contrato dos traballadores.A ministra tén impulsado un Convenio Colectivo que deben acordar traballadores e Empresa (Tragsa).O final do día seguro que paso das 4 horas conducindo e perto de trescentos kilómetros.
Mañá as cinco da mañá estarei en pé para voltar ó Senado.

sábado, 12 de junio de 2010

ASAMBLEA RED JUDERÍAS DE ESPAÑA EN RIBADAVIA

Estes días celébrase a Asamblea anual da red de Xuderías de España,Camiños de Sefarad.
As 21 cidades que a conforman traballan neste proxecto que é algo máis que un produto turístico (que tamén).
Este ano cumprense 15 anos da súa constitución nos papeis. Realmente sete anos antes empezamos a traballar.
Por elo ós pioneiros nomeannos EMBAIXADORES HONORÍFICOS. A Joaquim Nadal (ex alcalde de Girona), a Ramón Ferreira (ex alcaslde de Hervás) e a mín.
Esto permitiume estar estes días cos rexidores e concelleiros da Rede.Alcaldes, concelleiros-as,técnicos de Girona,Segovia,Barcelona,Caceres,Toledo,Besalú,Tortosa,Monforte,Tudela,Tarazona,Palma,León,AvilaCórdoba,
etc.
Tamén para coñecer outros estudiosos, responsables municipais de concellos de Portugal e colectivos diversos cos que se relaciona a Rede.
Tamén serviu para que lembrara a hestoria.Como hai 23 anos confiaron nun rapaz de 30 anos para alcalde.Como naceron tantos proxectos.Como traballaron tantas persoas que fun relatando nas verbas que me tocou decir.Nese recordo tiven un aparte especial para Joaquim e Ramón,e a secretaria que fai o miragre día a día Asumpció Osta.E tamén para ribadavienses.Alguns olvidados e que son claves na nos "Istoria" como Alfonso Moreno Mora.
Bueno,a parte en negativo o escaso eco e cobertura polos Medios de Comunicación dun evento tan importante celebrado na provincia.

martes, 8 de junio de 2010

PLENO SENADO

Martes e Mércores temos Pleno no Senado.
Hoxe coincide coa xornada de Folga de Funcionarios.
Os temas económicos cubrirán a axenda.

lunes, 7 de junio de 2010

INSPECTOR MIRANDA "GADGET"


Cando se está a falar de trama organizada para financiar irregularmente ó PP en Galicia, Feijoo saca o Miranda en plan inspector (por certo despois de admitir que se quedou con pasta pública aínda non demitiu).
Chama a atención a rapidez coa que o PP pode acceder ós rexistros oficiais da Xunta, sen trámite parlamentario,accedendo e difundindo datos particulares,mandando inspeccións ós sindicalistas de Unions Agrarias...
Pola contra nós temos solicitado dende hai 15 meses os expedientes no que se acredita que o Delegado da Xunta en Ourense desviou axudas para as suas empresas que lle permitiu aumentar o patrimonio de forma escándalosa, e para as dos seus familiares, e amigos (incluido os familiares dos delegados mediáticos con voz)... Despois de 15 meses a Xunta non permitiu ver eses expedientes que implica en corrupción ó seu delegado na provincia.Dícese que incluso foron ocultados en diversos almacéns para evitar que o coñeza o Xulgado que intrue o caso no que o Delegado de Feijoo está imputado.
O inspector Miranda (inspector Gadget, o poli máis torpe) tivo acceso ó día seguinte para ver uns papeis que xa antes lle pasara os medios. E todo para decir que unhas asociacións recebiran subvención para dar servicios ós agricultores...Como si fora algo non lóxico.
Aínda hoxe Feijoo non aclarou a TRAMA (esta sí) que un cargo da sua confianza tiña para evadir ó extranxeiro CENTOS DE MILLONS DE EUROS .Unha organización para que as grandes fortunas deixasen de pagar impostos, movesen diñeiro negro, e sabe deus cantas accions delectivas.
Por certo tampouco ningún xuiz nin fiscal da provincia investigou nada na provincia.
En Portugal parece que sí están neso...


