lunes, 23 de mayo de 2011

REVÉS ELECTORAL: A OUTRA CARA

Pero dos resultados tamén hai aspectos positivos.

Dende logo a subida e continuidade no goberno de OURENSE. Igualmente Vigo.

Por suposto RIBADAVIA .Carballeda de Avia,Cortegada,Maside,Piñor,Amoeiro,Entrimo,Calvos de Randín,Castrelo do Val,Barco ,Coles,Petín,Amoeiro,Castro Caldelas,Parada Sil,..A Rua espero,Vilamartin espero,(A Mezquita ?)....igualmente outros posibles gobernos de progreso coma en Trives (que devolva a dignidade a ese pobo), e outros doutro signo...

Na parte triste doime a perda en Carballiño, Vilardevós. Tamén Lobios.Non recuperar as victimas de operacions coma A Veiga,Vilariño.

Ledicia por moitos compañeiros cos que vivín esta Campaña e sobiron. Tristeza cos que baixaron, en especial cos que perderon representación.

A dereita decirlle unha cousa: dende hoxe traballamos polo CAMBIO na provincia de Ourense,para acabar con tantos abusos que de novo surxiron nestes días. Para acabar nesta provincia co enchufismo, co sectarismo partidista, co medo, coas amenazas,coas redes para captar voto,co fraude nos censos,cos que van repartindo billetes...e tantas prácticas da dereita que denigran esta provincia ,que tanto dano fan á democracia.

E tamén polo CAMBIO en GALICIA.

REVÉS ELECTORAL

Hoxe analizaremos na Executiva Galega os RESULTADOS do 22 de Maio.

Un voto de castigo en toda España.

Un pouco menor en Galicia, na que xa tivemos a nosa dose nas autonómicas.

Un millon e medio de ciudadanos deixaron de votarnos.Isa foi o que sucedeu. E con elo deronlle a victoria ó PP, cuios electores foron todos (cincocentos mil máis).

A crise e as medidas tomadas pasanlle a factura ós socialistas. A crise da avaricia dos especuladores pasalle a conta á esquerda,que fai o que pode para que afecte ó menos posible as columnas do estado do benestar, a sociedade moderna que construimos.

Teremos que tomar moitas medidas para retocar o noso proxecto.

Teremos que estar cercanos ós ciudadanos, sobre todo ás víctimas desta crise mundial.Teremos que construir máis Europa.Organizar a nosa estructura aínda máis. Incorporar a máis colectivos á tarea política. Porque desto saese con MAIS POLITICA.

Preocupame unha cuestión: a dificultade para que o traballo, as propostas ,os proxectos que construamos cos cidadans...se comunique,chegue á xente. Porque temos problemas de comunicación.

A esquerda necesita instrumentos de comunicación LIMPOS, sen interferencias.Case non hai Medios de Comunicación. O que queda son EMPRESAS DE COMUNICACIÓN. Que teñen´os seus donos e lle son útiles a eles. Crean Opinion, segun os intereses dos grupos económicos e políticos propietarios. Moitos cidadans están contaminados por estes filtros.

Nin nos medios máis progresistas é posible comunicar ós elexidos cos electores, os cidadans cos gobernantes e cos outros grupos politicos,sindicales,etc. Agora a moda é que os que contan as posicions políticas son TERTULIANOS profesionais dos diferentes grupos empresariais de comunicación. Non son os representantes dos partidos os que debaten,comentan ou informan ós ciudadanos. Son un comentaristas que relatan as decisions politicas, co seu filtro interesado.

Outro exemplo :nestes días adicouse mais horas a retransmitir as acampadas, que a que os candidatos transmitiran as suas propostas.Adicouse mais tempo a defender que non se vote ou se vote en blanco,a desprestixiar a actividade pública...E conste que valoro algunhas posicions de rebeldía,que comparto moitas das reivindicacions,que creo na capacidade da movilización cidadá, que hai que mellorar e construir unha democracia mellor na que os cidadans sexan os soberanos...e todo eso. Pero a través da política, da participación, da militancia, do activismo social ,sindical e politico.Co voto, co compromiso,dando a cara.Combatindo día a día.Toda a vida.

domingo, 22 de mayo de 2011

FIN CAMPAÑA: FRANCELOS

O acto de Francelos do xoves foi espectacular.Calor .Salón de Actos (do centro social que construimos na miña alcaldía) rebosante. O" vistalegre" dos socialistas do ribeiro .

Intervencions emocionantes.Asistentes complices.Socialismo polos poros.Fermoso.

O venres mitin en Leiro. Logo Melón (Barcia).Final en Maside.

