martes, 29 de diciembre de 2009

DISCRECCIÓN COA BATALLA INTERNA PP


Levamos varios meses nunha sangrante batalla interna polo poder no Partido Popular da provincia de Ourense. Unha batalla con episodios durísimos. O actual presidente pretende deixar en herencia ó cargo ó seu fillo para poñer o partido entre os bens familiares obxeto da masa hereditaria.É o doutoramento do caciquismo.Que a responsabilidade de gobernar sea unha finca máis.
Os contrarios ,que representan a ultra dereita filofranquista, non se atreven a presentar candidatura con opcions.Sea por cobardía do seu representante que só fala nos medios de comunicación. Sea porque o abandonou o desodorante Feijoo (gostan de presumir de estar respaldados polo presidente da Xunta ,representados no mundo terrenal polo seu delegado na provincia).Sea porque son poucos e ninguén quere perder.Por eso buscaron un candidato de compromiso,para sair do apuro,que para o único que servirá será para xustificar aínda máis e bendecir ese indexerible proceso de entrega digital dun partido do actual presidente e máximo cacique a outro proxecto de caciquillo caprichoso (ó marxe de que sea o seu fillo).
Mentras Baltar dí que será "neutral" como presidente da deputación e do partido.Feijoo dí que será "neutral" como presidente da Xunta e do Pp.Cada ún tén un candidato. Un dos dous vai perder.Un chiste, vamos.

Neste proceso, os socialistas,sí que gardamos un respetuoso silencio.(Non temos obriga nin o Pp o merece).
Alguns medios, tan proclives a inventar diferencias internas entre socialistas onde non existen,nesta ocasión o diario "provincial" favorece o de baltar,o diario"regional" puxa polo de feijoo.
A nosa responsabilidade é PREPARAR O CAMBIO NA PROVINCIA. A elo debemos dedicarnos.Entre outras cousas para acabar con esta vergoña de séculos, de caciquismo,de atraso.
Para que os ourensáns gañemos un futuro que nos faga semellantes ós territorios máis avanzados,ás vangardas ,os innovadores,os territorios máis competitivos.
Para pasar a páxina do CACIQUISMO a donde tén que estar, na hestoria que non pode volver.

4 comentarios:

  1. desde CALVOS
    a ver si este esterco desaparece

    ResponderEliminar
  2. VERGOÑA O QUE DA O P.P.
    Antes cos casos de corrupcion
    agora coa division interna
    e contra o galego
    si os socialistas vades a posicions centradas tendes unha oportunidade aqui

    ResponderEliminar
  3. Coña ten que o candidato dos dereitosos, se queixen de persecucion,de non poder convocar actos porque baltar llos desmonta e coacciona posibles asistentes..
    Agora saben o que eles practican onde estan,sea beariz,san amaro,beade,leiro ou arnoia,
    Saben o que é o que o PP practica durante 35 anos de democracia e antes co seu guia franquisto

    ResponderEliminar
  4. RIBADAVIENSE DESDE VENEZUELA
    a veces te sigo y me gusta mas los comentarios positivos que los criticos

    ResponderEliminar