SENADO:Comisión de Medio Ambiente

Hoxe tivemos sesión da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura...Nela levei o posicionamento de dúas mocións do bng que afectan á provincia.As dúas acabaron consensuadas,mellorando o acordo da Comisión,e por unanimidade.
Na primeira confirmamos o compromiso de manter a Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais ubicada en Laza.Os socialistas levábamos no programa extender a tódolos meses do ano o traballo desta brigada e potenciála.A ministra Elena Espinosa en cada comparecencia anual para facer balance da campaña de incendios así o tén manifestado,comprometéndose coa mellora da formación,da seguridade,dos medios e recursos técnicos e coa mellora das condicions laborais.Ela foi quén forzou a constitución dunha mesa entre Tragsa e os representantes dos traballadores para negociar un Convenio Colectivo.
O noso compromiso é claro e rotundo.
A alarma sementouno a insensatez do novo herdeiro presidente do PP que un día se presentou na sede da Brigada (que pertence ó goberno do Estado) para facer a foto de cada día. (Non me imaxino o que sucedería se fixeramos o mesmo nun departamento da Xunta =bueno teremos que facélo).
O outro acordo consensuado a través de transacción da proposta e enmenda nosa foi coa actuación en Matamá (Laza) no río Támega para adecuar o uso polos veciños dunha zona de baño.Un tema que coñezo de vello polos compañeiros socialistas que sempre reclamaron esta actuación.A Confederación está tramitando unha actuación de 227.000 euros.O informe ambiental da Xunta xa chegou .

sábado, 5 de junio de 2010

VALDEORRAS e CURSO ESCOLA




Onte estiven en Valdeorras dando unha charla para explicar as Medidas contra a Crise do Goberno socialista. Intentamos falarlle a xente con toda a sinceridade pero explicando a realidade da situación actual. Unha situación dura e difícil.
Pola maña estiven en Santiago para cuestions relacionadas coa area de Formación que desempeño. Total case 600 km no día...As veces digo que o meu traballo tén que ver co transporte...porque un pasa moitas horas conducindo.
Hoxe temos un Curso sobre Planificación Electoral para cargos da provincia de pontevedra e Ourense.Neste caso será en Mondariz,a medio camiño.

domingo, 30 de mayo de 2010

Viaxe ó Parque de Reciclaxe de Zaragoza

Hoxe incorporome na visita que a Asociación Plataforma Sí Parque Ambiental organiza a Zaragoza.
Un bus con veciños dos diferentes concellos da comarca do Ribeiro van visitar o Parque da Reciclaxe.
No blog e outros medios informarase da visita.

viernes, 28 de mayo de 2010

COMPARECENCIA

Despois de días ausente hoxe volvo para pasar unha imaxe da Comparecencia ante os Medios para informar das medidas do Goberno de loita contra a crise económica.
No medio desto pasaron cousas coma a perda dunha amiga familiar (Toñita) que non me permitiría decir a sua idade.
Algún pleno e outras cousas.
Mañá estarei nun Curso da escola de Formación:Liderazgo e Traballo en Equipo.Un xornal vai estar connosco para coñecer en profundidade que é eso da escola do PSdeG.

martes, 4 de mayo de 2010

COMPARECENCIA: O AVANCE DAS INFRAESTRUCTURAS EN OURENSE


Comparecemos ante os Medios para valorar o avance das Infraestructuras do Estado na provincia de OURENSE.
Os Medios espero recollan toda a información facilitada para coñecemento dos cidadáns.
O Goberno Socialista vai levar á provincia a 1ª división en infraestructuras en cantidade e calidade,en todo o territorio.