Acaba unha campaña moi activa,calurosa,emocionante,de sentimentos.

jueves, 19 de mayo de 2011

DE CAMPAÑA

O mercores Pepe Blanco visitou as comarcas do carballiño e O Ribeiro.

Primeiro estivo no Carballiño.

Logo parada en Leiro, onde apoiou á candidatura e compañeiros que queren o Cambio neste concello que camiña para atrás cos gobernos de dereita.

Logo estivemos en Ribadavia.Casco histórico, visita e charla co comercio,coñecemento de novos proxectos a impulsar.

Pola tarde estiven en Verín. Acompañei a Gaspar Zarrías, o andaluz que ama a Galicia.

Hoxe pola tarde intervirei no mitin de FRANCELOS, o "vistaelegre" do Ribeiro.O lugar de peche sempre da campaña socialista na comarca (inda que este ano hai tres actos o venres).

martes, 17 de mayo de 2011

UNHA CAMPAÑA IMPORTANTE

O Xoves suspendeuse Campaña en solidariedade victimas terremoto Lorca. Tivemos que suspender Acto Central previsto no Pavillón coa presenza de Rubalcaba.Buscaremos nova data.

O venres estiven por terras de Bande.

O sábado TRIPLETE de mitíns. Interviñen no de Calvos de Randín .Máis de catrocentos veciños,casi a metade dos electores,prometeron falar o 22... Logo en Berán. Pola noite en Arnoia.

Domingo en Laias con moito apoio para a candidata Silvia.Unha das numerosas xóvenes ,moi preparadas, que se incorporan a loita pola democracia nos concellos da provincia .

Logo mitin en Ribadavia. Caldera estivonos apoiando.Esta vez foi un acto no adro de Santo Domingo.

O luns en Allariz. Pola tarde no acto de Carballiño con Caamaño.

O martes DIA DAS LETRAS GALEGAS.

Fixemos o acto de Ourense aplazado.Tivo que ser no Audotorio ,polo que quedou máis xente fora da que poido entrar. Rubalcaba estivo por fin apoiando a Paco e o resto dos socialistas ourensans.

Pola tarde interveño en Avión.

domingo, 8 de mayo de 2011

Campaña continuación



Onte estiven no acto de VILAR DE BARRIO. Unha candidata nova,sobradamente preparada. Enfrente para tirar do futuro o PP presenta un señor antigo ,con decadas de alcalde.


Pola noite estiven na cea de apoio ás MULLERES CORAXE de Baltar. Ahí están na foto.

Hoxe pola mañá en LOBIOS.Tiña que estar acompañando a Pepe Lamela. Un alcalde de categoría,un ilustrado,todo un luxo para calquer concello.

Mentras escribo,agardo para ir ó Mitin de XINZO DE LIMIA. Elvira Lama tén enormes posibilidades de ser a primeira alcaldesa.



viernes, 6 de mayo de 2011

DE CAMPAÑA

O inicio de Campaña do PSdeG foi en Ourense. Un acto innovador,moderno. En contrastre co estilo cutre do PP baltariano.
Pola mañá estiven en Cea con Guillermo.Un bó amigo. Un candidato de luxo.Así espero que o valoren os veciños.Que voten para elexir ó mellor, non como pago de non se sabe nunca que favores.
Pola tarde estiven no acto de Padrenda.Un concello ,co corazón de ribeiro.Terras das ribeiras do Miño co que tanto me une.Pobos que coñezo dende moi novo.Terras da raia tamén.Pobos nos que tantos amigos teño. Na Frieira, estivemos con Nito.Un candidato con ideas novas para un Concello que vive na rutina dende hai moito tempo cun alcalde que aspira só a ser unha parte da rede caciquil baltariana do PP, a ter unha retribución e un enchufe a cambio de mercadear cos votos.Espero dos veciños a lucidez para ver a necesidade dun CAMBIO.Así o vín no corazón nos numerosos asistentes.
Nos actos nos que participei sempre vín máis apoio,máis asistencia,máis xente comprometida en que a Provincia de Ourense abra unha nova época.

martes, 3 de mayo de 2011

¿VIAXE ARGENTINA: INSTITUCIONAL O PARTIDISTA ?































NOVO ESCANDALO DO PARTIDO POPULAR NA PROVINCIA DE OURENSE

Hoxe o diario El País na súa edición galega revela un NOVO ESCÁNDALO DE CORRUPCIÓN do Partido Popular de Galicia.

Supoño que no resto de España estarán escandalizados coas graves imputacións.Desgradiadamente aquí é algo cotidiá ,que se repite.

Unha Rede de Captación de Voto no Exterior para o Partido Popular financiado polas Administracións que goberna o PP.

