lunes, 21 de noviembre de 2011

DESPOIS DO DIA D















Os resultados chegaron. O Pobo falou.

En toda España, nas diferentes Nacionalidades e Rexions,nas Cidades e nos Concellos do interior...pasou o mesmo. Os votantes do PP foron todos a votar (os mesmos 10 millons).Os do PSOE só foron 7 e os outros mais de 4 millons non foron. Así se deciden os gobernos.Os que non van tamén deciden.

En Galicia o mesmo: os 800.000 do PP de sempre foron, os do PSdeG non foron 300.000.

Na provincia o mesmo do PP foron os 100.000 de sempre, mentras dos socialistas 26.000 das pasadas non foron. Igual na Cidade e nos diferentes concellos de vilas ou rurais.

O comportamento é homoxeneo en todas partes.

A factura da crise que orixine e agrava a Dereita Económica paga politicamente a Esquerda.

Compre saber QUÉ HAI QUE FACER para que os 26.000 da provincia,os 300.000 de Galicia e os 4 millons de España volvan a darnos a CONFIANZA.

Na Executiva Galega hoxe empezamos a reflexión ata chegar a cada agrupación e cada militante e simpatizante comprometido.Dende abaixo construiremos esta nova etapa, para un novo proxecto,con propostas novas,cunha nova estratexia,con novos líderes.A eso chamámoslle CONGRESO.




domingo, 20 de noviembre de 2011

ELECCIONS XERAIS 2011

A campaña na última parte foi intensa.

Gabilondo deu unha leccion maxistral na Universidade sobre o futuro e a Educación. Cristina del Valle apoiou as politicas de Igualdade.Rosa Conde apoiou a cooperacion como forma de facer un mundo xusto.Pedro Zerolo falou na implicación dos movementos sociais na construcción da sociedade e a defensa das novas libertades e dereitos.

Estivemos ca xente do deporte.Cos xóvenes.Cas mulleres destas terras.

Estiven en mitins en A Rúa,O Barco,Amoeiro,A Peroxa,Seixalbo,Padrenda...coa Xente do mundo agrario falou Puxeu en Laias.

E despois da presenza de Rubalcaba...estivo Felipe González o día 15.Un mitin para lembrar moitos anos co pavillón a rebousar.

Só queda coñecer o dictame do pobo,que é quén máis manda.

MITIN PSOE FELIPE GONZALEZ EN OURENSE

miércoles, 9 de noviembre de 2011

DE CAMPAÑA

As miñas escusas. A intensidade da actividade electoral impideme estar aquí máis veces.

Estiven en Manzaneda pedindo plans para esta comarca.Fun a Valdeorras.Logo fixemos propostas en Verín a prol do Turismo do interior de Galicia.Nas ruas da cidade.Cos veciños dos barrios.

Reunimonos coas asociacions de Mulleres.Estivemos coas Xuventudes.Explicamos o Programa en numerosos lugares.Falamos da sanidade pública.Falamos dos ríos ,dos montes.

Participamos en actos cada vez máis numerosos.Na Universidade estivo Pepe Blanco.En Xinzo estivo Pachi Vázquez. Fun a actos a Maceda...a Bande...en Vilardevós..en Canedo.

Estivemos en reunións sectoriais de calidade como a de Pensions con Octavio Granados, ou a de Cultura (en diálogo con Antón Reixa)...