lunes, 26 de abril de 2010

SENADO:ACTIVIDADE SEMANAL

Esta semán obrígame a unha longa presencia no Senado.
O luns facemos unha Xornada sobre a Presidencia española da UE.
O martes comenza un Pleno.Na sesión de control volve o Presidente,cumplindo o seu compromiso de presencia no Senado.Na web pódese seguir en directo a sesión.
O mercores continuamos o pleno.
Falarase da revisión do PEIT.De ferrocarril.De protección ó consumidor.Do tribunal Constitucional.De saúde.De educación.Da Conta xeral do estado.Sen dúbida chamará a atención a tramitación da regulación do uso no senado das linguas oficiales nas diferentes Comunidades.O galego estará no Senado...pero cunha incorporación progresiva e razonable.
Tamén xoves asistirei á Comisión de Vivenda.

martes, 20 de abril de 2010

COMISION MEDIO AMBIENTE(2)

A outra moción era do BNG sobre axudas polos danos dos temporais na comarca da Limia e a limpeza de canales das fincas.
Intervimos 3 ourensáns(senador Bouza,senadora Leyte,i eu).
O Goberno do Estado acudiu de forma áxil e eficaz cando os temporais.
Aproveitando unha Lei para cubrir os danos orixinados polos incendios e outras catástrofes,ampliou o obxeto a novas catástrofes e concretáronse os concellos.O 19 de marzo publicouse o Decreto e unhas semans despois unha Orde para incluir concellos que quedaran fora .
As axudas son para arranxo de infraestructuras, daños nas instalacions e explotacions de todo tipo,medidas fiscais,líña de creto preferenciais,restauración do medio ambiente,indemnización por danos agrícolas,nas vivendas etc..
O Goberno (que é o que menos obrigas competenciais tiña) acudíu ó momento.
A Xunta nin fixo relación de afectados,nin valorou os danos nas materia da sua competencia (canales,pistas concentración,vias publicas,augas,medio ambiente...).
A Deputación (que é a institución que tén a obriga de socorrer ós concellos e garantir os servicios municipais onde os concellos non poden) incumple unha vez máis a súa función.Nin está nin se espera.
A xente acude a quén está disposta a axudar.
Bueno...Finalmente chegamos a un acordo común. Sacamos o que o goberno xa tén acometido. Propuxemos novas actuación que complementen o resposta dada polo Goberno( actuacions nos cauces fluviais ).
Agardo que a Xunta ,Deputación e Concellos, cada un na súa medida,actúen inda que cheguen tarde...
Como dixen no peche da intervención "esto también lo arreglamos entre todos.".

COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE...(1)

Rematamos a Comisión de Medio Ambiente,Agricultura etc.
Hoxe levei o posicionamento de dúas Mocións con sorte diversa.
Na primeira o PP propoñía parar a rexeneración da praia de Corcubión para novos estudos ambientais. unha manobra para parar unha actuación que pode beneficiar ó alcalde socialista.A obra de 1 millón de euros,foi dialogada na fase de proxecto,tivo o estudo ambiental con exposición pública.Conta co apoio da xunta,alcalde,e sectores económicos e sociais.A praia tén clasificación C para marisqueo e polo tanto non se pode comercializar.Precisamente a actuación cambia o soporte onde se pranta as especies,faranse resembras...
En correspondencia co posicionamento no concello, o bng apoiou a moción.

viernes, 16 de abril de 2010

CURSOS SEMÁN

Nesta semán a Escola do PSdeG desenrola varios Cursos.
Na provincia de Ourense o de Política Municipal para cargos da provincia.Mar Barcón estará no peche.
Na provincia da Coruña tamén se realiza outro curso de Política Municipal.Será en Ferrol.A cidade do primeiro concelleiro socialista Francisco Fernández que lle da nome a Escola.Pechará este curso o alcalde Vicente Irisarri.
En Santiago,un grupo de cargos da provincia de Ourense realiza o Curso de Comunicación Política que dirixen Raquel e María Xosé.De camiño a Ferrol espero saúdalos.

lunes, 12 de abril de 2010

RENTRÉE

Levo varias semáns ausente deste espazo.Disculpas ós que me siguen.
Neste tempo perdín un tío especial,"meu tío Pepe". Foi o último xastre de Francelos...
Nestes días tamén cumplín un ano máis.

