miércoles, 30 de junio de 2010

O PODER GALEGO EN MADRID



Periodicamente os galegos socialistas con responsabilidades políticas en Madrid xuntámonos.
Desta vez fomos uns 50 os que nos xuntamos nunha tarde de folga no metro e calor.
Moitas amigas e amigos.

martes, 22 de junio de 2010

SENADO: Pleno

Días pasados tiven un acto na comarca da Limia explicando as medidas do Goberno contra a crise.
Estiven en varias actividades da Escola de Formación do PSdeG que rematou a sua oferta permanente neste 1º curso de existencia.
O sábado día 3 faremos o acto de peche.
Estiven no acto de apertura da A 75 a autovía que comunica o sur da provincia (en verín) coa rede de autovías de Portugal.
Hoxe comenzamos o Pleno no Senado.
Estará o Presidente.Esperemos que o PP se corrixa respecto do seu comportamento en pasadas sesións.
Polo que me toca, traballo na ponencia dunha Ley. Un texto moi extenso,de moitos contidos.Un marco decisivo na economía dun país con 8.000 km de costa.Se procede intervirei mañá pola mañá.

martes, 15 de junio de 2010

Faime gracia como algúns agora dín cousas xa ditas hai tempo,descubrindo agora algo xa sabido.
Por exemplo hai 3 meses eu decía nun post (7 marzo) algo que agora dicen outros como si fora novo.

DE PARLAMENTARIO

Onte cediño viaxei a Madrid para traballar na Ponencia da Lei de Portos do Estado.Regreso noite tarde.
Hoxe pola mañá visita para coñocer o desenrolo do Plan E en varios concellos : Pontedeva,Gomesende,Cortegada.Non me deu tempo a ver Padrenda.
Pola tarde reunión na sede.As nove ,previa algunha actividade na comarca Verín, terei un Acto público no Concello de Laza. Falaremos da Xestión do Goberno,medidas contra a crise...e por suposto do plan E . Explicarei as accions do Ministerio de Medio Ambiente,Medio Rural en relación con actuacions no río Támega e coa BRIF con sede en Laza. Neste caso a actuación da Ministra é de sobresaliente mellorando a situación laboral,os medios técnicos,a formación e as condicions de contrato dos traballadores.A ministra tén impulsado un Convenio Colectivo que deben acordar traballadores e Empresa (Tragsa).O final do día seguro que paso das 4 horas conducindo e perto de trescentos kilómetros.
Mañá as cinco da mañá estarei en pé para voltar ó Senado.

sábado, 12 de junio de 2010

ASAMBLEA RED JUDERÍAS DE ESPAÑA EN RIBADAVIA

Estes días celébrase a Asamblea anual da red de Xuderías de España,Camiños de Sefarad.
As 21 cidades que a conforman traballan neste proxecto que é algo máis que un produto turístico (que tamén).
Este ano cumprense 15 anos da súa constitución nos papeis. Realmente sete anos antes empezamos a traballar.
Por elo ós pioneiros nomeannos EMBAIXADORES HONORÍFICOS. A Joaquim Nadal (ex alcalde de Girona), a Ramón Ferreira (ex alcaslde de Hervás) e a mín.
Esto permitiume estar estes días cos rexidores e concelleiros da Rede.Alcaldes, concelleiros-as,técnicos de Girona,Segovia,Barcelona,Caceres,Toledo,Besalú,Tortosa,Monforte,Tudela,Tarazona,Palma,León,AvilaCórdoba,
etc.
Tamén para coñecer outros estudiosos, responsables municipais de concellos de Portugal e colectivos diversos cos que se relaciona a Rede.
Tamén serviu para que lembrara a hestoria.Como hai 23 anos confiaron nun rapaz de 30 anos para alcalde.Como naceron tantos proxectos.Como traballaron tantas persoas que fun relatando nas verbas que me tocou decir.Nese recordo tiven un aparte especial para Joaquim e Ramón,e a secretaria que fai o miragre día a día Asumpció Osta.E tamén para ribadavienses.Alguns olvidados e que son claves na nos "Istoria" como Alfonso Moreno Mora.
Bueno,a parte en negativo o escaso eco e cobertura polos Medios de Comunicación dun evento tan importante celebrado na provincia.