Danse nomes e concellos participantes.Alcaldes e Candidatos que nas pasadas Eleccions Municipais viaxaron a Arxentina, organizaron comerotas,captaron votos de forma ilegal. Financiación ilegal do PP, malversación de fondos, desviación de poder,prevaricación, saqueo...Non sei cantos DELITOS esconden os graves feitos descubertos hoxe. ¿E cantos máis se produxeron sen coñecerse, cantos coñecidos non teñen testimuñas valentes coma a de hoxe...?

Os ourensans decentes só esperamos que en minutos O FISCAL Provincial,O XUIZ DO XULGADO DE GARDA,o Fiscal de Galicia, a Policía ou quén sexa estén XA INVESTIGANDO E TOMANDO AS ACCIONS PARA CASTIGAR OS AUTORES DESTES DELITOS .



lunes, 2 de mayo de 2011

POOLO CAMBIO NA PROVINCIA DE OURENSE

Cos últimos detalles no Comité Electoral Provincial.

Os numerosos actos de Campaña, están pechados .

Os elementos publicitarios e demáis compoñentes tamén están a disposición dos candidatos.

A campaña será sinxela en recursos materiais.Será ampla en actividade da inmensa REDE de axentes electorais,voluntarios,membros de candidaturas e comités electorais,militantes,simpatizantes...Miles de persoas que queren o CAMBIO na Provincia. Un cambio ineludible e inplazable. Por DECENCIA.

Unha misión á que convocamos a tódolos PROGRESISTAS e persoas de mente ABERTA da provincia.

Tén que ser AGORA.

domingo, 1 de mayo de 2011

Presentación de Candidatos

Istes días participo na presentación de diversas candidaturas.


Onte participei no acto da candidatura que encabeza Silvia Alvarez en CENLLE. Na chamada casa do pobo. Asistiu moita xente, especialmente xóvenes do concello...A sustitución do actual alcalde debe ser cun proxecto novo. Ista avogada xoven (sobre os trinta anos) de Trasariz parece reunir requisitos para unha aposta de futuro.



Hoxe estiven con Pablo García na presentación da candidatura de Castrelo de Miño, que lidera Oscar Lopez, un enxeñeiro agricola moi relacionado cos veciños (creo que os coñece a todos) con só 29 anos. Unha aposta dunha opción de fiar, que cumprir os seus compromisos cun alcalde nacionalista, que preferiu gobernar pactando con caciques coma Rogelio Martinez.A pesar dos desprezos, os socialistas somos os autores das principais inversions en comunicacions(estrada, Ponte no Miño..),nas ribeiras do embalse e río,no centro social e outras inversions do plan zapatero,na mellora dos centros educativos e na atención sanitaria na nosa etapa na Xunta.


En canto se enterou o alcalde organiza o seu acto o mesmo día a mesma hora. A nós non nos preocupa porque desbordamos as previsións.Houbo que poñerse no hall e fora.Moita xente nova.E tamén os máis históricos.Somos a única opción de esquerda. A dereita do PP preséntase con duas listas segundo os bandos provinciais (a oficial a de Baltar, e a independente de Rogelio e bodegueiros).



Pola noite estarei nunha reunión de traballo coa candidatura de Melón.


Unha satisfacción estar na campaña nos Concellos do Ribeiro e traballar no Comité Provincial de Campaña.

OUTRO SANTO

O Papa que máis santos fabricou no seu mandato, acaba de ser canonizado.

O mellor que califica á Xerarquía actual da nosa Iglesia, son os seus feitos.

Non canonizan á Xoan XXIII...Nin á Pablo VI...Non canonizan o Concilio Vaticano II.Non canonizan ós comprometidos cos máis débiles...

Canonizan un Papa elexido cos tódalas sospeitas, por iniciativa do seu sucesor no poder eclesiástico...

Que pouco se parece esta Iglesia, a do Evanxeo,á daquel home chamado Xesús...

O alonxamentos de moitos, que nos comprometemos cos principios cristians, continua. E escandaloso que aínda hoxe a Muller esté discriminada. É de risa o papel sobre a sexualidade.Sobre o amor entre persoas do mesmo sexo.Sobre a ruptura do matrimonio cando xa non hai amor.A vinculación a ideas de extrema dereita,os vínculos cada vez máis escandaloso co poder, co diñeiro,cos grupos extremos...

A falta de resposta a demanda de DEMOCRATIZACIÓN da estructura da Iglesia...As prácticas rutinarias,aburridas...Fan que xa non é que non quede nada que te motive a relacionarse coa Iglesia,como Comunidade. E o que queda ten caducidade...O que queda da risa...Nada que ver con Xesús, co Amor,coa Xustiza,coa Igualdade,con moitos Principios tan nobles que definen ó xenero humano.