Polo medio moitas outras cousas:

-O tránsfuga traidor .A última adquisición da famiglia Baltar.

-A posta no escaparate das redes de CORRUPCIÓN do PP que abarcan a todo o Estado. Dende Galicia (o secretario de organización de Galicia con Fraga),ata os gobernos de Castela León,Madrid,País Valenciá,Balears...Unha rede organizada a conciencia, co control do que xestionaba as Finanzas do PP de España nos últimos 20 ANOS.

En fin pouco a pouco retomaremos estes e outros temas que me parece oportuno comentar.

domingo, 21 de marzo de 2010

ENCARANDO A SEMÁN

Unha nova semán ás portas.
Reunión da Executiva Galega do PSdeG.Da Directiva da Plataforma de apoio ó Parque Empresas Ambientais.
Participarei na sesión conxunta da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo coas do Senado e Congreso.
Un novo Pleno do Senado que nos terá varios días en Madrid.
Reunión da Comisión de Vivenda no Senado.
Reunión da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e demáis.
Novos Cursos da Escola de Formación Francisco Fernández do PSdeG: un de Comunicación e outro sobre a Historia e Bases Ideolóxicas do P.Socialista.
A actividade proseguirá o martes e mércores da Semán Santa.Para que logo...

viernes, 19 de marzo de 2010

VISITA PARQUE RECICLAJE EN ZARAGOZA



Estes días visitei o Parque de Reciclaje de Zaragoza.Un Proxecto nacido casi ó tempo que o que proxectaba o goberno anterior da Xunta. Estiven vendo empresas similares ás que podían estar funcionando no Ribeiro.Empresas nas que podes ir a traballar de garabata.Naves limpas.Sen ruídos.Onde se recicla dende a auga usada a calqueira outro producto.
Claro que si se RECICLA, non queda nada que QUEIMAR para os que promoven incineradoras.

lunes, 15 de marzo de 2010

para BALTAR

Hoxe o presidente da deputación e jefe do PP faime unhas alusións inxuriosas ,para tapar a paiasada que o nene representou coa merca dun deputado provincial do PSdeG.

Teño que negar que eu intentara fichar alcaldes do PP.En primer lugar porque entre os 57 alcaldes do PP non vexo nada aproveitable,nada decente digno de apresentar para cambiar as cousas na provincia.O que vexo son caciques da estructura seudomafiosa do clan "Baltar Padre e Hijo S.L.".E por outra banda as nosas incorporacions son para acabar coa red caciquil medieval e non creo que se queiran suicidar.Por outra banda os alcaldes do PP non pasarían a ITV,están pasados de época.

Baltar organiza estas operetas,como a compra do diputado provincial,ou antes a alcaldía de Trives,Calvos(intento non consumado),A Veiga,Porqueira...para ocultar a súa baixada continua en apoio electoral que coincide co continuado ascenso do Partido Socialista.

A continua perda de votode Baltar, fixo que o PSOE fora en Ourense a terceira de España onde máis creceu, e o PP onde máis baixou nas Eleccions xerais,igualando en diputados 2-2.

Nas Autonómicas (nas que o PP conqueriu o goberno da Xunta) o PP baixa en miles de votos e escanos, mentras o PSOE sube en miles de votos e escanos (única de Galicia).

Nas pasadas Municipais o PP perdeu a Alcaldía na capital e outros 14 concellos, e agora xa non goberna en 34 ,dos que 24 tiveron alcalde socialista.

Na Deputación (ahí é onde lle doe) o PP baixou e o Psoe subíu a 8 deputados,quedando a só 2 de conquerir a Presidencia.

Esta é a verdadeira preocupación: perder o niño da dereita máis cavernícola de Europa.

Algo que é inevitable coa continuada subida do PSdeG e a continuada caída do PP que dirixe a familia Baltar. Por eso monta estas operacions mercantís, que tanto asco provocan tamén nos seus electores e nos seus militantes,cómo quedou patente no recente proceso congresual no que se denunciaron utilización partidista das institucions,que de novo fixo a Ourense noticia nos episodios dos escándalos nacionais.