martes, 8 de junio de 2010

PLENO SENADO

Martes e Mércores temos Pleno no Senado.
Hoxe coincide coa xornada de Folga de Funcionarios.
Os temas económicos cubrirán a axenda.

lunes, 7 de junio de 2010

INSPECTOR MIRANDA "GADGET"


Cando se está a falar de trama organizada para financiar irregularmente ó PP en Galicia, Feijoo saca o Miranda en plan inspector (por certo despois de admitir que se quedou con pasta pública aínda non demitiu).
Chama a atención a rapidez coa que o PP pode acceder ós rexistros oficiais da Xunta, sen trámite parlamentario,accedendo e difundindo datos particulares,mandando inspeccións ós sindicalistas de Unions Agrarias...
Pola contra nós temos solicitado dende hai 15 meses os expedientes no que se acredita que o Delegado da Xunta en Ourense desviou axudas para as suas empresas que lle permitiu aumentar o patrimonio de forma escándalosa, e para as dos seus familiares, e amigos (incluido os familiares dos delegados mediáticos con voz)... Despois de 15 meses a Xunta non permitiu ver eses expedientes que implica en corrupción ó seu delegado na provincia.Dícese que incluso foron ocultados en diversos almacéns para evitar que o coñeza o Xulgado que intrue o caso no que o Delegado de Feijoo está imputado.
O inspector Miranda (inspector Gadget, o poli máis torpe) tivo acceso ó día seguinte para ver uns papeis que xa antes lle pasara os medios. E todo para decir que unhas asociacións recebiran subvención para dar servicios ós agricultores...Como si fora algo non lóxico.
Aínda hoxe Feijoo non aclarou a TRAMA (esta sí) que un cargo da sua confianza tiña para evadir ó extranxeiro CENTOS DE MILLONS DE EUROS .Unha organización para que as grandes fortunas deixasen de pagar impostos, movesen diñeiro negro, e sabe deus cantas accions delectivas.
Por certo tampouco ningún xuiz nin fiscal da provincia investigou nada na provincia.
En Portugal parece que sí están neso...


SENADO:Comisión de Medio Ambiente

Hoxe tivemos sesión da Comisión de Medio Ambiente,Agricultura...Nela levei o posicionamento de dúas mocións do bng que afectan á provincia.As dúas acabaron consensuadas,mellorando o acordo da Comisión,e por unanimidade.
Na primeira confirmamos o compromiso de manter a Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais ubicada en Laza.Os socialistas levábamos no programa extender a tódolos meses do ano o traballo desta brigada e potenciála.A ministra Elena Espinosa en cada comparecencia anual para facer balance da campaña de incendios así o tén manifestado,comprometéndose coa mellora da formación,da seguridade,dos medios e recursos técnicos e coa mellora das condicions laborais.Ela foi quén forzou a constitución dunha mesa entre Tragsa e os representantes dos traballadores para negociar un Convenio Colectivo.
O noso compromiso é claro e rotundo.
A alarma sementouno a insensatez do novo herdeiro presidente do PP que un día se presentou na sede da Brigada (que pertence ó goberno do Estado) para facer a foto de cada día. (Non me imaxino o que sucedería se fixeramos o mesmo nun departamento da Xunta =bueno teremos que facélo).
O outro acordo consensuado a través de transacción da proposta e enmenda nosa foi coa actuación en Matamá (Laza) no río Támega para adecuar o uso polos veciños dunha zona de baño.Un tema que coñezo de vello polos compañeiros socialistas que sempre reclamaron esta actuación.A Confederación está tramitando unha actuación de 227.000 euros.O informe ambiental da Xunta xa chegou .

sábado, 5 de junio de 2010

VALDEORRAS e CURSO ESCOLA




Onte estiven en Valdeorras dando unha charla para explicar as Medidas contra a Crise do Goberno socialista. Intentamos falarlle a xente con toda a sinceridade pero explicando a realidade da situación actual. Unha situación dura e difícil.
Pola maña estiven en Santiago para cuestions relacionadas coa area de Formación que desempeño. Total case 600 km no día...As veces digo que o meu traballo tén que ver co transporte...porque un pasa moitas horas conducindo.
Hoxe temos un Curso sobre Planificación Electoral para cargos da provincia de pontevedra e Ourense.Neste caso será en Mondariz,a medio camiño.