miércoles, 30 de mayo de 2012

SENADO: Presupostos e PCP

Luns: aprobaremos despois de meses de traballo un Texto Conxunto sobre a PCP, sobre o Regulamento,a Organizacion de Mercados e o novo FEMP.
Martes: participo nas Comparecencias sobre Presupostos 2012,na Secretaría de Pesca e os correspondentes a Secretaría de Estado de Medio Ambiente.
Aproveitarei para reunions cos Colectivos Ecoloxistas. Tamén traballarei en cuestions relacionadas coa programacion da Escola de Formación.

domingo, 20 de mayo de 2012

Pleno Senado: Interpelación Medio Ambiente

Semán no Senado.
Reunión Grupo.
Comisión Mixta Unión Europea,esta vez no Congreso.
Pero a actividade de máis dedicación será a INTERPELACIÓN ó Ministro sobre as políticas do Goberno en materia de Medio Ambiente.
As Politicas Ambientais sofren un severo retroceso, con perda de conquistas como o carácter pública da Costa, da Auga...nos que se anuncian medidas de mercadeo privado.Andan cun argumento de que o medio ambiente é un freno para o desenrolo. Xusto o contrario do que pensa Europa e o mundo avanzado. O Medio Ambiente é a oportunidade de un novo modelo de crecemento, a sostenibilidade e imprescindible na xestión do desenrolo.
Un repaso xeral as políticas que afectan ó medio natural que tén amenazas cada Venres de Consello de Ministros. Recentemente nun Decreto Ley,evitando participación pública e consenso coas administacions e sectores, modificaron 4 Leis diferentes.
Hai un AXUSTE AMBIENTAL do goberno do PP.
Europa está preocupada por estas contrareformas.

lunes, 14 de mayo de 2012

EXECUTIVA GALEGA en Pontevedra

Hoxe temos reunión da Executiva Galega, descentralizada,en Pontevedra.
Pola miña parte explicarei o Plan da secretaría de Formación e a nova etapa da Escola de Formación do PSdeG.
O venres estiven na reunión federal en Madrid para coordenar as actuacions das Federacions do partido en materia de Formación.
Na web do PSdeG pódese ver a Enquisa a militantes e cadros sobre a demanda de cursos, así como de monitores voluntarios a colaborar.

lunes, 7 de mayo de 2012

Semá intensa no SENADO

Nesta semá agarda traballo intenso no Senado.
Entre as actividades nas que interveño:
-Luns pecharemos a ponencia para formalizar unha posición común a proposta da Comisión de agricultura e Pesca do Senado sobre os intereses de España na elaboración pola Unión Europea da PPC (Politica Pesqueira común),FEMP (Fondo Europeo Maritimo Pesqueiro) e a Organización de Mercados.
-Pola tarde debate sobre un plan de Acuicultura.
-Martes: Pleno do Senado no que intervirei sobre unha Proposta que espero consensuar sobre as actividades de pesca-Turismo.
-Tamén estarei na Comisión da Unión Europea da que formo parte.Entre outras cousas falaremos da instalación de peaxes en Portugal.
En outras moitas actividades. xa vendo os Presupostos 2012.

sábado, 5 de mayo de 2012

De Boda: Lalo e Susana.

Hoxe xuntarémonos para festexar a boda de Susana (concelleira en Ourense) e Lalo (ex presi Casa Xuventude e fai de todo electoral).
Hoxe tamén fai 33 anos da miña.nosa,boda,

viernes, 4 de mayo de 2012

FEIRA DO VIÑO

O alcalde Marcos Blanco abriu unha costume pola que cada ano é un ex-alcalde de Ribadavia o que inaugura a Feira do Viño do Ribeiro.
Iste ano tocaríalle a Javier de Burgos que foi o 2º da época democrática actual (1983).
Razóns de saúde,dada a avanzada idade, fai que a última hora lle fagan o encargo a quen foi o 3º.
E ise fun eu. En 1987, cumplindo 31 anos. un rapaz vamos.
Hoxe cumprirei ese encargo con moita honra.