O que sí ocurre é que os cidadáns e os votantes cada vez abandonan máis ó PP.

Non fichamos alcaldes. É Baltar quén perde alcaldes cada vez que hai eleccións.Nas pasadas perdeu 15 alcaldes e 2 deputados provinciais.Nas próximas perderá outros 15 (en 12 estamos a 1 de ter a alcaldía) e a Presidencia da Deputación.

A mín dame igual a quén afilie.Máis si afilia ós TORPES.Pero o que sí lle esixo é que nos devolvan o Escano que nos ROUBAN. O cargo de Concelleiro para denunciar a especulación en San Cibrao.O escano de Deputado para combater o caciquismo na Deputación en nome dos 75 concellais que o elexiron ,en nome dos votantes.Queremos ter os 8 deputados que nos representan.

Ou é que Baltar non está seguro dos seus para rematar a lexislatura? Pensa que pode haber 2 que estarían dispostos a cambiar ó Presidente?

¿E qué lle parecería ós alcaldes do PP se lle fixeran o mesmo nos seus Concellos? .Por certo ocasión tivemos para elo .A diferenza é que nós somos honrados. E inda que alguén poda pensar que lle deberíamos facer o mesmo,eu creo que fixemos ben non querer algunhas alcaldías máis co apoio de concelláis elexidos nas suas siglas. Aparte de ter a razón temos que ser diferentes.


jueves, 11 de marzo de 2010

A DIFERENCIA ENTRE "VALOR E PREZO"...EN OURENSE O PP DE NOVO COMPRA CARGOS


Hoxe sofrimos un novo ataque a dignidade da democracia e das institucións na provincia de Ourense.
O "figlio dil capo" representou unha nova mostra obscena de compra dun concelleiro e deputado provincial socialista.
Eladio Fernández chámase o TRAIDOR.
Un "homiño"que ocupou alguns cargos nos que "prometeu cumplir"cos principios constitucionais,que tivo en base a confianza dos socialistas.
Hoxe traizoou a confianza de quenes o votaron para denunciar os abusos e falla de ética no concello de San Cibrao,para cambiar as cousas alí.Hoxe prometeu apoiar esas tropelías.
Hoxe traizoou ós 75 concelleiros socialistas que o elexiron para ser deputado provincial polo partido xudicial de Ourense para cambear a política de caciquismo e dominio mafioso-medieval da familia Baltar.Hoxe prometeu obediencia e voto ás políticas do capo provincial para todos os seus abusos.
Os que coñecemos a Eladio sabemos de cómo tén estado nestes últimos meses e anos.Algún cargo deuselle para axudarlle a sair dunhas dificultades que o atrapaban.Él non estaba ben.
Pero outros moitos superan a vida con valor.Él pasouse ó lado do prezo.
Pero o pior desta película é O FIGLIO DIL CAPO.
Pretende superar ó pai en todo o malo.
Él quere ser máis cacique. Quere ser máis capo. Quere gañarlle ameazando. Quere gañarse en corrupción.
E Ourense seguirá coa FAMIGLIA perdendo anos.Perdendo habitantes.Perdendo desenrolo.Perdendo democracia.PERDENDO O FUTURO.
Por eso non hai que cabrearse moito agora.
Hai que gardar todo o cabreo para dentro dun ano.
Hai que METER TÓDOLOS CABREOS NAS URNAS. Nas municipais.Pensando na Deputación.
O CAMBIO na Deputación será o primeiro e necesario gran paso,para un longo camiño de progreso e democracia. Tantas xeneracións téñeno ben merecido.

miércoles, 10 de marzo de 2010

ATA SEMPRE COMPAÑEIRO TOURIÑO

Hoxe pechou a súa etapa como deputado Emilio Pérez Touriño.
É importante saber estar e tamén saber cambiar de lugar.
Hoxe os socialistas galegos temos un alento de agradecemento por tantos anos de bó traballo e só cabe decir: ATA SEMPRE COMPAÑEIRO.

martes, 9 de marzo de 2010

Actividade Parlamentaria


Estes días estou en Madrid.
Participo na Comisión de Fomento para tramitación modificación Lei de Navegación Aérea.
No Pleno estivo o Presidente e varios Ministros no apartado de Control.
O PP sigue tirado ó monte.O grupo no Senado cada vez sitúase máis na sección "faes.." de "caña al mono",perdendo cada vez máis o perfil de partido sensato e responsable co que outras veces aparece.
No pleno abundan temas como a presentación de plans de política industrial, o tema da financiación local, medidas para dereitos persoas con discapacidade...
Entre as Leis vai a modificación da Lei de Navegación Aérea. Vamos tratar unha lei consensuada por todos no Congreso e que o PP quere reabrir, para que volva a iniciarse .O punto clave é que o PP pretende incorporar un artigo para recoller de forma concreta a execución dunha sentencia do barrio dos ricos de santo Domingo,contruido coa permisividade do goberno esperanza,no entorno de Barajas.
O PP pretende un trato especial para este barrio de privilexiados,en lugar do previsto na Lei de que todos casos similares teñan trato igual e non quedar a expensas de cada sentencia concreta.
En todo caso a execución que pretende o PP tería como consecuencia reducir o 50% das operacións de Barajas e do resto dos aeroportos españois.A perda de máis de 25.000 postos de traballo , impedir crear miles de postos futuro, a perda de riqueza na economía española que nos afectará a todos os territorios,a tódolos aeroportos.ós galegos tamén.Parece mentira que o Partido Popular se comporte de forma tan irresponsable.Cecáis calculando que estas posicions non transcenden ó resto dos cidadáns, votantes que lle deberían dar castigo por esta actitude.

domingo, 7 de marzo de 2010

¿RECICLAXE OU INCINERACIÓN? visita á web da plataforma Sí Parque Empresas Ambientais

O blog da Plataforma Sí ó Parque de Empresas Ambientais recolle unha información do Faro interesante.
Nesa información recóllese as declaracións textuales do Presidente de SOGAMA do P.P. na que anuncia que xestionan unha Incineradora de lixo no Sur de Galicia,un antigo proxecto do goberno Fraga. A mentira repetida para combater un proxecto novedoso do goberno anterior da Xunta.
O PP resucita un proxecto para queimar a basura,multiplicando a contaminación en beneficio só da eléctrica socia . Unha suxa mentira que utilizou para aplicarlla a outros que tentaban facer o contrario.
O goberno anterior aprobou un Plan de Resíduos no que se revolucionaba a xestión dos resíduos: promovendo o masivo compostaxe que REDUCIRÍA gran parte evitando queimálo.
Outra das patas dese plan sería implantar a RECICLAXE de todo resíduo factible de reutilización.
Por elo debería facerse un Centro de Investigación e Innovación que buscase aplicación en Galicia dos productos susceptibles.
E tamén debería promoverse unha auténtica industria da reciclaxe galega,que contribuira a resolver un gran problema colectivo e xenerar un sector productiva que creara riqueza e emprego na nosa terra.
Claro que así deixaríase de QUEIMAR moito lixo, e Fenosa (agora Gas N) non produciría tantos Kw gratuitos. Pola contra emitiríanse moitas menos emisións á atmósfera tan castigada.
Pero o PP está cos intereses que está.
Agora quedaron en bolas.
Agora vése POR QUÉ MENTIRON.
(Que mentían xa o sabíamos).

sábado, 6 de marzo de 2010

Nesta semán tiven unha actividade intensa e diversa.Da presencia en Madrid para Comisión de M.Ambiente,diversas reunións,diversa actividade relacionada coa Escola de Formación do PSdeG,traballo coa E.Provincial,xornada da secretaría de Politica municipal...E un novo sábado con centos de kilómetros para asistir a dous cursos dos que organiza a Escola...No medio houbo tempo para unha cea en Xantar cos Coordenadores Comarcais e outros cargos da provincia.